31 de ago. de 2018

Presentado o II Desafío Tovar - Cadeira!!! Lembrade que ata o martes 4 de setembro para inscribirse!!!

Tomando Tovar como epicentro, o vindeiro domingo 9 de setembro chegará a II edición do Desafío.
Coa presencia de D. Manuel Arango, primeiro tentente de Alcalde e Concelleiro de Cultura; así como D. César Lage, presidente do C.C. Viveiro, D. Pablo Maseda presidente das E.D. Lourenzá, D. Juan Luís Méndez coordinador da sección de EdLourenzá Ciclismo e D. José López Gavín como directivo do Atletismo Lourenzá; presentouse a II Edición do Desafío Tovar que inclúe esta edición unha marcha ciclista con cronoescalada final e unha carreira popular para menores e adultos.


As inscricións marchan a bon ritmo polo que teremos unha boa representación nas dúas modalidades e en todas as categorías, esperando sempre o tirón que terá lugar nos últimos días.
A marcha ciclista partirá da Praza do Concello ás 9,30 e espérase a súa chegada a Tovar ó redor das 13,00 horas; onde terá lugar a cronoescalada que fará as delicias de tod@s. E para estar entretidos, a partir das 10,30 teremos carreiras populares para menores e xa ás 11,30 partirá dende Tovar hacia A Cadeira a carreira absoluta de 4,5 kilómetros.

Teremos trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscribiran antes do xoves 30 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido, cronometraxe control de meta por championchipnorte, , servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual de accidentes, ambulancia en evento e vallas e senalización en todo o circuito.

Lembrade que para anotarse ata o martes 4 de setembro!!!






29 de ago. de 2018

Venres, 20,30 horas: Asamblea de socios adultos seccións ciclismo, duatlon e triatlon

O vindeiro venres día 31 de agosto teremos a primeira asamblea de socios para establecer o borrador de funcionamento da nova sección para que logo sexa rectificada e aprobada pola directiva das Escolas Deportivas.

Será ás 20,30 horas na Casa de Xuventude de Lourenzá (enfrente pavillón).
Rogamos que todos aqueles interesad@s neste proxecto acudades á cita para poder establecer e sentar unhas bases xenéricas coa participación dunha gran maioría. A nova sección centrarase en probas de ciclismo federadas así como marchas ciclistas de carretera e montaña, campionatos de duatlon na modalidade de sprint que tenen lugar en Galicia, Asturias e León así como no Triatlón que terá tamén a súa sección federada.

Ademáis, antes ás 20 horas na Praza do Concello preséntanse xa co novo patrocinador os deportistas que xa están formando parte da sección de Ed Lourenzá Ciclismo. Son os deportistas de ciclismo, duatlon e triatlon que están formando parte da sección.

Somos Lourenzá, Somos Deporte!!! Seguimos!!!


24 de ago. de 2018

Atletismo: O Maderas Barcia Lourenzá preséntase a velocidade de crucero!!! Go!!!

Na sede oficial do principal patrocinador de atletismo presentouse no día de onte a sección. Estivo presente a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López, o noso presidente D. Pablo Maseda e D. Javier Barcia, principal patrocinador por 5º ano consecutivo da sección.
Despois de realizar a presentación, os atletas realizaron xa o primeiro adestramento sobre o circuito da milla laurentina.
No plantel técnico tivemos total renovación. No fondo, medio fondo e saltos seguirán Juan Luís Méndez e Rubén G. Piñeiroa. Ismael Vallines no sector de lanzamentos e Olga Vicente nos valados.
As novas altas que queiran incorporarse terán ata finais de setembro, cubrindo a ficha online das escolas ou presencialmente no Concello de Lourenzá. Unha vez comence outubro, os equipos de atletismo quedarán prácticamente pechados.
Agora empezarán a coller a forma xa a partir deste vindeiro domingo coa milla de Lourenzá, ademáis de ter tamén como locais o 9 de setembro o Desafío Tovar e o 7 e Outubro a emblemática Val das Fabas.

23 de ago. de 2018

O Maderas Barcia Lourenzá, omnipresente en San Ramón Villalba, Nocturna Rinlo e Figueras Solidario!!!

Resultados máis destacados:
San Ramón Villalba:
Título para Ainara Rguez. en cadete e título para Iria Rguez. en alevín

Rinlo/Ribadeo:
Títulos para Iago Longarela e Sara Otero en benxamín, Subcampionatos para Pedro Moirón en prebenxamín, Lidia Balseiro en benxamín, Iria Otero infantil e Ana Vallines en cadete; e bronce para Ian Méndez en infantil masculino.

Figueras Solidario:
Titulo para Ángela Rguez. en benxamín, e bronces para Pedro Moirón en prebenxamín, Iago Longarela en benxamín e Valeria Álvarez en infantil.

Noraboa a tod@s os que estivestes presentes!!!
Lourenzá, Somos Deporte!!!

Legea seguirá como sponsor técnico das Escolas unha tempada máis!!! Todo a un só click!!!

A renovación de Legea como sponsor técnico é unha moi boa noticia para as nosas escolas.
Toda a roupa de complementos estará á vosa disposición con só pulsar un click no enlace:

ACCEDER A PLATAFORMA LEGEA - ED LOURENZÁ

Este vindeiro curso xa tedes á vosa disposición todos os complementos que precisedes: chándal, polo, parka, bolsa zapatillero oficial, chuvasqueiro, chándal junior, parka junior, mochila... e xa sabedes que pola compra dun pack teredes importantes descontos.
Como novedade aparece a Parka corta, que seguro fará as delicias de moitos de vós.

Lembrade que todo este suministro teredelo nos vosos domicilios en 48 horas dende o pedido, o que supón unha axilidade que buscamos dende o clube dende sempre e que con Legea está garantizado.

Así que nada, noraboa a ambas entidades e a seguir disfrutando co deporte!!!


22 de ago. de 2018

Proxecto de Basket Terras de Mariña Lourenzá presentado!!! Vamos!!!

Presentouse no día de hoxe o Terras da Mariña Lourenzá para a tempada 2018/2019. Os equipos mini, infantil e cadete levarán o nome un ano máis do patrocinador Terras da Mariña Lourenzá Sociedad Cooperativa Galega. No acto estivo unha vez máis a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e o noso presidente D. Pablo Maseda; así como Dª. Alba Rodil, D. Manuel Varela e D. José Cuadrado; representando ó Terras da Mariña.
Ó frente dos equipo Mini e Cadete estará Mariano de la Torre e o infantil será dirixido pola exxogadora de Nacional das Escolas Laura Fernández.
Iniciamos así un novo proxecto onde os equipos non están pechados.
Todas as rapazas que naceron entre os anos 2008 e 2003 aínda están a tempo de incorporarse ós equipos, que comenzarán a adestrar o vindeiro martes 2 de setembro!!!
O equipo mini competirá en deporte escolar mentres que o infantil e cadete sairán en Liga Provincial federada.
Somos Lourenzá, Somos Deporte!!


20 de ago. de 2018

Unhas das Escolas máis laureadas de Galicia abren prazo para anotarse: "As nosas, je,je...": Aberto Prazo Inscripción das XXIII Edición das Escolas Deportivas para a tempada 2018/2019!!!

Está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá ata o venres 28 de setembro. 
            A cuota é de 6 euros ó mes e podes elixir todos os deportes que desexes: Fútbol, Fútbol Sala, Baloncesto, Atletismo, Campo a Través, Duatlon, Patinaxe!!!   O abono farase mediante cargo bancario na conta que especifiquedes na ficha de inscripción no mes de outubro e as edades van dende a categoria pitufos ata xuvenil.

            Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debedes entregala no Concello de Lourenzá ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando.
           
Tamén poderedes facer a inscripción online, sen desprazamentos. Só tedes que cubrir o formulario que encontraredes en www.edlourenza.blogspot.com.es

            E lembrade que a roupa oficial do clube tamén está á vosa disposición a través da páxina das escolas:
             O pack de competición terá un coste de 70 euros (Plumífero, Chándal e Polo) para os alumn@s e soci@s das Escolas Deportivas . A maiores hai a opción de sudadera, chubasqueiro, camisetas adestramento, ….. e este ano tamén teremos Chaqueta corta; que seguro causará furor.... "Lourenzá, Somos Deporte"

19 de ago. de 2018

Debut histórico das nosas escolas nun Triatlón da man do super home Juan Luís Méndez no Triatlón de Ferrol cun 4º posto absoluto para o Maderas Naciente Lourenzá!!!

Un novo día histórico para as nosas Escolas no día de hoxe.
Debutamos nunha nova sección deportiva, na modalidade de Triatlon en Ferrol.
Juan Luís Méndez realizaba o primeiro sector de natación sobre unha distancia de 400 metros en 8:44 obtendo a posición 43. 10 kilómetros en ciclismo (21:56 - 8ª posición) para auparse na carreira de 2,5 kilómetros á 5ª posición.
Así rematou a proba en 40 minutos e 46 segundos, 18º da Xeral e 4º Absoluto!!!
Qué grande!!! Noraboa e a seguir!!!

17 de ago. de 2018

Lourdes García gana o Cros a Piantón alevín en Vegadeo e a súa compañeira Ana Vallines, Subcampiona Xuvenil.



Excelentes resultados das nosas balas na popular de Foz!!!

Acudíamos a Foz cunha boa representación, logrando subir ó pódium cos seguintes atletas:
Amina Bouyzar - 2ª Prebenxamín.
Lidia Balseiro - 2ª Benxamín Feminino
Pedro Moirón - Campión Prebenxamín
Henar Méndez - 2ª Alevin Feminino.
Lourdes García - Bronce Alevín Feminino 3
Iria Otero - 2ª Infantil Feminino.
Hiba Bouyzar - Bronce Cadete Feminino.
Pablo Irimia -  1 por equipos cos adultos de Atletismo Lourenzá.

16 de ago. de 2018

Nacho, nova incorporación para o Augacons Lourenzá. Hoxe debutará xa ás 21 horas en Riotorto nun novo amigable

Hoxe debutará a nova incorporación do Augacons Lourenzá para esta campaña. Trátase de Nacho, un mediocentro de 22 anos natural de Segovia.
Foi en Segovia onde fixo os seus primeiros pasos no mundo do fútbol chegando a militar en varios equipos de rexional; aínda que no último curso estivo inactivo xa que se dedicou á práctica do atletismo.
Nacho xa estará hoxe ás ordes de Diego Rego en Riotorto nun novo amigable do equipo que busca ir collendo o tono de cara ó inicio da competición ligueira.
Benvido, Nacho!!!
Oscar Glez. presentado a Nacho en Sta. Cruz

9 de ago. de 2018

Espectáculo deportivo na Benquerencia Terra e Mar cun público entregado onde logramos un total de 8 pódiums!!!

Aínda que tivemos unha gran e nutrida representación en todas as categorías, éstes son os atletas que se subiron ó caixón:
Pedro Moirón. Campión Prebenxamín Masculino.
Amina Bouyzar. Campiona Prebenxamín Feminino.
Iago Longarela. 3º Benxamín Masculino.
Lidia Balseiro. Campiona Benxamín Feminino.
Hugo López. 3º Alevín Masculino.
Henar Méndez. 2ª Alevín Feminino.
Lourdes García. 3ª Alevín Feminino.
Iria Otero. 3ª Infantil Feminino.
Pablo Irimia. Xuvenil Masculino.

Un ano máis estivemos na Milla de Ares!!! Título para Aarón Rivas e pódiums para Henar Méndez e Ana Vallines

Como ben sendo tradición nos últimos anos, o Maderas Barcia Lourenzá Mariña Luguesa estivo presente na Milla de Ares o pasado sábado.
Aarón Rivas conseguía o título na categoría xuvenil nos 1600 metros con un tempo estratosférico de 4,46.
Ademáis, subían ó caixón Henar Méndez(bronce alevín sobre 800 mts.) con un tempo de 3,04 e Ana Vallines facía o propio na cadete sobre 1600 con un 5,59.
Participaron ademáis na proba Pablo Irimia e Ian Méndez.

2 de ago. de 2018

A canteira toma o poder!!! Presentadas as Categorías Inferiores de Fútbol e Fútbol Sala!!!

Presentamos no día de onte os equipos de fútbol e fútbol sala para a tempada 2018/2019: Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil

No acto estivo presente a  nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e o noso presidente do clube D. Pablo Maseda así como os adestradores que formarán parte deste novo proxecto: Rubén G. Piñeiroa á fronte do benxamín, Eduardo Reigosa e Michael Sante co alevín e infantil, Adrián Huertas co fútbol cadete e Diego Rego no equipo xuvenil.
Este ano seguimos tendo o convenio co Mondoñedo Fc polo que os equipos benxamín e alevín estarán baixo o auspicio da entidade mindoniense e o  infantil, cadete e xuvenil da nosa.
En breve tamén informaremos dos patrocinios para este novo ano. 
Logo da foto oficial, os rapaces escoitaron atentos os mensaxes de ánimo da nosa alcaldesa e logo os adestradores marcaron cos rapaces as directrices para esta nova tempada.
Os equipos benxamín, alevín e infantil prácticamente están pechados e sí esperamos algunha incorporación máis no cadete e xuvenil.
Moita sorte!!! Vamos!!! Somos Lourenzá, Somos Deporte!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe