10 de out. de 2019

III MILLA POPULAR CONCELLO DE LOURENZÁ. ABERTAS INSCRICIÓNS!!!

Por 3º Ano Consecutivo xa estamos aquí. Abertas inscricións:
https://championchipnorte.com/…/iii-milla-popular-urbana-co…
Unha das millas máis rápidas da Comunidade ...
Lembrade que decidimos as clasificacións finais do TOUR MARIÑA.
E Este ano, en EDICIÓN NOCTURNA!!!
Vamos!!!😀

4 de out. de 2019

Adiante á sección de Patinaxe!!! Presentada oficialmente!!!

Nun acto presidido pola nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e no que asistiron ademáis a nosa Concelleira de Deportes Dª. Sonia Gavino así como o noso presidente D. Pablo Maseda presentouse a nosa sección de patinaxe artístico.
Tania Irimia seguirá ó frente dun grupo onde as maiores nos últimos anos coparon os podiums provinciais.
O xoves pola tarde será o día de adestramento en varios turnos.
Se ainda te queres incorporar estás a tempo.
Enlace inscrición para novas altas:
http://www.tfaforms.com/346818


1 de out. de 2019

Monumental: 10 pódiums cos títulos de Lidia Balseiro e Henar Méndez. Pódiums ademáis para Aroa Ferreiro, Iago Longarela, Iria Rguez., Carmen García, Iria Otero, Anxo Edrosa, Marcos Rivas e Ana Vallines ademáis de moita representación en todas as categorías!!! Gracias a tod@s por facelo posible!!!


O Centro da Cooperativa Terras da Mariña acolleunos  para presentar a X Val das Fabas 2019!!! Ismael Vallines Blanco, padriño desta X Edición!!!

Nun acto presidido pola nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e no que estivo acompañada por Dª. Sonia Gavino (Concelleira de deportes)  D. Manuel Otero (responsable provincial da Secretaría xeral para o Deporte) D. Pablo Maseda (Presidente das Escolas Lourenzá), D. Juan Luís Méndez e D. Ismael Vallines Blanco (Adestradores Atletismo do clube) e  D. José Cuadrado Oural (responsable da Cooperativa Terras da Mariña)   presentamos a X Val das Fabas 2019!!!
Ademáis no día de onte fíxose público o padriño de honra desta nova X Edición: será Ismael Vallines, adestrador das Escolas e un colaborador aférrimo nestas 10 edicións da proba e do deporte de Lourenzá. Rendimos así un pequeno homenaxe a todos os  voluntari@s que ano tras ano nos axudan e fan que o deporte en Lourenzá medre e se consolide ano tras ano!!!

Lembrade que hoxe remata o prazo de inscrición (teremos inscricións presenciais o mesmo día a 10 euros) dunha das probas con máis sabor popular de Galicia, na que estaremos nos  300 participantes!!!
Que a disfrutedes!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe