30 de xul. de 2013

Fútbol: O Atleti 2013/2014, presentado en Sta. Cruz.!!!

No día de onte foi presentado o Atleti 2013/2014. No acto estiveron presentes, ademáis dos xogadores da plantilla e directiva a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Emma Álvarez e o Presidente das Escolas e Concelleiro de Deportes Pablo Maseda.
Con Álvarez Renda comandando a nave e con unha nova secretaría técnica coordinada polos capitanes e encabezada polo directivo Oscar González a plantilla presentouse con ata 8 caras novas: Dani Neira (a pasada temporada cedido no vinculado Mondoñedo CF), Chicho(procede do fútbol sala), Isaac Fdez(Lugo Xuvenil), Felipe González(lesionado durante toda a temporada pasada), Vinicius (Xuvenil), Noé Recalde (Iberia), e retoman a práctica de fútbol un dos capitanes e alma máter do equipo en temporadas anteriores Pachicho así como o gardameta Iván Lombardía, que militou en equipos como o Iberia, Ribadeo ou Xove Lago e con amplia experiencia na categoría.
Dende a directiva queremos agradecer especialmente o traballo de componentes da plantilla que estiveron con nós estes anos e que son baixa por diferentes motivos, desexándolles a mellor sorte do mundo e deixándolles tamén abertas as portas para un futuro de novo en Sta. Cruz: o míster José Manuel (novo adestrador do Viveiro),  Isra (Alta no Mondoñedo CF); Miguel (Alta no Castro), Oli(Alta no Santaballés) así como a Luís Varela, Luchi e Rubén. GRANDES!!!
VER TODAS AS FOTOS PRESENTACIÓN ATLETI

29 de xul. de 2013

Fútbol: "Arranca o Atleti máis Laurentino". 20,30 horas. Sta. Cruz.

Hoxe en Sta. Cruz a partir das 20,30 horas preséntase o Atleti de 1ª Autonómica  por sexta temporada consecutiva na categoría. Coa novedade de Álvarez Renda á fronte do banquillo e coas incorporacións dos laurentinos Noé, Isaac, Chicho, Pachico e o xuvenil Vinicius así como a recuperación da súa lesión de Felipe. Con eles e co resto da plantilla estarán a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Emma Álvarez Chao así como a directiva do clube encabezada por D. Pablo Maseda. Logo da foto oficial de pretemporada, comenzarán as primeiras suores da temporada... Vamos, Atleti!!!

23 de xul. de 2013

Ciclismo:Isa triunha con un bronce na VI Ruta da Auga de Betanzos!!!

Isabel Picoaga logrou unha medalla de bronce o pasado domingo na VI Ruta da Auga celebrada en Betanzos, a pesar de ser a súa primeira participación nunha proba deste estilo sobre un total de 45 kilómetros. Ademáis, sobre esta distancia rematou en 8ª posición Diego Vidal con un fenomenal tempo. Sobre 85 kilómetros destacar a 20ª posición de Javier Legide con un crono de 5 horas e 15 minutos. Participaron ademáis José Luís Falcón, J. Ramón Rguez, Juan José Longarela e Jorge Doural; rematando todos entre os 200 primeiros de un total de 400 participantes. GRANDES!!!

VER TODAS AS FOTOS DA PROBA

Isa saíndo do casco histórico en Betanzos
Diego Vidal en plena acción sobre o río

Atletismo: "De tal palo, Tal Astilla". Carreira de Montaña A Pontenova.

Proeza sen límites dos "papás" das nosas figuras do atletismo na carreira de montaña de A Pontenova este pasado domingo. Sobre unha distancia de 19 kilómetros 150 metros tiveron que superar un desnivel real de 443 metros con unha pendente acumulada de 5665 metros. Xoan Manuel Rguez(15), José Carlos Díaz(19), Marcos Rguez(27) e Luís Graña(41); todos lograron entrar entre os 50 primeiros nunha proba durísima con rampas que chegaron ó 26% de desnivel. Seguro que Xana, Aleix, Ainara e Claudia están super orgullosos do papel desempeñado na proba polos seus proxenitores, Grandes!!!
A vindeira temporada dende a directiva das Escolas estase estudiando a creación da sección de Adultos e Veteranos na disciplina de Atletismo, polo que todos aqueles que sexades maiores de 18 anos e vos queirades apuntar a esta fenomenal iniciativa podedes poñervos en contacto con nós no correo: escolaslourenza@gmail.com!!!

FOTOS CARREIRA DE MONTAÑA DE A PONTENOVA

Jose e Marcos despois de finalizar a proba

17 de xul. de 2013

Ainara Rguez e Aarón Rivas triunfan na Popular de Castroverde!!!

A sección de atletismo das E.D. Lourenzá Mondoñedo segue acaparando resultados. O pasado domingo día 14 de Xullo participaron na Popular de Castroverde, acadando os seguintes resultados(os máis destacados):
Pitufos:  (100 mts.)
3ª - Iria Rguez.
Prebenxamín Masculino: 300 mts.
3º- Brais Díaz (1,06)
2º- Fernando Vallines(1,04)
Benxamín Masculino: 400 mts.
3º- Alejandro Barreira (1,44)
Benxamín Feminino: 400 mts.
1ª- Ainara Rguez. (1:17)
3ª- Hiba Bouyzar (1:27)
Alevín Feminino: 600 mts.
2ª- Lidia Barreira (2:04)
Infantil Masculino: 1500 mts.
1º- Aarón Rivas (5:32)
Veterana A Feminina(7 kms)
5ª - Marisa Ares (39:04)
Veterano A Masculino(7 kms)
12º - Marcos Rguez (32:29).


Momentos antes da saída da Carreira Benxamín!!!
Ainara Rguez. co trofeo de Campiona Benxamín!!!

4 de xul. de 2013

2 de xul. de 2013

Brenan e Javi Chinchón renovan como adestradores dos equipos Infantil e Xuvenil!!!

As E.D. Lourenzá Mondoñedo seguirán cunha línea de continuidade nos equipos de fútbol Infantil e Xuvenil coa renovación dos seus técnicos Brenan Rivas e Javi Chinchón. Ambos seguirán un ano máis ó frente dos respectivos equipos coa misión de seguir formando xogadores e sobre todo grandes deportistas. Ambos comenzarán a pretemporada a primeiros de Agosto.
Moita sorte!!!

Fútbol: Renda comandará o 6º proxecto consecutivo do Atleti en Primeira !!!.

Juan Álvarez Renda é o elexido. No día de onte foi presentado nas oficinas do clube e a partir deste momento traballa coa secretaría técnica preparando unha pretemporada que comenzará a finais de xullo. Renda é todo un histórico dos banquillos lucenses. Nas últimas temporadas militou no Lugo Xuvenil de División de Honra, Comercial xuvenil, Selección sub-17 provincial e anteriormente estivo no histórico Mindoniense(3ª división), Burela, Alfoz e Chantada (Preferente) así como Milagrosa, S. Lázaro e Taboada (Primeira). Ademáis, estivo como profesor na Escola de Adestradores de Lugo durante 10 anos.
Renda no día de onte agradeceu que o clube apostara por él e mostrouse sorprendido de que o 80% do equipo esté formado por xogadores laurentinos, polo que seguirá traballando para dar tamén máis oportunidades a rapaces que estén incluso en edade xuvenil.
Moita sorte nesta nova andaina!!! Aúpa Atleti!!!
Renda no día de onte co presidente Pablo Maseda e o Secretario Técnico Oscar González

1 de xul. de 2013

Nova Exhibición da sección de Atletismo en Medal(Navia) con Ana Vallines de protagonista!!!

Nova Exhibición das Escolas de Lourenzá e Mondoñedo na XIII Popular de Medal (Coaña) - Asturias onde Ana Vallines con 9 anos entrou na meta da carreira absoluta (6 kilómetros) como atleta mellor clasificada de todas as categorías femininas con un tempo de 26 minutos 15 segundos.
Ademáis, os restos de pódiums con trofeo foron para:
Iniciación Masculina: Manuel Rodríguez(prata), Fernando Vallines(bronce)
Benxamín Feminina: Ainara Rguez (ouro), Ana Vallines (bronce).
Alevín Feminina: Lidia Barreira(prata)
Alevín Maculina: Ilyass Khaled(ouro), Adnan Itrih(bronce)
Infantil Feminina: Xana Rguez(prata), Zhora Itrih(bronce)
Infantil Masculina: Aarón Rivas(ouro).

VER TODAS AS FOTOS DA CARREIRA DE MEDAL(COAÑA) - ASTURIAS

Ana Vallines  recolle o Trofeo doado polo Concello de Coaña á Campiona Absoluta Feminina

Saída Carreira Benxamín onde se impuxo Ainara Rguez(dorsal 16) sobre un percorrido de 240 mts.

As Escolas estrean Secretaría Técnica!!! Vamos Atleti!!!

Dende fai xa un mes a nova secretaría técnica das Escolas traballa na confección do equipo de 1ª autonómica para a vindeira temporada 2013-2014. Co directivo Oscar González á cabeza e secundado polos capitanes Iván Recalde, Montxo Seivane, Dani Rego e David Cabaleiro serán os encargados de levar a batuta do apartado deportivo do equipo.
Nos vindeiros días anunciarannos a incorporación do novo adestrador do equipo co que xa teñen un principio de acordo e faltan por ultimar os últimos flecos. No capítulo de xogadores, está renovada o 75% da plantilla do ano pasado.
Continúan un ano maís defendendo a camiseta do Atleti a día de hoxe os defensas  Lucas, Martín, Javi Chinchón, Brenan, Omar, Roi e Felipe. Os medios Miguel Ángel, Jorge, Iván Recalde, Dani Rego, Garrafín e Montxo así como os dianteiros Fran e Marcos e o porteiro Bugui. Causan baixa de momento Luís Varela, Oli e Emérito; éste último por pasarse á disciplina do Triatlon. Están pendentes de renovación os defensas Israel e Luchi así como o mellor porteiro da pasada temporada na categoría Rubén. As nova altas do equipo de momento son Chicho, un home da casa que procede do fútbol sala e que xa participou varias temporadas no equipo e Vinicius, centrocampista que procede do xuvenil.
Dende a Directiva das Escolas desexámoslle toda a sorte do mundo a esta nova Secretaría Técnica!!!
Forza Atleti!!!
Plantilla de 1ª Autonómica 2012/2013 no partido diante do Foz.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe