21 de out. de 2018

Novo título para Ana Vallines na Popular do Corgo. Prata para Hugo López e bronces para Iria Otero, Anxo Edrosa, Emma e Andrea García.

Sobre un percorrido de 3600 metros lograba o campionato do Corgo Ana Vallines Fdez. para categorías menores con un tempo de 15,26. Sobre o mesmo percorrido, Anxo Edrosa na categoría masculina obtiña tamén un meritorio bronce con un 14,51 e o seu compeñeiro Joni Rivas remataba na 6ª praza.
Ademáis, en alevín subcampionato para Hugo López con 6,44 sobre 800 mts. e Emma García bronce con 8,03. En infantil feminino Iria Otero obtiña un bronce con 7,05.
En benxamín feminino protagonismo para Andrea García con un bronce en 500 con 1,43.

Chega a terceira victoria consecutiva: Augacons Lourenzá 1, Iberia 0. Gol de Jorge


16 de out. de 2018

Disfrutamos polos Montes de Comado!!! Pódiums para Pedro Moirón, Luís Berdeal, Lourdes García, Aroa Ferreiro e Manu Rguez. Ademáis desafiou a vertical Anxo Edrosa e Xana Rodríguez o trail de 10

Resultados:
Iniciación: Pedro Moirón 1, Damián Edrosa 6, Javi Ferreiro 7
Alevín M: Luis Berdeal 2
Alevín F: Lourdes García 1, Aroa Ferreiro 3
Infantil M: Manuel Rodríguez 1, Samuel Debasa 5
Destacar ademáis o esforzo do cadete Anxo Edrosa na vertical e de Xana Rodríguez no trail de 10 kilómetros.





Títulos para Ana Vallines e Iago Longarela na Popular de Xermade. Ademáis prata para Jonathan Rivas e bronce para Emma García

Con un tempo de 5,38 vencía Ana Vallines na categoría sub16 despois de percorrer 1600 metros. Sobre o mesmo circuito e distancia, Jonathan Rivas lograba o subcampionato con un 6:32 en cadete masculino e Emma García un bronce alevín feminino con 7,06.
Iago Longarela na sub-10 sobre 800 metros proclamábase vencedor con un tempo de 3,04.

9 de out. de 2018

Suso Foro e Marcos Cabo incorpóranse á disciplina do Augacons Lourenzá!!!

Jesús Torres Lombardero "Suso Foro" e Marcos Cabo Torneiro reforzarán a partir desta semana o plantel do atleti.
Suso xa vistiu a nosa elástica durante as últimas tempadas pero por problemas de traballo nun pudo estar co equipo dende o comenzo. Xa empezou a adestrar e estará xa disponible para o vindeiro fin de semana.
Ademáis chega ó equipo Marcos, natural de Ribeira de Piquín e que vistiu nos últimos anos a elástica do Meira.
Precisamente visitamos Meira o vindeiro domingo, polo que o seu debut se os trámites federativos prosperan e o míster o ve dispoñible pode ser contra o seu ex-equipo
Benvidos ós dous a esta gran familia e moita sorte!!!


1 de out. de 2018

O Centro de Interpretación da Faba acolleunos hoxe para presentar a IX Val das Fabas 2018!!! Un día para peche de inscricións!!! Go!!!

Nun acto presidido pola nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e no que estivo acompañada por D. Pablo Maseda (Presidente das Escolas Lourenzá), D. Juan Luís Méndez (coordinador sección ciclismo do clube), D. José López Gavín (directivo do Atletismo Lourenzá) e D. Javier Barcia (representante da empresa patrocinadora Maderas Barcia) presentamos a IX Val das Fabas 2018!!!
Lembrade que mañá martes remata o prazo de inscrición dunha das probas con máis sabor popular de Galicia, na que superamos con creces os 200 anotad@s!!!
Que a disfrutedes!!!
Inscrición:
https://championchipnorte.com/evento/inscritos/id/1511/ix-carreira-popular-val-das-fabas-lourenza-2018

Os pre e pitufos do Metales Jorge, Presentados Oficialmente!!! A disfrutar dunha nova tempada!!!

Adrián Huertas seguirá un ano máis co proxecto dos máis enanos do clube traballando cos nen@s nados nos anos 2015,2014,2013, 2012 e 2011.
A vindeira semana comenzarán os adestramentos que terán lugar os martes e mércores. A inscrición dos equipos todavía non está pechada, polo que se queres anotarte podes facelo cubrindo a ficha online das escolas que podes cubrir a través da web do clube (www.edlourenza.blogspot.com)
No acto estiveron presentes ademáis dos xogadores e do adestrador a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López, o presidente do clube D. Pablo Maseda e o directivo das escolas D. Lino García.



22 de set. de 2018

Presentada a sección de patinaxe das Escolas. Tania Irimia continúa un ano máis ó frente do proxecto!!!

Presentouse no día de hoxe a sección de patinaxe. No acto estivo presente a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e o noso presidente do clube D. Pablo Maseda.
Tania Irimia seguirá un ano máis capitaneando un proxecto co obxectivo de seguir formando as patinadoras que logo nos podan seguir representando nos distintos campionatos federados e exhibicións.
En principio intentarase adestrar os xoves con distintos grupos en horario de tarde e o grupo de maiores tamén algún sábado co fin de preparar as competicións oficiais.

12 de set. de 2018

O gran Migui, do equipo infantil; a probar sorte no Cd Lugo

Ó igual que o fixera o ano pasado o seu compañeiro Bruno Expósito que tamén continúa un ano máis no proxecto do Lugo, esta tempada probará sorte entre os mellores Miguel Rivas, que xogará a Liga Galega Infantil. A familia quixo agradecer o traballo de todos estes anos de formación das nosas Escolas dende a directiva ata o corpo técnico e nós desexámoslle que teña unha gran temporada e que disfrute deste deporte.
Continuamos así coa colaboración entre ambas entidades que continúan co convenio que se firmou fai dous anos. Na próxima pretemporada esperamos ademáis ver ó primer equipo do C.D. Lugo sobre o césped de Sta. Cruz disputando un amigable.
Moita sorte, campión!!! Vamos!!!

10 de set. de 2018

VAL DAS FABAS 2018!!! Abrimos Inscricións!!! A disfrutar!!!

Bueno. Aquí estamos!!! Este ano teremos como novedade clasificación por equipos!!!
ABRIMOS INSCRICIÓNS!!!
A disfrutar dunha das probas con máis sabor popular de Galicia!!!

Dobre debut con éxito en competición oficial das Ed Lourenzá Ciclismo Maderas Naciente: José Manuel López "A pega" campión Máster 50 no Desafío Tovar e Miguel Villalba hoxe na cronoescalada de Pontedeume (A Coruña)

Dobre debut da sección de ciclismo en competición no marxe de dous días.
Onte José Manuel López conseguía ganar a Cronoescalada Desafío Tovar - Cadeira na categoría Máster - 50 con un tempo de 19:26 sendo 16º da xeral final.
Ademáis, no día de hoxe desprazábase ata Pontedeume Miguel Villalba, participando na Cronoescalada a Breamo. Remataba nunha fantástica 8ª posición e un tempo de ascenso de 12:40.
Noraboa!!! Somos Lourenzá, Somos Deporte!!!


7 de set. de 2018

Socios 2018/2019. Entrega carnets a partir do vindeiro domingo. Os precios seguirán sen modificar por cuarto ano consecutivo

Xa sabedes que a nosa masa social é moi importante. Este ano seguirán manténdose os precios de socio por cuarto ano consecutivo, e queremos concienciar sobre todo ós pais e nais dos alumnos neste compromiso para chegar a ser 400, xa que actualmente somos 320!!!
A partir do vindeiro domingo entegaranse no campo de Sta. Cruz tanto os domiciliados como os que se abonan en man.
Os socios renóvanse automáticamente temporada tras temporada salvo que un membro solicite darse de baixa enviando un correo a escolaslourenza@gmail.com. A demostración de ser socio ben co carnet ou ben co recibo bancario do abono.
As cuotas seguen un ano máis: Socio normal 40 euros, socio protector adicado ás empresas 70 euros, socio familiar 60 e socio deportivo 60 euros.
Moitas gracias pola vosa colaboración. Somos Lourenzá, Somos Deporte.


5 de set. de 2018

Henar Méndez triunfa na Popular de Vimianzo(A Coruña) con Lourdes García(4ª) e o debut de Laura Pérez(6ª)

Coincidindo co Cto. Galego de 5000 participaban as nosas alevíns na popular de Vimianzo.
Triunfo unha máis para Henar Méndez que gañaba a proba con un rexistro de 2:29. 4º posto para Lourdes García e 6ª no seu debut para Laura Pérez.
A próxima cita da sección o vindeiro domingo correndo de novo na casa no Desafío Tovar - Cadeira.


1 de set. de 2018

Nace Ed Lourenzá Ciclismo Maderas Naciente. Nova Sección das Escolas. Noraboa a tod@s!!!

No día de onte quedou constituida unha nova sección dentro do organigrama das Escolas. Na asamblea  estivo presente o noso presidente do clube Pablo Maseda e decidiuse que a sección terá unha comisión xestora formada por 6 socios constituíntes e un coordinador deportivo que será Juan Luís Méndez. Acordouse nomear socio honorífico a José Manuel López Otero.
A sección nace aberta a todo o mundo que queira disfrutar do mundo da bici, do duatlon, do triatlon e do deporte en xeral. Correr, Nadar e Bici centrará os esforzos da nova sección.
Todos aqueles que queirades formar parte da mesma podedes solicitalo ó correo do clube escolaslourenza@gmail.com
A sección presentouse onte na Praza do Conde Santo e estivo acompañada polo tenente de Alcalde do Concello D. Manuel Arango e o Patrocinador principal da sección Maderas Naciente.
Os menores de 18 anos seguirán formando parte das Escolas coa súa cuota de alumno mentres que os maiores de 18 anos o farán como socio deportivo que pode ser normal ou familiar.
A nova sección centrarase en probas de ciclismo federadas así como marchas ciclistas de carretera e montaña, campionatos de duatlon na modalidade de sprint que tenen lugar en Galicia, Asturias e León así como no Triatlón e Pentatlon Moderno que contará tamén coa súa sección federada.
Unha boa noticia!!! Noraboa a tod@s!!!



31 de ago. de 2018

Presentado o II Desafío Tovar - Cadeira!!! Lembrade que ata o martes 4 de setembro para inscribirse!!!

Tomando Tovar como epicentro, o vindeiro domingo 9 de setembro chegará a II edición do Desafío.
Coa presencia de D. Manuel Arango, primeiro tentente de Alcalde e Concelleiro de Cultura; así como D. César Lage, presidente do C.C. Viveiro, D. Pablo Maseda presidente das E.D. Lourenzá, D. Juan Luís Méndez coordinador da sección de EdLourenzá Ciclismo e D. José López Gavín como directivo do Atletismo Lourenzá; presentouse a II Edición do Desafío Tovar que inclúe esta edición unha marcha ciclista con cronoescalada final e unha carreira popular para menores e adultos.


As inscricións marchan a bon ritmo polo que teremos unha boa representación nas dúas modalidades e en todas as categorías, esperando sempre o tirón que terá lugar nos últimos días.
A marcha ciclista partirá da Praza do Concello ás 9,30 e espérase a súa chegada a Tovar ó redor das 13,00 horas; onde terá lugar a cronoescalada que fará as delicias de tod@s. E para estar entretidos, a partir das 10,30 teremos carreiras populares para menores e xa ás 11,30 partirá dende Tovar hacia A Cadeira a carreira absoluta de 4,5 kilómetros.

Teremos trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscribiran antes do xoves 30 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido, cronometraxe control de meta por championchipnorte, , servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual de accidentes, ambulancia en evento e vallas e senalización en todo o circuito.

Lembrade que para anotarse ata o martes 4 de setembro!!!






29 de ago. de 2018

Venres, 20,30 horas: Asamblea de socios adultos seccións ciclismo, duatlon e triatlon

O vindeiro venres día 31 de agosto teremos a primeira asamblea de socios para establecer o borrador de funcionamento da nova sección para que logo sexa rectificada e aprobada pola directiva das Escolas Deportivas.

Será ás 20,30 horas na Casa de Xuventude de Lourenzá (enfrente pavillón).
Rogamos que todos aqueles interesad@s neste proxecto acudades á cita para poder establecer e sentar unhas bases xenéricas coa participación dunha gran maioría. A nova sección centrarase en probas de ciclismo federadas así como marchas ciclistas de carretera e montaña, campionatos de duatlon na modalidade de sprint que tenen lugar en Galicia, Asturias e León así como no Triatlón que terá tamén a súa sección federada.

Ademáis, antes ás 20 horas na Praza do Concello preséntanse xa co novo patrocinador os deportistas que xa están formando parte da sección de Ed Lourenzá Ciclismo. Son os deportistas de ciclismo, duatlon e triatlon que están formando parte da sección.

Somos Lourenzá, Somos Deporte!!! Seguimos!!!


24 de ago. de 2018

Atletismo: O Maderas Barcia Lourenzá preséntase a velocidade de crucero!!! Go!!!

Na sede oficial do principal patrocinador de atletismo presentouse no día de onte a sección. Estivo presente a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López, o noso presidente D. Pablo Maseda e D. Javier Barcia, principal patrocinador por 5º ano consecutivo da sección.
Despois de realizar a presentación, os atletas realizaron xa o primeiro adestramento sobre o circuito da milla laurentina.
No plantel técnico tivemos total renovación. No fondo, medio fondo e saltos seguirán Juan Luís Méndez e Rubén G. Piñeiroa. Ismael Vallines no sector de lanzamentos e Olga Vicente nos valados.
As novas altas que queiran incorporarse terán ata finais de setembro, cubrindo a ficha online das escolas ou presencialmente no Concello de Lourenzá. Unha vez comence outubro, os equipos de atletismo quedarán prácticamente pechados.
Agora empezarán a coller a forma xa a partir deste vindeiro domingo coa milla de Lourenzá, ademáis de ter tamén como locais o 9 de setembro o Desafío Tovar e o 7 e Outubro a emblemática Val das Fabas.

23 de ago. de 2018

O Maderas Barcia Lourenzá, omnipresente en San Ramón Villalba, Nocturna Rinlo e Figueras Solidario!!!

Resultados máis destacados:
San Ramón Villalba:
Título para Ainara Rguez. en cadete e título para Iria Rguez. en alevín

Rinlo/Ribadeo:
Títulos para Iago Longarela e Sara Otero en benxamín, Subcampionatos para Pedro Moirón en prebenxamín, Lidia Balseiro en benxamín, Iria Otero infantil e Ana Vallines en cadete; e bronce para Ian Méndez en infantil masculino.

Figueras Solidario:
Titulo para Ángela Rguez. en benxamín, e bronces para Pedro Moirón en prebenxamín, Iago Longarela en benxamín e Valeria Álvarez en infantil.

Noraboa a tod@s os que estivestes presentes!!!
Lourenzá, Somos Deporte!!!

Legea seguirá como sponsor técnico das Escolas unha tempada máis!!! Todo a un só click!!!

A renovación de Legea como sponsor técnico é unha moi boa noticia para as nosas escolas.
Toda a roupa de complementos estará á vosa disposición con só pulsar un click no enlace:

ACCEDER A PLATAFORMA LEGEA - ED LOURENZÁ

Este vindeiro curso xa tedes á vosa disposición todos os complementos que precisedes: chándal, polo, parka, bolsa zapatillero oficial, chuvasqueiro, chándal junior, parka junior, mochila... e xa sabedes que pola compra dun pack teredes importantes descontos.
Como novedade aparece a Parka corta, que seguro fará as delicias de moitos de vós.

Lembrade que todo este suministro teredelo nos vosos domicilios en 48 horas dende o pedido, o que supón unha axilidade que buscamos dende o clube dende sempre e que con Legea está garantizado.

Así que nada, noraboa a ambas entidades e a seguir disfrutando co deporte!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe