24 de xuño de 2013

Fco. Álvarez(14) e Javier Legide(16), impresionantes na XVI Clásica Vila das Pontes.

A sección de ciclismo deslumbrou na XVI Clásica Vila Das Pontes este pasado domingo día 23 de xuño. Paco(3,46,37-14º clasificado) e Javier(3,47,02 - 16º clasificado)  entraron entre os 20 primeiros do pelotón despois de percorrer 110 kilómetros e subida ó Alto do Caxado. Ademáis, tamén entraron nunha boa posición e por este orden Luís Cruña, José Antonio Glez, Felix Cabanas, Juan Ramón Sixto e Andrés Bajatierra. Ademáis, o noso "triatleta" e lateral do equipo de 1ª autonómica Emérito logrou o posto 32 con un tempo de 3:52.
Noraboa a todos!!!
ACCEDER A VER TODAS AS FOTOS


A armada de Atletismo toma Guitiriz na súa popular. Pinchar para Fotos.

Grandes resultados os acadados polos alumn@s das E.D. Lourenzá Mondoñedo na VIII Guitiriz Termal 2013 este pasado sábado día 22 de xuño.
Categoría Preb Masculino: Brais Díaz. (Prata).
Categoría Preb. Feminino: Carmen García. (Prata).
Categoría Bx. Masculino: Ayoub Khaled (Prata).
Categoría Av. Feminino: Ainara Rguez (Ouro), Ana Vallines(Prata), Claudia Graña(Bronce).
Categoría Infantil Feminino: Xana Rguez.(Bronce).
Categoría Infantil Masculino: Ilyass Khaled. (Bronce).
Ainara, Ana e Claudia conformaron o Pódium Av. Feminino!!!

21 de xuño de 2013

20 de xuño de 2013

O meta Rubén recibe o premio ó mellor porteiro do Once de Primeira Autonómica!!!

O meta Rubén recibirá dentro dunha hora o premio ó mellor porteiro do Once Ideal de 1ª Autonómica que entrega El Progreso. Rubén ve recoñecido así o seu traballo ó longo de toda a temporada dun trofeo que recibe por terceira vez na súa carreira deportiva. Esperemos que esto o anime a continuar con nós unha temporada máis.  Parabéns!!!
O meta Rubén antes dun partido en Anfield Cruz!!!

A programación non para a pesar da Clausura Oficial!!!

SÁBADO, 22 DE XUÑO:
19,00 - Carreira Popular Guitiriz.
Sección de Atletismo.

DOMINGO, 23 XUÑO:
10,00 - Desafío Fragas do Eume. As Pontes.
Sección de Ciclismo.

TORNEO FÚTBOL - 8 ALEVÍN.
O equipo alevín en Foz no Torneo Santiago de Foz.
(Todo o día).

Triunfos de Fernando e Iria na Popular de Valdepares. PINCHAR PARA ACCEDER A FOTOS!!!

A sección de Atletismo estivo o pasado domingo en Valdepares. Iria Rguez obtivo a victoria na categoría prebenxamín feminino e Fernando Vallines triunfou en Benxamín masculino. Ademáis, as habituais nos pódiums Ainara Rguez e Ana Vallines alcanzaron a prata e o bronce en Alevín Feminino. En Infantil Feminino Claudia Graña logrou a medalla de bronce.
Noraboa.
A sección de Atletismo desprázase este vindeiro sábado día 22 de xuño a Guitiriz!!! Moita sorte!!!
Os campións Fernando e Iria con sendo trofeos!!!

14 de xuño de 2013

A sección de Ciclismo, na Clásica dos Lagos de Covadonga, Vamos!!!

Os nosos rapaces da sección de Ciclismo participarán no día de mañá Sábado 15 de Xuño na Clásica dos Lagos de Covadonga. O equipo formado por Peixe, Luis, Felix, Andres, Diego, Longarela e Paco non o terán doado. Con un desnivel de 1200 metros a saída será de Cangas de Onís a partir das 9,00 horas. Enfrente: OS MÍTICOS LAGOS. 
Moita sorte!!!


11 de xuño de 2013

Vídeo de Ana Vallines gañando o Galego de 2000 m. lisos. Grande!!!


Fernando Vázquez poñerá o colofón á gran xornada de Clausura das E.D. Lourenzá Mondoñedo

SÁBADO, 15 DE XUÑO:
17,00 HORAS. PAVILLÓN MUNICIPAL LOURENZÁ
Exhibición de Patinaxe a cargo das alumn@s das Escolas.
19,30 horas. CONCELLO DE LOURENZÁ.
Recepción Oficial ó Equipo de 1ª Autonómica Feminina das E.D. Lourenzá con motivo do Ascenso a Liga Nacional.
20,30 horas. CASA DA XUVENTUDE CONCELLO DE MONDOÑEDO.
Charla Coloquio dos Nen@s da Escolas e Simpatizantes con Fernandez Vázquez, Adestrador do R.C. Deportivo da Coruña.
22,00 horas. PAVILLÓN VIÑAS DA VEIGA.
Comida de confraternidade para todos os participantes, directivos, famílias e amigos das E. Deportivas.
23,00 horas:
CLAUSURA OFICIAL
Entrega de premios e regalos  / Acto de clausura OFICIAL.
A partir das 23,30 horas:
BAILE
Baile e Fin de Festa co Grupo Vallibria.

O equipo alevín cae na Final da copa con orgullo!!!

Ó final o equipo alevín adestrado por Michael quedouse ás portas do título. Na final diante do Burela derrota por 4-1. Ó descanso chegamos en desventaxa 2-1, pero na segunda metade o Burela non perdou á contra as ocasións erradas polos nosos rapaces. A pesar desto, o equipo alevín firma unha enorme temporada. Noraboa!!!

FOTOS DA FINAL PAVILLÓN V. ALEGRE

                                    VÍDEO DO GOL DE IVÁN DIANTE DO BURELA

O Vindeiro Sábado 15 de Xuño, Exhibición de Patinaxe!!! 17,00 horas. Municipal de Lourenzá!!!

Despois de todo un ano traballando, a sección de patinaxe dirixida por Tania Irimia terá a súa exhibición o vindeiro sábado día 15 ás 17,00 horas no Pavillón de Lourenzá, coincidindo cos actos da xornada de Clausura da temporada 2012 - 2013. Non o podedes perder!!!

Juan Nécega será adestrador de Nacional!!!

Juan Nécega renova un ano maís polo equipo xa de Nacional Lourenzá Ensino para a vindeira temporada 2013/2014. 
No día de onte as directivas das E.D. Lourenzá así como do Ensino Lugo estudiaron a viabilidade do equipo de Nacional. A principal noticia a día de hoxe é que se todo marcha según o previsto Lourenzá ten un 80% de posibilidades de estar representada nas Comunidades Autónomas de Cantabria, Asturias, Castela León e Galicia para a vindeira temporada 2013/14. O prazo para depositar o Aval bancario así como a Inscripción do equipo terase que facer antes do 7 de Xullo nun importe ó redor de 3000 euros polo que se están estudiando varias vías de financiación. Ademáis Juan Nécega seguirá levando a batuta do equipo, polo que a partir de agora o seu esforzo estará encamiñado na renovación das xogadoras máis importantes da pasada campaña.
Emma Álvarez quixo agradecer o esforzo de ambas directivas nun proxecto que será o terceiro ano en común, e adiantou que a recepción oficial ó equipo  polo ascenso a Nacional será o Vindeiro sábado día 15 de Xuño ás 19,30 no Concello de Lourenzá no que estará toda a Corporación Municipal.
Cata, Paula e Emma con Juan Nécega na sala de trofeos das E.D. Lourenzá.

J. Manuel, de confimarse a noticia adestrará a un histórico: O Viveiro. Moitísima sorte!!!


"6 medallas de Futuro para la comarca". El Progreso.


9 de xuño de 2013

FOTOS DO HISTÓRICO GALEGO DE ATLETISMO!!!. Pinchar!!!

No título deixamos o enlace para acceder a ver todas fotos do histórico galego de atletismo do día de onte. Un adianto dos 5 medallistas: Recoñecemos que o Peluche coa bufanda do histórico Atleti nos deu sorte!!!



Histórico: 5 metais e 2 Campións no Galego de Atletismo!!!

Xornada histórica e para enmarcar a vivida onte en Vilagarcía de Arousa dos atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo. Admirados quedamos cando a mindoniense Ainara Rodríguez abría o camiño dos títulos galegos desta xeración o ano pasado en Ferrol no Campionato de 50 lisos; pero o de onte confirma o bo momento desta xeración de ouro: para enmarcar despois dos impresionantes resultados conseguidos que nos sitúan á par da élite galega!!!
Ana Vallines Fernández, CAMPIONA GALEGA DE 2000 METROS LISOS(AV. FEMININO).
Con un tempo de 7,41,59 (baixaba en 8 segundos a mellor marca persoal do ano) e ganaba o título autonómico a atleta de Sto. Tomé. Impresionante carreira na que mandou de principio a fin. 
Hugo Rodríguez Pardo, CAMPIÓN GALEGO DE PESO (AV. MASCULINO).
Con un lanzamento de 8,38 ganaba Hugo por segunda vez o título autonómico en peso sendo o único atleta que pasaba dos 8 metros. Hugo obtiña ademáis a 5ª posición en pelota con un lanzamento de 25,46.
Bruno Santos Díaz, SUBCAMPIÓN GALEGO DE PESO (AV. MASCULINO).
Gran traballo con un lanzamento de 7,46 que obtiña unha meritoria medalla de prata.
Adnan Itrih, SUBCAMPIÓN GALEGO DE PELOTA (AV. MASCULINO).
Lanzamento de 29,33 co que quedaba a escasos centímetros do ouro. Adnan era ademáis 7º en peso con unha marca de 6,60.
Ainara Rodríguez Ares, BRONCE EN 1000 (AV. FEMININO).
Na mellor carreira do campionato coas 5 mellores atletas do momento no medio fondo Ainara non defraudou e obtiña un meritorio bronce baixando en 4 segundos a súa mellor marca do ano con un tempo de 3,32,74. Ainara sería tamén a primeira da súa xeración, o 2003.
Ademáis, Aleix Díaz remataba en 7ª posición na final dos 500 lisos Alevín Masculino rebaixando en 3 segundos a súa mellor marca persoal con un tempo de 1,36,39; sendo ademáis o segundo da súa xeración de primeiro ano, o 2003. E para finalizar Julia Córdoba obtiña o posto 14 en Peso Alevín Feminino con un concurso de 5,29.
Agradecer dende a directiva o traballo realizado durante toda a temporada por estes atletas que nos enchen de orgullo e representan pola xeografía galega, acompañados dun grupo de pais e colaboradores que traballan semana a semana para que esto sexa posible, en especial a Marisa, Marcos, Jose e Ismael. Gracias e Noraboa!!!

7 de xuño de 2013

Domingo 9 de Xuño: Os Alevíns preparados para a Final!!!

O equipo de Michael xoga o vindeiro domingo día 9 a final de Fútbol Sala de A Mariña. Será no Vista Alegre diante do todopoderoso Burela ás 16:30 horas. Moita sorte, rapaces!!!. Vamos!!!

6 de xuño de 2013

A armada benxamín e alevín en marcha ó galego de atletismo!!!

O vindeiro sábado día 8 de xuño os atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo da categoría benxamín e alevín con marca entre os 16 mellores de Galicia estarán no Galego de Atletismo.
10:30 Julia Córdoba(Campiona Provincial) na Final de Lanzamento de Peso Alevín Feminino.
11,30 Hugo Rguez(Campión Provincial), Adnan Itrih e Bruno Santos na final de Lanzamento de Peso Alevín Masculino.
12,00 final de 500 metros lisos para Aleix Díaz en categoría Alevín Masculino. 
12,10: Ana Vallines na final de 2000 metros lisos, actual Campiona Provincial.
12,25: Hugo Rguez e Adnan Ithir na Final de Lanzamento de pelota Alevín Masculino.
13,00: Ainara Rguez. na final de 1000 m. lisos alevín feminino.
13,20: Diego Rguez. e Fernando Vallines na final de Peso Benxamín Masculino.
MOITA SORTE A TOD@S!!! VAMOS!!!

3 de xuño de 2013

Xa queda menos para a Gran Cea Baile de Clausura: 15 de Xuño. 22´00 horas!!!

A dúas semanas da gran cea baile que clausura as E.D. Lourenzá Mondoñedo parece ser que o pavillón Viñas da Veiga quedarase "pequeno" para a ocasión. Todos os alumn@s das Escolas están invitados á mesma, e todas as demáis persoas que queiran disfrutar da mesma poderán facelo recollendo tickets á venta por 6 euros que están en Lourenzá no Baos, Xiraldo, Ana Sport, Morrigan e Neli. Na clausura do ano pasado en Vilanova estivemos preto dos 200 comensais, e este ano que nos toca en Mondoñedo sobrepasaremos con moito esta cifra. O vindeiro mércores día 12 de xuño será o último no que se podan recoller as entradas. Moitas gracias pola vosa colaboración!!!


Paulo, xogador do equipo Infantil; de Noraboa!!!

O mediocentro do equipo infantil Paulo está de noraboa. No día de mañá, na gala do deporte lucense dos premios El Progreso e retransmitido por Telelugo recibe o premio ó mellor Xogador do 11 Infantil da Provincia de Lugo. Ademáis, o equipo Infantil recibirá o Trofeo como Subcampión de Liga. Parabéns!!!

Paulo, conducindo o balón diante dun xogador do Villalbés

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe