22 de set. de 2018

Presentada a sección de patinaxe das Escolas. Tania Irimia continúa un ano máis ó frente do proxecto!!!

Presentouse no día de hoxe a sección de patinaxe. No acto estivo presente a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e o noso presidente do clube D. Pablo Maseda.
Tania Irimia seguirá un ano máis capitaneando un proxecto co obxectivo de seguir formando as patinadoras que logo nos podan seguir representando nos distintos campionatos federados e exhibicións.
En principio intentarase adestrar os xoves con distintos grupos en horario de tarde e o grupo de maiores tamén algún sábado co fin de preparar as competicións oficiais.

12 de set. de 2018

O gran Migui, do equipo infantil; a probar sorte no Cd Lugo

Ó igual que o fixera o ano pasado o seu compañeiro Bruno Expósito que tamén continúa un ano máis no proxecto do Lugo, esta tempada probará sorte entre os mellores Miguel Rivas, que xogará a Liga Galega Infantil. A familia quixo agradecer o traballo de todos estes anos de formación das nosas Escolas dende a directiva ata o corpo técnico e nós desexámoslle que teña unha gran temporada e que disfrute deste deporte.
Continuamos así coa colaboración entre ambas entidades que continúan co convenio que se firmou fai dous anos. Na próxima pretemporada esperamos ademáis ver ó primer equipo do C.D. Lugo sobre o césped de Sta. Cruz disputando un amigable.
Moita sorte, campión!!! Vamos!!!

10 de set. de 2018

VAL DAS FABAS 2018!!! Abrimos Inscricións!!! A disfrutar!!!

Bueno. Aquí estamos!!! Este ano teremos como novedade clasificación por equipos!!!
ABRIMOS INSCRICIÓNS!!!
A disfrutar dunha das probas con máis sabor popular de Galicia!!!

Dobre debut con éxito en competición oficial das Ed Lourenzá Ciclismo Maderas Naciente: José Manuel López "A pega" campión Máster 50 no Desafío Tovar e Miguel Villalba hoxe na cronoescalada de Pontedeume (A Coruña)

Dobre debut da sección de ciclismo en competición no marxe de dous días.
Onte José Manuel López conseguía ganar a Cronoescalada Desafío Tovar - Cadeira na categoría Máster - 50 con un tempo de 19:26 sendo 16º da xeral final.
Ademáis, no día de hoxe desprazábase ata Pontedeume Miguel Villalba, participando na Cronoescalada a Breamo. Remataba nunha fantástica 8ª posición e un tempo de ascenso de 12:40.
Noraboa!!! Somos Lourenzá, Somos Deporte!!!


7 de set. de 2018

Socios 2018/2019. Entrega carnets a partir do vindeiro domingo. Os precios seguirán sen modificar por cuarto ano consecutivo

Xa sabedes que a nosa masa social é moi importante. Este ano seguirán manténdose os precios de socio por cuarto ano consecutivo, e queremos concienciar sobre todo ós pais e nais dos alumnos neste compromiso para chegar a ser 400, xa que actualmente somos 320!!!
A partir do vindeiro domingo entegaranse no campo de Sta. Cruz tanto os domiciliados como os que se abonan en man.
Os socios renóvanse automáticamente temporada tras temporada salvo que un membro solicite darse de baixa enviando un correo a escolaslourenza@gmail.com. A demostración de ser socio ben co carnet ou ben co recibo bancario do abono.
As cuotas seguen un ano máis: Socio normal 40 euros, socio protector adicado ás empresas 70 euros, socio familiar 60 e socio deportivo 60 euros.
Moitas gracias pola vosa colaboración. Somos Lourenzá, Somos Deporte.


5 de set. de 2018

Henar Méndez triunfa na Popular de Vimianzo(A Coruña) con Lourdes García(4ª) e o debut de Laura Pérez(6ª)

Coincidindo co Cto. Galego de 5000 participaban as nosas alevíns na popular de Vimianzo.
Triunfo unha máis para Henar Méndez que gañaba a proba con un rexistro de 2:29. 4º posto para Lourdes García e 6ª no seu debut para Laura Pérez.
A próxima cita da sección o vindeiro domingo correndo de novo na casa no Desafío Tovar - Cadeira.


1 de set. de 2018

Nace Ed Lourenzá Ciclismo Maderas Naciente. Nova Sección das Escolas. Noraboa a tod@s!!!

No día de onte quedou constituida unha nova sección dentro do organigrama das Escolas. Na asamblea  estivo presente o noso presidente do clube Pablo Maseda e decidiuse que a sección terá unha comisión xestora formada por 6 socios constituíntes e un coordinador deportivo que será Juan Luís Méndez. Acordouse nomear socio honorífico a José Manuel López Otero.
A sección nace aberta a todo o mundo que queira disfrutar do mundo da bici, do duatlon, do triatlon e do deporte en xeral. Correr, Nadar e Bici centrará os esforzos da nova sección.
Todos aqueles que queirades formar parte da mesma podedes solicitalo ó correo do clube escolaslourenza@gmail.com
A sección presentouse onte na Praza do Conde Santo e estivo acompañada polo tenente de Alcalde do Concello D. Manuel Arango e o Patrocinador principal da sección Maderas Naciente.
Os menores de 18 anos seguirán formando parte das Escolas coa súa cuota de alumno mentres que os maiores de 18 anos o farán como socio deportivo que pode ser normal ou familiar.
A nova sección centrarase en probas de ciclismo federadas así como marchas ciclistas de carretera e montaña, campionatos de duatlon na modalidade de sprint que tenen lugar en Galicia, Asturias e León así como no Triatlón e Pentatlon Moderno que contará tamén coa súa sección federada.
Unha boa noticia!!! Noraboa a tod@s!!!



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe