30 de set. de 2016

Fin de Semana da Faba!!! Programación!!!

Sábado, 1 Outubo.
11,30/Talleres Cardi - Foz
Fútbol Infantil
Anexo Sta. Cruz.
17,00/O Rei das Tartas -  Foz
Fútbol Xuvenil
Anexo Sta. Cruz.
Domingo, 2 Outubro.
10,30/VII Carreira Popular Val das Fabas
11,30/Ramsei - Xove Lago
Fútbol Cadete
Municipal Sta. Cruz.
18,00/ Augacons - Candelaria
Fútbol Autonómica.
Municipal Sta. Cruz.

26 de set. de 2016

10 anos despois de ser CAMPIONA DE ESPAÑA CADETE E SUBCAMPIONA DE ESPAÑA XUVENIL COAS ESCOLAS LOURENZÁ, Laura Campos Riopedre, MADRIÑA DE HONRA DA VAL DAS FABAS 2016

Aínda que pasa o tempo a xesta lograda no seu día pola atleta das Escolas Laura Campos Riopedre non se nos olvida. Fai 10 anos proclamábase en San Sebastián Subcampiona xuvenil de pista cuberta nos 400 metros valados e no 2015 en Torrent (Valencia) alcanzaba o campionato de España en categoría cadete nos 300 metros valados batindo un récord galego que segue presente ata o de agora. Por eso o vindeiro domingo día 2 de outubro, en plena festa da Faba será a MADRIÑA que fará xunto coa nosa Alcaldesa Rocío López o protocolario corte de cinta.
Laura Campos, como campiona de España en Torret(Valencia)

Henar e Ian Méndez triunfan na prestixiosa Milla de Marín!!!

O pasado sábado Henar e Ian participaban na prestixiosa Milla de Marín en Pontevedra, que coincidía co Cto. de España para categorías absolutas.
Henar en benxamín feminino alcanzaba o Subcampionato con un tempo de 3,58 sobre a distancia de 1000 metros.
Ian en alevín masculino lograba facerse co bronce con un tempo de 3,58 tamén nos 1000 metros.
Noraboa!!!
Ian Méndez en plena proba en Marín (Pontevedra)

Un trío de Ases espectacular asombran na Solidaria Alas de Vida de Burela!!! Ainara, Ana e Carme completan o pódium feminino na proba de 7 kilómetros!!!

Con un tempo Ainara Rguez. de 27,36 ( a 3,56 o kilómetro), Ana Vallines 28,23(4,03) e Carme Alonso 30,13 (4,18); éstas superatletas do Maderas Barcia Lourenzá sorprenderon á multitude congregada en Burela na solidaria Alas de Vida de Burela disputada o pasado sábado en Burela na proba de 7 kilómetros.
Participaron na proba ademáis Pablo Irimia, 5º sub-18 con un tempo de 28,24 e regresou á competición Hugo Villalba (7º da súa categoría).



A Fonte da Rá e a sección de Patinaxe de Lourenzá!!! Marco incomparable!!! Presentado oficialmente o equipo da temporada 2016/2017!!!

Nun acto onde estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e a adestradora da sección de Patinaxe Dª. Tania Irimia presentaronse as alumnas desta sección que medra de ano en ano.
O equipo adestrará os sábados. Todos os alumn@s  que querades incorporarvos ó plantel deste ano debedes comunicalo á maior brevedade posible posto que as prazas son limitadas. Moita sorte!!!


25 de set. de 2016

Final no Manuel Luna. Pol 2, Augacons Lourenzá 2. (Recalde e Roi).


Descanso no Manuel Luna. Pol 1, Augacons Lourenzá 1 (Recalde)


Preto de 250 inscritos a falta de 3 días para o Peche da Inscripción na VII Val das Fabas 2016!!! Acceder!!!


Os Benxamíns 2016 2017 xa sudan a camiseta!!! Os adestramentos mércores (17-18,30) no Viñas da Veiga e en Sta. Cruz os venres (17-18,30)

Case por pechada a plantilla do equipo benxamín de fútbol 8 e fútbol sala para esta nova temporada 2016 2017. O pasado venres disfrutaron xa do seu primeiro adestramento coa mira nas ligas de fútbol e fútbol sala onde competirán os xogadores baixo a unión das Escolas Lourenzá e o Mondoñedo Fc.
Moita sorte nesta nova temporada!!!


Os Pitufos ó Poder!!! PRESENTACIÓN PREBENXAMÍN 2016 2017

Nun acto onde estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e o presidente do clube D. Pablo Maseda presentáronse os máis cativos das Escolas Lourenzá. Estiveron tamén presentes os adestradores Diego Rego e Michael Sante. O equipo adestrará os martes e xoves de 16,20 a 18,00 horas. Todos aqueles xogadores do 2090,2010,2011 e 2012 que querades incorporarvos ó plantel debedes comunicalo á maior brevedade posible posto que as prazas son limitadas. Moita sorte!!!


22 de set. de 2016

Fin de Semana!!! Programación Deportiva!!!

Sábado, 24 setembro:
12,00- Lourenzá Mond. Fc / Foz
Fútbol 8 alevín
Anexo Sta. Cruz.
10,30 - Milla en Marín e Alas de Vida
Sección Atletismo.
17,00 - Xove/Talleres Cardi
Fútbol Infantil
Municipal de Xove
18,00 –  Pontenova/Rei das Tartas
Fútbol Xuvenil
A Ponte

Domingo, 25 setembro.
11,00 - Ramsei/Castro.
Fútbol Cadete.
17,00 - Pol/Augacons Lourenzá
Fútbol Autonómica.

A Val das Fabas 2016 supera os 150 INSCRITOS!!! HOXE ÚLTIMO DÍA PARA RESERVA DE CAMISETA.!!!

Hoxe XOVES remata o prazo para todos os atletas que participen no percorrido de 6,330 mts. e que se queiran levar a camiseta de regalo desta presente edición.!!!

AS INSCRIPCIÓNS ABERTAS ATA O VINDEIRO MARTES DÍA 27 DE SETEMBRO!!!

Xa non hai volta atrás: PRESENTADA OFICIALMENTE A VII VAL DAS FABAS 2016!!! GO!!!

Onte mércores ás 19:30 horas  no Pavillón Municipal de  Lourenzá presentouse en roda de prensa a VII EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS.
    A carreira será o vindeiro domingo 2 de outubro enmarcada dentro da programación festiva da Festa da Faba de Lourenzá ás 10:40 horas para categorías menores e ás 11:30 horas para cadetes, juniors e séniors(percorrido de 6 kilómetros 310 metros)
    Estiveron  presentes,
- Dª Rocío López García (Alcaldesa do Concello de Lourenzá)
- D. Manuel Otero Méndez (Xefe Servicio Provincial De Deportes da Xunta de Galicia)
- D. Francisco Dasilva (Concelleiro de Deportes)
- D. Pablo Maseda (Presidente das E.d. Lourenzá)
- Dª. Karina Álvarez Chao (Presidenta do Clube Atletismo Lourenzá)
- D. Martín Pardiñas Díaz (Adestrador da sección de atletismo das Escolas e Secretario do Clube Toxiza)
- Os atletas das Escolas Deportivas que tiveron medalla en cto. autonómico este pasado curso.
- E parte dos responsables das empresas colaboradoras: Maderas Barcia, Caixa Rural, Banco Santander, Coca Cola, Josbi, Eroski, Neli, Gadis, Morán, Pastelería Cabaleiros, Cartoy Proapoyo, Caf. Vin Morrigan, O Torreón, Cantón Bar, Librería Josgua, Frutas Hmnos. Rivas, La Voz de Galicia, Cope-Cadena 100....

            Será tamén a cuarta edición que se corra con cronometraxe oficial de Championchip ( vídeo chegada en línea de meta) e ademáis  teremos un saqueto de fabas para todos os vencedores das diferentes categorías de adultos, trofeos inéditos ós campións,  ademáis de trofeos ós 3 primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores(pitufos e prebenxamín) e un regalo dunha camiseta técnica especial para corredores para os adultos. A proba contará tamén con avituallamento líquido e sólido á metade e final do percorrido, cronómetro xigante en meta, seguro individual de accidentes, dorsal con impresión de código QR para visualización inmediata de resultados persoais ó chegar á meta, ambulancia, vallas e senalización do circuito cada 500 metros....

AS INSCRIPCIÓNS ESTARÁN ABERTAS ata o MARTES 27 DE SETEMBRO  !!!


21 de set. de 2016

¿Quen será o novo gañador da VII Val das Fabas 2016? Go!!!

PALMARÉS VAL DAS FABAS:

2010 DAVID HERNÁNDEZ OTERO - ASTURIAS
2011 J. MANUEL CORRAL LÓPEZ  - GALICIA
2012 DELIO VAL VILLARINO         - GALICIA
2013 J. MANUEL GLEZ. CASTRILLÓN - C.A. OCCIDENTE NAVIA - ASTURIAS
RÉCORD DA PROBA 2013: 21,28.
2014: JUAN ANTONIO GUDE VILA - CLUB MONTEPENARUBIA - ASTURIAS
RÉCORD DA PROBA 2014: 20:57.
2015: Verdina: JUAN ANTONIO GUDE VILA - CLUB MONTEPENARUBIA -22,21.
2015: Galaica: OSCAR BUJÁN RODRÍGUEZ - CLUB ATLETISMO LOURENZÁ - 45,54.
2016: 


19 de set. de 2016

3 Días para que finalice Prazo de Inscripción con Regalo de Camiseta Técnica Conmemorativa para carreira de adultos na Val das Fabas 2016!!!

IMPORTANTE: O vindeiro xoves día 22 de setembro  Finaliza o Prazo para que todos os inscritos ata ese momento leven de regalo a camiseta técnica conmemorativa na VII Val das Fabas 2016.
Lembrade o LEMA QUE APERECE COA INSCRIPCIÓN:

LA CAMISETA TÉCNICA DE REGALO SE ENTREGARÁ A TODOS LOS ADULTOS QUE SE APUNTEN HASTA EL JUEVES 22 DE SEPTIEMBRE Y A PARTIR DE AHÍ HASTA FIN DE EXISTENCIAS

Non o olvidedes!!! Go!!


Cartel Val das Fabas 2016. Fabito vence a Super Mario!!! Esperemos que vos guste!!! Go!!!


As Xogadoras do Terras da Mariña Lourenzá Marta, Mencía e Nuria debutaron con puntos e minutos co Ensino de Liga Galega en Vilagarcía. 53-51. Noraboa e a seguir progresando


As Infantís Carme e Marta Alonso participaron na Carreira Solidara da Muller en A Coruña

E tamén o domingo, Carme e Marta Alonso Mourelle; do equipo infantil de atletismo do Maderas Barcia participaban na Carreira Solidaria da muller en A Coruña.

Carme a Marta con Sanda Aguilar, Subcampioana Olímpica en Río en Ximnasia Rítmica.


Ainara e Iria Rguez. Triunfan na Milla de Valdoviño con un Título e un Subcampionato!!!

Novo título para Ainara Rguez en Infantil Feminino e Subcampionato para Iria Rguez. que na matinal do domingo se desprazaban a Valdoviño para participar na súa V Milla Popular Concello de Valdoviño.
Triunfaba Ainara con un tempo en 1000 metros de 3,23; mentres Iria entraba no mesmo tempo que a vencedora como segunda clasificada con un tempo de 1,47 en 500 mts.


Conquistada Taboada!!! Títulos para Henar Méndez e Ana Vallines. Subcampionatos para Ian Méndez e Carmen García. Bronce para Pablo Irimia!!!

Gran organización na IV Popular de Taboada "entre pazos e carballos" o pasado sábado onde as nosas balas rendiron ó nivel que nos tenen acostumados:
Categoría A:
1.- Henar Méndez.
Categoría B Feminina:
2.- Carmen García.
Categoría B Masculina:
2.- Ian Méndez.
Categoría C Feminina:
1.- Ana Vallines
Categoría C Masculina:
3.- Pablo Irimia.
Ademáis estiveron representándonos Emma García(6ª en cat. A), Fer Vallines (5º en Cat. B) e Cristian Piñeiro (4º en Cat. C).

17 de set. de 2016

16 de set. de 2016

Os cadetes adiantan a hoxe a Programación do Fin de Semana!!!

Venres, 16 de Setembro: 
18,30- Ramsei - R. Tapia.
Fútbol Cadete.
Anexo Sta. Cruz.
Sábado, 17 de Setembro:
11,00 - T. Cardi - Polvorín
Fútbol Infantil.
Viñas da Veiga.
17,00 - Rei das Tartas - Polvorín
Fútbol Xuvenil.
Anexo Sta. Cruz.
18,00 - Popular Taboada.
Sección Atletismo.
Domingo, 18 de Setembro:
11,00 - Ribadeo - Ramsei
Fútbol Cadete.
Municipal P. Barrera
17,00 - Augacons - Xermade
Fútbol 1ª Autonómica.
Mun. Sta. Cruz.


15 de set. de 2016

O CONCELLO REALIZA OBRAS PARA MELLORAR AS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN MUNICIPAL!!! NORABOA A TOD@S!!!

O Concello de Lourenzá realiza obras para mellora as instalacións do pavillón polideportivo municipal. Os traballos foron supervisados pola alcaldesa, Rocío López, e polo concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva.
O edil de Deportes explicou que “para a execución destas obras a Vicepresidencia da Xunta de Galicia concedeu un total de 31.000 euros, ao abeiro do programa de subvencións destinadas á creación e mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais”.

Francisco Dasilva salientou que “é fundamental manter en bo estado as instalacións deportivas se queremos ofrecer un bo servizo aos usuarios e contribuír así en mellorar a calidade da actividade deportiva no noso concello. As obras de mellora que se acometen no polideportivo están encamiñadas a solucionar os problemas de goteiras e humidades existentes tanto nas paredes como na cuberta do edificio. Os traballos inclúen a substitución de parte das placas da cuberta do edificio central por outras de similares características e a mellora da cuberta e dos canlóns dos vestiarios e das edificacións anexas. Tamén se levou a cabo a substitución de parte dos ventanais translúcidos existentes na fachada sur por placas de vidro laminado incoloro, que permiten a entrada de máis luz no interior do edificio”.

O concelleiro de Deportes rematou comentando: “estamos a cumprir os nosos compromisos co deporte investindo nas instalacións co fin de mellorar a práctica deportiva no noso concello”.

9 de set. de 2016

O debut dos cadetes o domingo e a 1ª saída a domicilio do Atleti centran a atención do fin de semana!!

SÁBABO, 10 SETEMBRO:

TALLERES CARDI - S.D. RIBADEO
Categoría infantil. 16,30. Sta. Cruz.

O REI DAS TARTAS - S. CIPRIÁN
Categoría xuvenil. 18,00 horas.Sta. Cruz.

DOMINGO, 11 SETEMBRO:

EXCAVACIONES RAMSEI - FERROVIARIA
Categoría Cadete. 11,00. Sta. Cruz.

CABREIROS - AUGACONS 
2ª Autonómica. 17,00. A Cea.


O REI DAS TARTAS, NOVO PATROCINADOR DO EQUIPO DE FÚTBOL XUVENIL

Nesta nova temporada onde o equipo xuvenil adestrado por Diego Rego comenzará a liga en breve o equipo estará PATROCINADO por O REI DAS TARTAS, unha marca universal que aposta polo traballo  que dende as Escolas Lourenzá e ó Mondoñedo Fc están a facer co traballo de fútbol base. En breve estrearemos a nova equipación!!!
O Rei das Tartas disputa no día de mañá sábado un novo amigable, este caso recibindo ó C.D. S. Ciprián ás 18:00 horas en Anfield Cruz!!!.
Noraboa e Gracias pola colaboración!!!


7 de set. de 2016

Innumerables éxitos dos Atletas das Escolas Lourenzá na espectacular Benquerencia Terra e Mar o pasado domingo en Barreiros.

Nas distintas categorías o pasado domingo na Popular Benquerencia Terra e Mar:
Triunfos de Ainara Rguez, Aleix Díaz, Iria Rguez., Pedro Moirón e Amina Bouyzar.!!!
Subcampionatos para Ana Vallines, Ian Méndez, Diana Lastra, Henar Méndez, Aarón Rivas, Iago Longarela, Sheila López. !!!
E Bronces para Nicolás Álvarez e Aarón Millares!!!
Ademáis participaron a un gran nivel Carme Alonso, Alba Alonso, Emma García, David Mtnez, Pablo Mtnez., Xabi Alonso, Brais Díaz, Hiba Bouyzar, Ainhoa Lopez, Mariña e Uxía Salvatierra, Fer Vallines, Carlota Menéndez, Valeria Álvarez, Sara Terrón e Sara Otero.

Momentos antes da saída das Balas Infantil Feminino!!!

Novo amigable do Exc. Ramsei hoxe ás 18:30 diante do A. Vegadense!! Sta. Cruz!!!


2 de set. de 2016

Ford Talleres Cardi e Excavaciones Ramsei renovan o seu patrocinio cos equipos de fútbol INFANTIL e CADETE!!! Amigables de ambos equipos en Xove!!!

Por terceira temporada consecutiva os equipos de fútbol infantil e cadete seguirán patrocinados por Talleres Cardi (infantil) e Excavaciones Ramsei (cadete). Ambas marcas seguirán un ano máis vinculadas ás Escolas Lourenzá e ó Mondoñedo Fc abanderando os seus equipos de fútbol de categorías base.
Ambos equipos disputan este vindeiro sábado día 3 de setembro partidos amigables.
Infantil: 16,30 - Xove Lago - Talleres Cardi.
Cadete: 11,30 - Xove Lago - Excavasiones Ramsei.
Moita sorte a ambos equipos nesta nova temporada!!!



1 de set. de 2016

Nayara Campo e Sergio García, os Afortunados no Sorteo da Colección de Cromos!!!

No día de onte realizouse o sorteo dunha tablet e dunha equipación de fútbol de 1ª división a aqueles alumn@s das Escolas que completaron entre os 10 primeiros o histórico álbum do clube; ademáis de entregarlles un cromo en formato xigante da súa foto favorita da colección.
Nayara Campo, xogadora do equipo de basket infantil; resultou agraciada coa tablet; mentres Sergio García, xogador do equipo de fútbol prebenxamín; foi afortunado cunha equipación de fútbol dun equipo de 1ª división que él elixa.
No acto estiveron presentes a Alcaldesa de Lourenzá Dª.  Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e o presidente das Escolas D. Pablo Maseda.
Noraboa ós afortunados e Noraboa a toda Lourenzá pola colección!!!




Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe