30 de xul. de 2017

Triunfou a Milla na súa I Edición e triunfou o espectáculo deportivo sobre o asfalto de Lourenzá.

Triunfou a Milla na súa I Edición e triunfou o espectáculo deportivo sobre o asfalto de Lourenzá. Esteban Iglesia(Lucus-4.43) e Ainara Rguez.(Maderas Barcia Lourenzá-6.09) estrean palmarés. Mil gracias e Noraboa a tod@s!!!.

Enlace resultados Milla. 1609 metros:
Enlace resultados menores por pódium


29 de xul. de 2017

Comenzou a festa do fútbol: Primeiros suores e churrascada con todos os seguidores!!! Presentado o Atleti 2017 2018. Construcciones Augacons un ano máis de referente como principal patrocinador do equipo!!!


Nun acto de presentación onde estivo a Alcaldesa de Lourenzá Rocío López, o Concelleiro de Deportes Fco. Dasilva e o noso presi Pablo Maseda así como moitos directivos e colaboradores, comenzou a posta a punto do Augacons Lourenzá para esta nova temporada 2017/2018.

A plantilla a día de hoxe:
Continúan:
O porteiro Bugui.
Os defensas Lucas, Bruno, Diego López, Omar, Roi, Carri e Suso Foro.
Os medios Garrafín, Jorge, Chicho, Noé, Pichi e Montxo.
Os dianteiros Manu Rguez., Recalde e Chinco.
Baixas confirmadas de Diego Rego(lóxicamente pasa ó banquillo), Felipe e Manu Pardo(por lesión).

Altas: 
Julio Pardo (porteiro procedente do xuvenil das Escolas)
Thiago ( dianteiro procedente do Alfoz)
 Antón ( xogador de banda procedente de Candelaria)                        
 E os xuvenís que farán a pretemporada co primeiro equipo son Luís, Manuel, David, Paulo e José Antonio.



24 de xul. de 2017

A era Diego Rego arranca este venres!!! 21:00 Horas (Foto Oficial) e 22:30, Churrascada Oficial!!!Adiantamos amigables!!! Vamos!!!

AMIGABLES CONFIRMADOS DO ATLETI:
Domingo 6 triangular con Alfoz e Mondoñedo en Alfoz
Domingo 13 recibimos á Pontenova (Sta Cruz)
Mércores 16 Lugo xuvenil  (Sta Cruz)
Mércores 23 Valadouro (Sta cruz)
Domingo 27 (Foz Trofeo C Santo)
Mercores 30 San ciprián (A Veiga)


19 de xul. de 2017

E no verán as Balas do Maderas Barcia Lourenzá acapararon en Foz na súa milla un total de 9 pódiums!!! Noraboa!!! Seguimos!!!

Bx Feminino: 1- Henar Méndez. 2- Adriana Martínez. 3- Emma García
Bx Masculino: 3- Iago Longarela.
Av. Feminino: 2- Iria Rguez. 3ª- Noa Valiña
Av. Masculino: 3º- Ian Méndez.
Inf. Feminino: 2ª- Carme Alonso. 3ª- Mariña Salvatierra
Ademáis Sara Otero impúxose na categoría non competitiva de Prebenxamín; e tamén estiveron na proba represetando as nosas cores Xabi Sordo, David e Fernando Díaz, Pablo Irimia, Iria Otero e Marta Alonso.
VER TODAS AS FOTOS

I Milla Popular: Mañá Xoves día 20 remata prazo para inscripción asegurada con camiseta!!! Inscripcións abertas ata martes 25 de xullo!!!

Lembrade que tal e como contempla o reglamento, as inscripcións para a I Milla Popular Concello de Lourenzá remata o MARTES 25 DE XULLO; aínda que os que queiran asegurarse a camiseta de regalo terán que facelo antes de mañá xoves día 20!!!
Non te quedes sen a túa camiseta técnica de regalo da I Edición!!! Para os que se anoten ata o Xoves día 20 ou ata fin de existencias!!!
ENLACE INSCRIPCIÓNS
Atentos!!!! Go!!!



13 de xul. de 2017

A túa páxina de reservas online de Pádel en Lourenzá: http://lourenza.pistas-online.com/

http://lourenza.pistas-online.com/
A partir de agora, e gracias á iniciativa da Concellería de Deportes do Concello de Lourenzá; solicitar pista de pádel en Lourenzá non pode ser máis doado.
Entrando en http://lourenza.pistas-online.com/ e despois dun intre para darse de alta como usuario, poderás reservar online directamente dende calquera dispositivo.

Dirección: http://lourenza.pistas-online.com/ (si entras desde un dispositivo móvil, envíate automáticamente á versión móbil)

Dirección versión móvil forzada: http://m.lourenza.pistas-online.com (se entras na versión móbil desde un ordenador)

Dirección versión clásica forzada: http://c.lourenza.pistas-online.com (se entras na versión clásica desde un móbil)

Na web lévase unha contabilidad persoal de cada usuario, e poden reservar de media hora en media hora. Lembrade que a taxa municipal por 1 hora e media son 4 euros que se aboan directamente por Tpv.
Unha vez reservada, pódese imprimir un xustificante de reserva ou presentar o mensaxe de reserva do correo electrónico no Torreón onde nos darán a chave de acceso á instalación.




Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe