27 de xuño de 2017

O prebenxamín Cervecería Abadía e o Benxamín Panadería Neli animaron coa súa calidade o Torneo Costa Nova de Foz. Sergio García, elexido mellor xogador!!!


Aleix Díaz e Ainara Rguez. estiveron nun novo control en Xixón!!!

Derradeira cita da temporada oficial en pista para Aleix a penúltima para Ainara o pasado fin de semana nas pistas das Mestas en Xixón.
Aleix participou nas duas distancias que máis practicou este ano, nun control en que competían conxuntamente as categorías Cadete a Senior.

En primeiro lugar foi o turno dos 100 m lisos, onde Aleix acadou a 3ª posición da sua serie, cun tempo de 12.74 seg, marca moi similar ó seu mellor rexistro.
Hora e media máis tarde era o turno dos 300 m lisos, onde Aleix acadaba a 5ª posición da serie cun tempo de 39.71 seg, rebaixando en 19 centésimas a sua mellor marca e quedando a pouco máis de 1 seg. de acada-la mínima para os campionatos nacionais.
Ainara Rodríguez competía nos 1000 lisos, aínda que por problemas físicos (unha lixeira sobrecarga) tivo que abandonar ós 800 metros cando marchaba nos postos de cabeza da proba. 
Ainara viaxa esta semana ó Campionato de España representando ó Maderas Barcia Lourenzá a Murcia onde competirá o sábado 1 de xullo nos 1000 lisos, aínda que tamén tiña marca en 600. A proba semifinal de 1000 lisos comenzará ás 21:00 horas
Moita sorte Ainara e Noraboa a ambos pola temporada realizada!!!



Xana Rodríguez imponse na Chandrexa Trail da Copa Cadete de Montaña e Cristian Piñeiro, subcampión!!!. Ademáis, Pablo Irimia entrou de 5º Clasificado

Chandrexa de Queixa Trail 2017. Proba puntuable para a Copa Galega Cadete de Montaña!!
Nova exhibición dos nosos pupilos do Maderas Barcia Lourenzá.
Con 7 km con 450 positivos 450 negativos de desnivel, Xana Rguez. lograba entrar de 2ª da clasificación xeral e Campiona Cadete, polo que sigue liderando a Copa Galega Cadete de montaña.
Cristian entrou 3º da xeral pero 2º cadete, polo que se mantén como 2º clasificado na clasificación xeral de Copa Galega. Pola súa parte Pablo Irimia entraba 5º clasificado e mantense na xeral como 4º clasificado.
Noraboa, Máquinas!!!


               

As Balas do Maderas Barcia Lourenzá cargaron de "trofeazos" en Medal(Coaña) 2017!!! Triunfos para Henar, Noa, Ian e Mariña con 9 pódiums en total!!!

Clasificación por pódiums dos nosos representantes:
Benxamín Feminino:
1- Henar Méndez. 3- Emma García.
Benxamín Masculino:
2- Xabi Sordo.
Alevín Feminino:
1- Noa Valiña. 3 - Carmen García.
Alevín Masculino:
1- Ian Méndez
Infantil Feminino:
1- Mariña Salvatierra. 2 - Uxía Salvatierra.
Infantil Masculino:
3- Samuel Debasa.

Ademáis tivemos unha gran actuación nas diferentes categorías de:
Carlota Menéndez, David e Fernando Díaz, Marcos Graña, Andrea García e Aarón Millares


22 de xuño de 2017

Ainara Rodríguez vence no III Memorial Ana Domínguez no día de onte en Bastiagueiro

No día de onte impoñíase Ainara nos 1000 lisos no III Memorial Ana Domínguez con un tempo de 3,05,85; seguida por Noelia Sánchez(Friol) con 3,06,31 e Ainhoa Rguez(Beade) con 3,09,19.
Ademáis, o martes vencía Ainara tamén nos 1000 lisos en Lugo nas II Xornadas da Copa Deputación de Lugo con 3,10,74.
O vindeiro fin de semana competirá de novo nun control de marcas en Asturias. E xa a vindeira semana desprazarase a Murcia (1 de xullo) para participar no Campionato de España cadete, na proba de 600 ou de 1000 lisos.

Sta. Cruz volverá a ser unha alfombra na vindeira temporada 2017 2018!!!

Persoal da directiva das Escolas, xogadores do 1º equipo do clube e a colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Lourenzá: 3 mimbres sinónimo de triunfo.
O resultado, o arranxo dos accesos ó campo, rexeneración do céspede, pintado de banquillos, arranxo de vestiarios, bar. .... Todo para que a Sta. Cruz brille de novo como un dos mellores terreos de xogo da provincia na vindeira temporada 2016 2017.
Noraboa a Tod@s!!! Somos únicos!!!



As guerreiras do Terras da Mariña Lourenzá, a divertirse ó Torneo de Basket de Cangas de Narcea.

Horarios de Competición:

Venres: 13´00 horas con Navia.
Sábado: 12,00 horas con Olímpico64 de Madrid
Sábado: 22,00 horas con Pío XII de Santiago


20 de xuño de 2017

Iria Rodríguez imponse disfrutando no Trail de Berducedo (Asturias)!!!



Leo Nonide disfrutou do Trail das Fragas do Eume para categoría Infantil!!!


Ainara Rguez. imponse no 600 lisos (1,40,70) o pasado sábado nun día de inmenso calor en Lugo!!!


9 títulos na Popular de Sante e un total de 14 Trofeazos para as Balas o pasado sábado en Trabada!!!

Chupetines Masculino:
1- Unai Díaz. 7- Alex Longarela. 8- Fernando Díaz.
Chupetines Feminino:
1- Carlota Menéndez.
Prebenxamín Masculino:
1- Pedro Moirón. 4- David Díaz.
Prebenxamín Feminino:
1- Sara Otero.
Benxamín Masculino:
1- Iago Longarela.
Benxamín Feminino:
1- Henar Méndez.
2- Adriana Rebolo.
3- Emma García.
Alevín Masculino:
1- Ian Méndez.
Alevín Feminino:
1- Noa Valiña. 2- Carmen García. 4- Uma Córdoba.
Infantil Feminino:
1- Carme Alonso. 2- Marta Alonso
Junior Masculino:
2- Cristian Piñeiro.

F8 Alevín. O Muebles Huertas, Subcampión de copa Provincial na final da Marosa diante do Lugo (5/1). Temporada para enmarcar!!!



15 de xuño de 2017

F8 Alevín: O Muebles Huertas cítase diante dunha nova Final: Sábado, 11,30 Horas. A Marosa Burela. Final Copa Deputación: MUEBLES HUERTAS - C.D. LUGO. Vamos!!!


Diego Rego é o elixido!!! Dirixirá ó Augacons Lourenzá en Segunda Autonómica a vindeira tempada. Agradecementos a Edu pola súa gran labor!!!

Por motivos laborais Edu non seguirá ó fronte do Atleti unha temporada máis. Agradecer o seu traballo este curso e do seu axudante Bebo  no que o equipo foi de menos a máis rematando como 3º clasificado e disputando as semifinais de copa provincial nos últimos meses.
Toma o relevo un home da casa, Diego Rego.
Diego realizou esta campaña unha gran temporada ó fronte do equipo xuvenil. Seguirá co equipo xuvenil unha temporada máis e dirixirá tamén ó primeiro equipo da Sta. Cruz.
Agora a prioridade será a de renovar á totalidade da plantilla para intentar un ano máis o salto de categoría. Ademáis estudianse un par de reforzos para apuntalar o equipo.
Moita sorte, Diego nesta nova andaina!!!  Vamos!!!


12 de xuño de 2017

Todos os resultados e Fotos Galego de Atletismo de Menores. Vigo.

VER TODAS AS FOTOS

VER TODOS OS RESULTADOS DAS BALAS


Iria Rodríguez Ares. Sucampiona Galega de 1000 lisos alevín Campionato Autonómico Atletismo Aire Libe. Vigo. Temporada 2016/2017


Fernando Vallines Fernández. Medalla de bronce Infantil en peso Campionato Autonómico Atletismo Aire Libe. Vigo. Temporada 2016/2017


Carlos Docampo Iglesia. Campión Galego Salto de Altura Benxamín Campionato Autonómico Atletismo Aire Libe. Vigo. Temporada 2016/2017


Carmen García Vázquez. Medalla de Bronce Salto de Altura Alevín Campionato Autonómico Atletismo Aire Libe. Vigo. Temporada 2016/2017


F8 Prebenxamín. Cervecería Abadía. Campión Copa Provincial Temporada 2016 2017. Noraboa!!! Seguimos!!!



9 de xuño de 2017

Os alevíns empatan en Lugo e clasifícanse para a final de Copa Provincial: Ferroviaria 1, M. Huertas 1. (Miguel)


Ainara Rodríguez, Mínima Nacional en 600 lisos para o Campionato de España (1,39,60) agora mesmo en Bastiagueiro (A Coruña)

"El que la sigue la consigue". Ese é o lema a aplicar en Ainara Rguez. Ares.
Estaba preparada e algún día tiña que caer, e tiña que ser un venres 9 de xuño e nun día de intenso calor nas pistas de Bastiagueiro.
Salía Ainara Rguez. coa axuda para tirar de Carmen Victoria do Franciscanos no primeiro 300. E a xogada saíu redonda. Marca mínima da bala do Maderas Barcia Lourenzá Ainara Rguez. con 1,39,60 ( a mínima esixida era 1,41,00) e marca mínima tamén de Silvia López(Franciscanos) con 1,40,88.
Agora esperanos o primeiro fin de semana de xullo o Nacional en Murcia, onde Ainara ten marca agora mesmo en 1000 e tamén en 600.
Noraboa!! Seguimos!!!



8 de xuño de 2017

Rebeca e Mencía, do Terras da Mariña Lourenzá de basket infantil; Premiadas no 5 ideal da provincia nos premios Líder da Voz de Galicia. Qué Grandes!! Noraboa!!!



A final de copa do Prebenxamín Cervecería Abadía con Piringalla. Domingo. Municipal de Becerreá. 12,30 horas. Vamos!!!


17 Balas do Maderas Barcia Lourenzá son elexidas para o Campionato Autonómico de menores que terá lugar en Vigo(Balaídos) o vindeiro domingo 11 de Xuño! Ahí Vamos! Go!!!

Os elexidos:
Benxamín:
Carlos Docampo a Altura e a Lonxitude
Pablo Reigosa a Lonxitude e a Altura
Izan Rivas a Lonxitude e a 50 lisos
Emma Garcia a Pelota
Henar Méndez a 500 lisos e lonxitude

Alevín:
Brais Díaz a peso e xabalina
David Martínez a altura
Ian Méndez a 2000
Iria Rodríguez a 500
Noa Valiña a altura
Carmen García a altura e 2000
Alicia Fdez.(vinculada Xove) a peso

Infantil:
Fer Vallines a xabalina e peso
Carme Alonso a 3000
Marta Alonso a obstáculos
Uxía Salvatierra a obstáculos
Mariña Salvatierra a 1000 lisos

2 de xuño de 2017

Vamos que non paramos!!! Programación

SÁBADO, 3 XUÑO.
12,30/C. ABADÍA - LUGO E
FÚTBOL 8 PREBENXAMÍN
VIÑAS DA VEIGA
16,00/M. HUERTAS - FERROVIARIA
FÚTBOL 8 ALEVÍN
VIÑAS DA VEIGA
18,00/KEDADA ATLETISMO TOVAR
SECCIÓN ATLETISMO
PAZO DE TOVAR
DOMINGO, 4 XUÑO
11,00/CTO. GALEGO ATLETISMO
CADETE E XUVENIL
A MALATA. FERROL
17,00/PONTENOVA - AUGACONS L.
SEMIS COPA DEPUTACIÓN
A MINA.A PONTENOVA
TODO O DÍA.
TORNEO ALEVÍN CEDEIRA
F8 ALEVÍN


1 de xuño de 2017

8 elexidos para a gloria!!! Cto. Galego Cadete e Xuvenil de Atletismo!!! Ferrol(A Malata). Domingo 4 xuño. Go!!!

8 atletas do Maderas Barcia Lourenzá representarannos o vindeiro domingo nas pistas de A Malata(Ferrol) no Campionato Autonómico ó Aire Libre.
Os elexidos:
Ainhoa López. Estará nos 100 valados e no triple salto. En 100 parte coa 12ª mellor marca e en triple coa 17ª.
Ainara Rguez. Representaranos no 100 lisos na que estará coa 7ª mellor marca da temporada e nos 300 lisos coa 3ª mellor marca do ano.
Ana Vallines. Parte coa 13ª marca en 1000 lisos e tamén está clasificada para o salto de altura coa 6ª mellor marca.
María Vallines. Parte para o lanzamento de martelo coa 8ª marca do ránking.
Aleix Díaz. Estará nos 100 lisos coa 10ª mellor marca en parrilla e en 300 lisos no que está de 4º do ránking.
Claudia Graña. Nos 100 valados parte de 14ª mellor marca e no triple salto de 16ª.
Lidia Barreira. El altura está de 4ª e en triple intentará sorprender aínda que arranca coa 8ª marca do ano.
Diego Fdez(vinculado Xove). Nos 100 valados estará coa 9ª marca do ano e nos 300 está de 5º.

Ainara Rguez. recollendo o premio á mellor atleta da temporada o pasado sábado

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe