31 de ago. de 2018

Presentado o II Desafío Tovar - Cadeira!!! Lembrade que ata o martes 4 de setembro para inscribirse!!!

Tomando Tovar como epicentro, o vindeiro domingo 9 de setembro chegará a II edición do Desafío.
Coa presencia de D. Manuel Arango, primeiro tentente de Alcalde e Concelleiro de Cultura; así como D. César Lage, presidente do C.C. Viveiro, D. Pablo Maseda presidente das E.D. Lourenzá, D. Juan Luís Méndez coordinador da sección de EdLourenzá Ciclismo e D. José López Gavín como directivo do Atletismo Lourenzá; presentouse a II Edición do Desafío Tovar que inclúe esta edición unha marcha ciclista con cronoescalada final e unha carreira popular para menores e adultos.


As inscricións marchan a bon ritmo polo que teremos unha boa representación nas dúas modalidades e en todas as categorías, esperando sempre o tirón que terá lugar nos últimos días.
A marcha ciclista partirá da Praza do Concello ás 9,30 e espérase a súa chegada a Tovar ó redor das 13,00 horas; onde terá lugar a cronoescalada que fará as delicias de tod@s. E para estar entretidos, a partir das 10,30 teremos carreiras populares para menores e xa ás 11,30 partirá dende Tovar hacia A Cadeira a carreira absoluta de 4,5 kilómetros.

Teremos trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscribiran antes do xoves 30 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido, cronometraxe control de meta por championchipnorte, , servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual de accidentes, ambulancia en evento e vallas e senalización en todo o circuito.

Lembrade que para anotarse ata o martes 4 de setembro!!!






Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe