21 de ago. de 2021

Atleti. Renovado todo o plantel para esta nova tempada 2021/2022 en Primeira!!

 A día de hoxe podemos anunciarvos que todo o plantel que estaba comprometido para xogar a campaña pasada está renovado ó 100%.

O vindeiro luns están citados na Sta. Cruz para realizar o test de antíxenos e comenzar o seu primeiro adestramento despois de moitos meses de inactividade.
PLANTILLA 2021/2022.
1º Adestrador: Roberto Ramallal.
2º Adestrador: Michael Sante.
Porteiros: Bugui e Clemente.
Defensas: Alex, Álvaro, Diego Rivas (procede xuvenil), Diego Juve, Javi Arruñada, José Falcón, Suso Foro, Hermida.
Medios: Montxo, Garrafín, Noé Recalde, Aitor, Jorge, Luís, Manuel, Paulo, Julián (procede xuvenil)
Dianteiros: Iván Recalde, Iago Cruña, Pichi.
A maiores poderíase incorporar un par de xogadores máis antes do comenzo de liga.
Vamos Atleti!!!



15 de xan. de 2021

5 balas, admitidas no I Control Nacional de mínimas mañá sábado en Oviedo!!!

5 atletas desprazaranse mañá sábado a Asturias para participar no I Control nacional de mínimas en Oviedo. 

Os atletas con licencia nacional que finalmente foron admitidos son:

👉 Carmen García en 60 valados e 600 lisos.

👉 Marcos Rivas en 1500 

👉 Alberto Ratoeira nos 60 valados e 400 lisos.

👉 Ana Vallines en 1500

👉 Iria Otero en 1500

Seguimos traballando con responsabilidade e sentidinho. Moita sorte, máquinas!!!

#edlourenzá #lourenzásomosdeporte #lourenzáédeprimeira #concellolourenzá  #maderasbarcialourenzá  #asbalasnonparan #pistasatletismopacuando #pistasatletismolourenzá




28 de dec. de 2020

Iván Recalde, o noso capitán do Atleti deixa o fútbol polo ciclismo.

 A partir do 1 de xaneiro Iván Recalde terá licencia de federado. Pero nesta ocasión non será de fútbol, senón de ciclismo.  Incorpórase á nosa sección Ed Lourenzá Ciclismo Maderas Naciente por esta tempada 2021.

Como ben sabedes, como a liga de fútbol é a día de hoxe unha incógnita Iván prefire centrarse nun deporte indivual para seguir traballando o deporte con #sentidinho.  Sempre tivo moitas ganas de practicar este deporte e agora ábreselle unha nova porta para seguir traballando e non perder o tono físico.  En principio, empezará coa asequible dos “Lagos de Covadonga”, para logo  centrarse en preparar os “10.000 del Soplao” en Cantabria, a “Quebrantahuesos” en Huesca e como non, non poderá faltar á nosa mítica xa Desafío Tovar en Setembro.

A sección de ciclismo xa o espera cos brazos abertos.

Moita sorte, máquina; nesta nova andaina!!!

#augaconslourenzá #edlourenzá #lourenzásomosdeporte #lourenzáédeprimeira #concellolourenzá #oatletisomostodos #vamosatleti #lourenzáfabricadeportistas




11 de dec. de 2020

Gran tristura pola pérdida do noso veciño Paco Hermida. Un dos primeiros atletas da historia en levar o nome de Lourenzá e primeiro padriño da nosa querida Val das Fabas

Toda a familia das Escolas queremos trasladar as condolencias e o noso máis sentido pésame á familia de Don Paco Hermida.

No ano 2013 tivemos a sorte de disfrutar con él da IV edición da Val das Fabas, onde foi o primeiro padriño da proba. Lembramos que o noso amigo Paco foi campión galego de 3000 lisos no ano 1954 e ese mesmo ano foi 7º no campionato de España de campo a través.

Paco, seguro que dende donde estés agora volverás a dar zancadas en libertade e seguirás animando ós nosos atletas como facías habitualmente!!!

Ata sempre Paco. D.E.P.




20 de out. de 2020

Aberto Prazo Inscrición para Novas Altas das Escolas Deportivas!! Só novas altas!!!

Dende hoxe e ata final de mes, temos aberto o prazo de inscrición para aqueles alumn@s que se inscriban por primeira vez nas nosas escolas

De momento os únicos adestramentos que se reiniciaron son os de atletismo. O patinaxe terá un inicio inminente e o resto das seccións (fútbol, fútbol sala, baloncesto, duatlon, ciclismo) estamos pendentes das indicacións das autoriadades respectivas para programar o seu comenzo. Lembrade que os alumn@s que xa formastes parte de edicións pasadas non necesitades enviar de novo a vosa inscrición se os datos seguen sendo os mesmos, xa que a vosa renovación será de forma automática.

As prazas que quedan libres agora en atletismo e patinaxe son limitadas e quedan poucas libres polos límites que nos marca sanidade dentro do protocolo establecido.

Edades de participación:

FÚTBOL(a partir do 2016)

FÚTBOL SALA(a partir do 2016)

BALONCESTO(a partir do 2012)

ATLETISMO(a partir do 2013)

CAMPO A TRAVÉS(a partir do 2013)

DUATLON (a partir do 2013)

CICLISMO ( a partir do 2013)

PATINAXE (a partir do 2013)

A ficha de inscrición na web do club e tamén nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá.

Enlace Inscrición



15 de out. de 2020

Adrián Ben nomeado Embaixador de Lourenzá no Camiño Norte.!!!

 Adrián Ben nomeado Embaixador de Lourenzá no Camiño Norte.

Atleta galego especializado en probas de medio fondo, medallista europeo que posee varios récords españois en categorías inferiores.
Adrián representa en se mesmo o significado do Camiño de Santiago: Pasión, dedicación, sacrificio, tenacidade, confianza, control, tolerancia, paciencia e concentración.
Por eso ninguén mellor ca el para ser o noso embaixador. Gracias Adrián!
Adrián Ben nombrado Embajador de Lourenzá en el Camino Norte.
Atleta gallego especializado en pruebas de medio fondo, medallista europeo que posee varios récord españoles en categorías inferiores.
Adrián representa en sí mismo el significado del Camino de Santiago: Pasión, dedicación, sacrificio, tenacidad, confianza, control, tolerancia, paciencia y concentración.
Por eso nadie mejor que él para ser nuestro embajador. Gracias Adrián!
Adrian Ben Montenegro
Escolas Deportivas Concello de Lourenzá
Concello de Lourenzá
Camino Xacobeo
Xacobeo 2021
Camino del Norte

13 de out. de 2020

Un título e un subcampionato na volta á normalidade dos nosos infantís e cadetes. Seguimos escribindo a historia!!!

 A pesar de levar pouco tempo adestrando, os nosos atletas demostraron unha vez máis a súa capacidade de sacrificio e superación nunha nova cita autonómica; coa nova importante da marca de Fer Vallines en peso para o Campinato de España de Granollers que terá lugar en 15 días. Pero o importante era estar presentes, poñendo en acción todas as medidas sanitarias posibles dentro da nova normalidade nunhos campionatos distintos pero sempre esixentes coa idea de recuperar o "normal". É por ésto que todos se merecen un 10, lembrándonos tamén dos que por distintos motivos non puideron estar.

Fer Vallines. Campión autonómico en Peso: 13,82.

Manu Rguez. Subcampión autonómico en Triplo: 11,86.

Alberto Ratoeira: 6º en 300 e 7º en lonxitude.

Iria Otero: 5ª en 3000.

Carmen García: 6ª en altura. 4ª 300 vallados final b.

Miguel Fdez: 6º en 80.

Julia Fdez: 4ª final c 80. 4ª final b 150.

Iria Rguez: 6ª en 1000

Lurdes García: 8ª en 3000




12 de out. de 2020

Chicho remata dunha tirada a peregrinaxe a Santiago!!!


🚴🚴🚴 No día de hoxe, o noso compañeiro e veciño Chicho Jesus Losada Palacios peregrinaba a Santiago dunha tirada, a pesar que a partir de Guitiriz tivo malas condicións climatolóxicas. Noraboa, máquina. A seguir así!!! 🔝 #edlourenzá #lourenzásomosdeporte #lourenzáédeprimeira #concellolourenzá #maderasnacientelourenzá




9 de out. de 2020

As Balas a disfrutar dun novo autonómico: Admitidos en cadete: Manu Rguez., Alberto Ratoeira, Fer Vallines, Iria Otero e en infantil: Miguel Fdez., Carlos Docampo, Iria Rguez, Julia Fdez e Lurdes García!!!

Mañá sábado e pasado domingo voltamos a Pontevedra para disfrutar do Cto. Galego para categorías infantil(sub14) e galego(sub16), unha ocasión máis para seguir medrando e formándonos neste deporte.
O sábado compiten en cadete:
Carmen García en altura e 300 valados
Manu Rguez. en triplo e 3000 lisos
Fer Vallines en peso
Alberto Ratoeira en lonxitude e 300
Iria Otero en 3000.

E xa o domingo participaremos cos infantís:
Miguel Fdez. en 80 e 150 lisos
Julia Fdez. en 80 e 150 lisos
Lurdes en 3000
Iria Rguez. en 1000
e contamos coa dúbida por lesión ata a última hora de Carlos Docampo en 220 valados e altura



22 de set. de 2020

Voltamos!!! As balas volveron a disfrutar da sensación de competir dentro da nova normalidade en Pontevedra!!!

 Baixo unhas estrictas medidas de seguridade e hixiene, participamos de novo no 1º control da tempada para atletas infantís e cadetes; sendo ademáis o único clube mariñán presente nun día histórico.

Informamos dos resultados, aínda que  nesta situación son irrelevantes posto que os atletas venen de estar parados moito tempo. As balas demostraron unha vez máis o  compromiso, madurez e ganas de superarse con só dúas semanas de entreno.

Alberto Ratoeira estivo na lonxitude e nos 600 lisos. Na lonxitude foi 10ª con un mellor salto de 4,65 e nos 600 lisos 7º con 1,49.

Manu Rguez. 1º da súa serie nos 1000 lisos con 2,59.

Fer Vallines.  1º en peso cun mellor lanzamento de 13,48.

Iria Otero. 7ª nos 1000 lisos con 3,27.

Carmen García. 5ª de serie en 100 valados con 20,65.

Noraboa a tod@s!!! Seguimos!!! 



18 de set. de 2020

Iria Otero, Carmen García, Fer Vallines, Alberto Ratoeira e Manu Rguez. volven a pisar pista mañá sábado en Pontevedra

Mañá representaranos  o #maderasbarcialourenzá en Pontevedra, proba na que participaremos con 5 atletas cadetes no primeiro control de menores despois do confinamento. 

Fer Vallines comenzará a xornada con lanzamento de peso. A continuación Alberto participará no salto de lonxitude e nos 600 lisos ó mesmo tempo que Carmen García formará parte dos 100 valados. Por último chegará o turno dos dous mediofondistas que participarán no 1000, Iria Otero e Manu Rguez. 

Todos buscarán volver a sentir a sensación de competir dentro da "nova" normalidade.

Moita sorte, máquinas. A disfrutar!!!

#edlourenzá #lourenzásomosdeporte #lourenzáédeprimeira #concellolourenzá  #maderasbarcialourenzá  #asbalasnonparan #pistasatletismopacuando #pistasatletismolourenzá

A Federación propón un subgrupo inical en primeira de 10 equipos sempre e cando Sanidade autorice o fútbol afeccionado

Nunha xuntanza telemática que tivemos no día de onte coa federación e os equipos de 1ª, 2ª e 3ª; os responsables federativos presentaron  un plan competicional con dous subgrupos. O noso estaría cos equipos de 1ª da Terra Chá e da Mariña. Os 3 equipos primeiros ó final da fase regular loitarían polo ascenso e o resto polo descenso.

Para que o inicio da Liga se produzca, Sanidade ten que autorizar o fútbol afeccionado. Hoxe dase a casualidade que se publica  no Doga que para deportes de contacto  ten que utilizarse a mascarilla, polo que o inicio da liga podía ralentizarse.

O meta Pablo Castañeda regresa ó Atleti. Ademáis formarán parte do 1º equipo os xuvenís Hermida, Diego e Barreira!!!

 O Atleti 2020/2021 queda configurado para esta nova incerta tempada. 

Co regreso do meta Pablo, que estivo cedido o ano pasado no Viveiro de Liga Galega e o reforzo dos tres xuvenís que buscarán minutos no 1º equipo Hermida, Diego e Barreira queda perfilado un Atleti que ilusiona baixo o mando de Roberto Ramallal.

Ésta é a lista dos 22 gladiadores: 

Recalde, Montxo, José Antonio, Yago, Luís Santamarina, Diego Juve, Noé, Garrafín, Paulo, Clemente, Jorge, Bugui, Álvaro, Suso Foro, Alex, Pichi, Arruñada,  Aitor, Pablo, Hermida, Diego e Barreira.

Os 4 xogadores que se incorporan, en directo: 

Pablo: “Contento de regresar ó equipo da miña vila, con ganas de demostrar cal é o noso verdadeiro sitio e de competir o posto”

Diego: “Moi contento de que este ano conten conmigo para este novo proxecto no equipo que levo xogando desde pequeno e con moitas ganas de que isto comece xa”

Hermida: "Moi contento por seguir outro ano máis no Atleti e preparado para esta nova etapa"

Barreira:“: Teño moitas ganas e ilusión de empezar esta nova temporada co equipo”

Moita sorte, rapaces. Aúpa Atleti!!!

#augaconslourenzá #edlourenzá #lourenzásomosdeporte #lourenzáédeprimeira #concellolourenzá #oatletisomostodos #vamosatleti #lourenzáfabricadeportistas



27 de ago. de 2020

6 meses despois Ana Vallines e Marcos Rivas volverán a representarnos no autonómico xuvenil de pista aire libre!!!

 Dentro de nova normalidade que nos toca vivir, este vindeiro fin de semana Ana Vallines e Marcos Rivas desprazaranse á Coruña para participar no Cto. Galego Sub-18. 

Ambos atletas están admitidos nas probas de 800, 1500 e 5000. Ana decidirase finalmente pola distancia larga (5000) que terá lugar o domingo á tarde e Marcos participará finalmente nos 1500 o sábado pola tarde. A pesar de que o último brote do virus na Mariña nos fixo suspender os adestramentos en equipo, ambos estiveron con entrenamentos individualizados intentando non perder o bo momento de forma que tiveron durante a tempada. 

Moita sorte a ambos neste regreso á competición dentro da nova normalidade!!! Vamos!!!




26 de ago. de 2020

As renovacións de Pichi, Arruñada e Aitor apuntalan ó Atleti para unha nova tempada!!!

Chegan as renovacións tan esperadas de Pichi, Arruñada e Aitor para completar un equipo que mezclará xuventude e veteranía no novo proxecto de Roberto Ramallal.   O equipo buscará ser a revelación da nova tempada en primeira sempre e cando as condicións sanitarias  permitan a disputa da competición.

José Ángel "Pichi" estivo a tempada pasada en 21 partidos, 9 como titular facendo un total de 1096 minutos. Anotou un gol diante de Folgueiro. Será a 6ª tempada de Jose con nós como senior logo de formarse nas categorías inferiores das escolas.

Pichi en directo: "Ansioso de empezar un ano máis no equipo no que tanto disfruto, e a intentar aguantar o equipo nesta categoría que é donde se merece estar"

O lateral Javi Arruñada estivo este curso pasado en 24 partidos, os 24 como titular acumulando un total de 2099 minutos. Será a segunda tempada de Javi con nós en primeira.

Aitor completou o ano pasado con 16 partidos, 6 como titular e 597 minutos. Anotou un gol, ó Folgueiro. Será a 3ª tempada de Aitor con nós dende a súa chegada procedente do Iberia. 

A falta de confirmar os xuvenís que farán a pretemporada co 1º equipo, o plantel queda case listo para a partida e está formado no día de hoxe por 18 futbolistas: (Recalde, Montxo, José Antonio, Yago, Luís Santamarina, Diego Juve, Noé, Garrafín, Paulo, Clemente, Jorge, Bugui, Álvaro, Suso Foro, Alex, Pichi, Arruñada e Aitor).

Moita sorte a Pichi, Javi e Aitor nesta nova etapa que esperemos que comence!!!



24 de ago. de 2020

Tres gladiadores máis renovados: Álex, Álvaro e Suso Foro dicen sí quero un ano máis co Atleti en primeira!!!

 A contundencia e experiencia na línea defensiva de Suso, a proxección e as ganas do lateral esquerdo Álex e a polivalencia e destreza de Álvaro apuntalan a un Atleti que, a falta de 3 ou 4 incorporacións máis vai quedando perfilado para o novo curso.

Os 3 xogadores, en directo: 

Álex: “Moi contento de volver a formar parte deste proxecto e con moitas ganas de empezar  a demostrar que este equipo ten nivel máis que suficiente para esta liga”

Suso Foro: “Gracias por darme a oportunidade de formar parte outro ano máis da gran familia do Atleti, e dar o pouco que me queda para contribuir a asentar ó equipo donde se merece. Simplemente, Gracias”

Álvaro: “Volver a estar no equipo que me deu a oportunidade de xogar ó fútbol dende que era cadete non ten prezo”

Gracias chavales e moita sorte para tod@s neste novo curso deportivo!!!






21 de ago. de 2020

O mediocentro Jorge e o meta Bugui seguirán un ano máis defendendo ó Atleti en Primeira!!!

Coas renovacións que nos chegan dos xogadores Jorge e Bugui xa son agora mesmo 12 (Recalde, Montxo, José Antonio, Yago, Luís Santamarina, Diego Juve, Noé, Garrafín, Paulo e a alta de Clemente ) os xogadores que sellaron o seu compromiso de cara á vindeira incerta tempada que nos espera; aínda que na vindeira semana esperamos comunicarvos cómo quedaría perfilado o plantel coas últimas altas, que non será de máis de 18 xogadores do primeiro equipo porque o míster quere así contar con 3 ou 4  xuvenís de último ano para que dispoñan de minutos na categoría

Jorge e Bugui non necesitan moita presentación pois levan con nós dende que tenen 6 anos. Sí queremos achegarvos os seus comentarios de cara ó que esperan no vindeiro curso: 

Jorge: “Motivado e orgulloso de vestir un ano máis a camiseta do atleti, esperemos que falten moitos máis.  Doutra banda, decir que todos estamos desexando que comece a nova tempada ao lado do novo míster Roberto Ramallal, para  demostrar que somos un gran equipo”

Bugui: “Confío en que esta tempada sexa a do asentamento do Lourenzá en primeira, posto que nesta última campaña fumos moito máis competitivos do que os resultados e a clasificación reflexaron. Toca aprender, traballar e corrixir eses erros que tanto nos penalizaron para conseguir o noso obxectivo. Estou convencido de que o conseguiremos”

Moita sorte a ambos un ano máis!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe