28 de xul. de 2018

Diego Rego asume por segundo ano consecutivo o equipo de autonómica. O equipo presentouse no día de onte e xa comenzaron coas primeiras carreiras polo céspede de Sta. Cruz. Augacons Lourenzá continuará un ano máis de patrocinador

Baixo a presencia da nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e do noso presidente do clube D. Pablo Maseda presentouse o Augacons Lourenzá de cara á nova tempada 2018/2019.
Ainda que a plantilla non está prácticamente pechada, podemos adiantar as seguintes renovacións:
Na portería:
Seguirán os porteiros Bugui e Julio.
Defensa:
Estarán un ano máis Omar, Roi, Diego López e Bruno Fdez que xa está recuperado da súa lesión. Altas de David Vizoso e Cristian Rega que remataron a súa etapa de xuvenís.
Medios: 
Continúan Jorge, Garrafín, Montxo, Pichi, Carri e Noé.
Dianteiros:
Renovados Recalde e Thiago.
Ademáis, farán a pretemporada co 1º equipo os seguintes xuvenís:
O porteiro Pablo, os defensas Xoel Otero, Miguel Hermida e Pablo Fernández; os medios Manu Santamarina, Javi Álvarez e Diego Rivas así como o dianteiro Luís Santamarina.
A pesar de que continúa o gran bloque da tempada pasada, non se descartan dúas ou tres incorporacións máis para acabar de apuntalar a plantilla. Farán a pretemporada con nós tamén Adrián Reimonde e Iván "Castrín" esperando que se podan unir ó grupo.
José Rguez. estará unha tempada máis asumindo as funcións de delegado e Oscar Glez. como secretario técnico do equipo.
Desexar a maior das sortes posibles ós rapaces que non poderán estar con nós un ano máis: o porteiro Manuel Pardo, o defensa Suso Foro e o dianteiro Manu Rguez.
Atleti!!!

5 de xul. de 2018

7 DE OUTUBRO DE 2018... quen será o seguinte en grabar o seu nome no palmarés da IX Val das Fabas 2018???

GANADORES  VAL DAS FABAS

PALMARÉS VAL DAS FABAS MASCULINO:

2010 DAVID HERNÁNDEZ OTERO -PILOÑA DEPORTE -  ASTURIAS

2011 J. MANUEL CORRAL LÓPEZ  -VERXEL LUGO 

2012 DELIO VAL VILLARINO - BARREIROS 

2013 J. MANUEL GLEZ. CASTRILLÓN - C.A. OCCIDENTE NAVIA - ASTURIAS

2014: JUAN ANTONIO GUDE VILA - CLUB MONTEPENARUBIA - LUGO
RÉCORD DA PROBA 2014: 20:57.

2015: JUAN ANTONIO GUDE VILA - CLUB MONTEPENARUBIA "VERDINA"
E OSCAR BUJÁN RODRÍGUEZ (A. LOURENZÁ) - "GALAICA".

2016: OSCAR BUJÁN RODRÍGUEZ (A. LOURENZÁ)

2017: ALBERTO ARIAS FREIJE - RIBADEO. 

PALMARÉS VAL DAS FABAS FEMININO:

2010 GUADALUPE LODEIRO SÁNCHEZ (X. PONTEVEDRA)

2011 MARÍA SOUTO (VILALBA)

2012 NOEMÍ MORAL NAVAZO (ÁVILA)

2013 NOEMÍ MORAL NAVAZO (ÁVILA)

2014: ANA BELÉN GLEZ. MARGARIDE (PONTENOVA)
RÉCORD DA PROBA 2014: 24:40

2015: PAULA CALVÍN URIZ (TARAMUNDI) "VERDINA"
E ANA BELÉN GLEZ. MARGARIDE (PONTENOVA) - "GALAICA".

2016: ANA BELÉN GLEZ. MARGARIDE (PONTENOVA)

2017: ANA BELÉN GLEZ. MARGARIDE (PONTENOVA)

II MILLA POPULAR CONCELLO DE LOURENZÁ: Que continúe o Espectáculo!!!

Benqueridos Amig@s!!! Xa estamos aquí!!! Que continúe o espectáculo!!! 26 de Agosto!!! Go!!!
Despois do espectáculo vivido o ano pasado coa nosa primeira edición, xa temos aquí a II Milla Urbana Popular Concello de Lourenzá que volverá a vestir as rúas de Lourenzá de deporte.
En plena temporada estival, o domingo 26 de Agosto durante toda a mañá sucederanse carreiras que enmarcan a todas as categorías (dende pitufos ata veteráns) para que todo o mundo poda participar e disfrutar!!!
Teremos trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscriban antes do xoves 23 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido, bolsa de avituallamento individual, cronometraxe control de meta por championchipnorte, cronómetro xigante en meta, vídeo chegada en línea de meta, servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual de accidentes, ambulancia en evento e vallas e senalización en todo o circuito.
A organización correrá un ano mái a cargo do Concello de Lourenzá e contará co apoio das Escolas Deportivas e do Clube Atletismo Lourenzá. Nos vindeiros días iremos dando a coñecer máis colaboradores e patrocinadores.
Enlace de inscrición e reglamento:

7 de Outubro: IX Val das Fabas 2018!!! Modo On... Vamos!!!

A IX Edición da Val das Fabas xa en MODO ON: 7 de Outubro de 2018!!! Somos unha das probas con máis sabor popular de Galicia !!! Somos, a partir deste intre.... VAL DAS FABAS 2018

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe