Amosando publicacións coa etiqueta Triatlon. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Triatlon. Amosar todas as publicacións

4 de xuño de 2019

Anxo Edrosa subo ó pódium no seu debut no Triatlon. Bronce no Triatlon de Luarca. Ademáis, participou o noso míster Juan Luís Méndez

Anxo e Juan representáronnos este pasado domingo no Triatlon de Luarca. A proba consistía en nadar 750 metros, 20 en bici e 5 kilómetros a pé.
Anxo Edrosa lograba subir ó caixón como 3º clasificado na categoría cadete. Nadando invertía 15,42 - Sector Bici 38,19 - 5 kms. a pé 22,40.
Pola súa parte Juan completaba o seu primeiro triatlon do ano no posto 39. Nadando invertía 16,20 - Sector Bici 37,40 - 5 kms. a pé 19,41.
Noraboa!!! A seguir!!!

26 de mar. de 2019

Grandes resultados da expedición de Duatlon en Vilalba con Fabián Otero campión e Henar Méndez como subcampiona.

Cadro resumo de resultados.
Benxamín Masculino:
Fabián Otero - 1º con 9,18. Borja Nogueira - 5º con 10,23. Iago Longarela - 6º con 10,26. Sergio García 13º con 11,00. Alex Santor 14º con 11,01 e Samu Sanjurjo 19º con 13,45.

Benxamín Feminino:
Lidia Balseiro - 4ª con 10,43.

Alevín Feminino:
Henar Méndez - 2ª con 16,28.

Infantil Masculino:
Ian Méndez. 4º con 21,37.
David Martínez. 7º con 22,55.

Cadete Masculino:
Anxo Edrosa - 7º con 27,04.
Marcos Rivas - 9º con 28,04.
Samu Debasa - 10º con 28,15.

11 de mar. de 2019

Anxo Edrosa protagonista no II Duatlon Cidade de Oviedo(modalidade open) accedendo ó pódium co metal de bronce. Representáronnos tamén Samu Debasa e o noso míster Rubén G. Piñeiroa.

Triunfou Anxo Edrosa na cita nacional ovetense o pasado domingo.
Anxo remataba na 3ª posición cadete, realizando un tempo de 1 hora e 21 minutos e 25 segundos logo de percorrer 5 kilómetros correndo(21:18), 20 en bicicleta(46:02) e 2,5 correndo (12,51).
Ademáis estiveron con él Samu Debasa (5º cadete) con 1 hora,26 minutos e 50 segundos invertidos correndo en 23:14, bici en 48:57 e volta a correr en 13:25.
Rubén remataba na posición 37 veterano 1, con 1 hora e 18 minutos. 19:48 correndo, 46:17 en bici e 11:37 na última transición correndo.
Anxo: "Para empezar no duatlón este ano estou indo con moi bon pé. Esta proba non foi nada doada. O terceiro posto conseguino gracias á bicicleta con un circuito duro como a min me gusta".


29 de ago. de 2018

Venres, 20,30 horas: Asamblea de socios adultos seccións ciclismo, duatlon e triatlon

O vindeiro venres día 31 de agosto teremos a primeira asamblea de socios para establecer o borrador de funcionamento da nova sección para que logo sexa rectificada e aprobada pola directiva das Escolas Deportivas.

Será ás 20,30 horas na Casa de Xuventude de Lourenzá (enfrente pavillón).
Rogamos que todos aqueles interesad@s neste proxecto acudades á cita para poder establecer e sentar unhas bases xenéricas coa participación dunha gran maioría. A nova sección centrarase en probas de ciclismo federadas así como marchas ciclistas de carretera e montaña, campionatos de duatlon na modalidade de sprint que tenen lugar en Galicia, Asturias e León así como no Triatlón que terá tamén a súa sección federada.

Ademáis, antes ás 20 horas na Praza do Concello preséntanse xa co novo patrocinador os deportistas que xa están formando parte da sección de Ed Lourenzá Ciclismo. Son os deportistas de ciclismo, duatlon e triatlon que están formando parte da sección.

Somos Lourenzá, Somos Deporte!!! Seguimos!!!


19 de ago. de 2018

Debut histórico das nosas escolas nun Triatlón da man do super home Juan Luís Méndez no Triatlón de Ferrol cun 4º posto absoluto para o Maderas Naciente Lourenzá!!!

Un novo día histórico para as nosas Escolas no día de hoxe.
Debutamos nunha nova sección deportiva, na modalidade de Triatlon en Ferrol.
Juan Luís Méndez realizaba o primeiro sector de natación sobre unha distancia de 400 metros en 8:44 obtendo a posición 43. 10 kilómetros en ciclismo (21:56 - 8ª posición) para auparse na carreira de 2,5 kilómetros á 5ª posición.
Así rematou a proba en 40 minutos e 46 segundos, 18º da Xeral e 4º Absoluto!!!
Qué grande!!! Noraboa e a seguir!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe