27 de xuño de 2018

6 artistas do Maderas Barcia Lourenzá Mariña Luguesa representáronnos con éxito nos 10 kms. da 1ª Vía Verde da Pontenova

Non podíamos perdernos a homenaxe a Tito Margaride na 1ª Vía Verde do Eo.
Participábamos con 6 atletas das cales 5 subiron ó pódium.
Dase a casualidade que na categoría cadete Carme Alonso, Uxía Salvatierra, Mariña Salvatierra e Ana Vallines entraban xuntas en meta no mesmo tempo, en 59 minutos; polo que as 4 subían ó pódium. Ademáis en cadete competía Marta Alonso con un tempo de 1.01 sendo 5ª clasificada.
E na categoría xuvenil triunfo para Mª José Barbosa con unha marca de 1,01.
Noraboa. Seguimos!!!

Os cadetes do Ramsei, Sucampión do Torneo Novas Promesas de Fútbol 7 en Dumbría (Corcubión)!!!

Os discípulos de Eduardo Iglesias proclamáronse este pasado fin de semana Subcampións Do Torneo Novas Promesas disputado na Costa da Morte, máis concretamente en Corcubión.
Despois de quedar primeiros na fase de grupos, xogaron as semifinais con Dumbría ó que derrotaron por 6 a 2. Na final, despois de facer méritos suficientes para ganar, caimos polo resultado axustado de 3 a 2.
Noraboa. Seguimos!!!

20 de xuño de 2018

Os xogadores do Atleti sorprenden no Trail Fragas do Eume!!! Ademáis, triunfos nas categorías menores de Iria Otero e Manu Rguez.

Este pasado domingo tamén tivemos representación no prestixioso e vistoso Trail das Fragas do Eume.
Os Xogadores do Augacons Lourenzá Noé, Recalde, Garrafín, Montxo e Roi deixaron por un momento as botas de fútbol para probar fortuna na modalidade de trail corto.
Todos finalizaron con grandes resultados a proba, destacando a posición 21 de Roi e o posto 26 de Montxo.
Ademáis no Trail de Menores vencían Manu Rguez. en categoría masculina e Iria Otero no apartado feminino.
Noraboa a tod@s!!! Seguimos!!!



Éxito total da sección de patinaxe no Festival de Clausura do curso académico!!!

O pasado domingo tivemos o festival de patinaxe onde actuaron todos os alumn@s da sección de patinaxe así como patinadores da escola de Mondoñedo.
Foron un total de 18 coreografías que fixeron as delicias dun público que abarrotou o pavillón municipal, onde se puideron visualizar tamén os números cos que nos proclamamos no mes de maio campións provinciais na modalidade de grupos en primaria e secundaria.
Na clausura oficial e entrega de premios estiveron presentes a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López que agradeceu o traballo e constancia da sección para mellorar e sorprender continuamente así como o presidente do clube D. Pablo Maseda.
Noraboa a tod@s!!! Seguimos!!!

19 de xuño de 2018

Qué ben o pasamos este pasado domingo na Carreira das Praias 2018!!! Ata practicamos Natación!!! A seguir disfrutando!!!

Resultados nas carreiras competitivas:
Bx. Masculino: 1- Iago Longarela, 3- Luís Berdeal
Bx. Feminino: 2- Sara Otero, 3- Lidia Balseiro
Av. Masculino: 1- Carlos Docampo
Av. Feminino: 2- Henar Méndez. 3- Lourdes García
Infantil Masculino: 1- Ian Méndez
Infantil Feminino: 2- Carmen García. 3- Cecilia Gómez
Cadete Masculino: 2- Samuel Debasa
Cadete Feminino: 2- Mariña Salvatierra. 3- Uxía Salvatierra.
Ademáis estiveron representándonos Unai, Lucas, Emma, Andrea, Carlota, Noa, Pedro, Roi, Daniela, Javier, Aroa, Borja, Inés, Alex, Marta, Carme, Rubén e Manuela.
Noraboa. Somos bárbaros!!!

Disfrutamos dunha nova edición da Popular de Sante. Múltiples triunfos en todas as Categorías e premio ó clube máis numeroso. Noraboa. Seguimos!!!

Sante 2018:
Pitufos Feminino: 2- Daniela De La Plaza.
Pitufos Masculino: 1 - Lucas Cabarcos.
Prebenxamín Feminino: 1 - Carlota Menéndez.
Prebenxamín Masculino: 1 - Pedro Moirón.
Benxamín Feminino: 1- Sara Otero. 2- Manuela Lastra. 3- Aroa Ferreiro
Benxamín Masculino: 1- Iago Longarela. 3- Luís Berdeal
Alevín Feminino: 1- Lourdes García. 3- Emma García
Infantil Feminino: 1- Carmen García
Ademáis participaron  con bos resultados  Javi Ferreiro, Unai Díaz, Borja Nogueira, Roi De La Plaza e Alex Longarela.

Gran Actuación de Ainara Rodríguez en Avilés no Cto. De España de Seleccións Autonómicas!!!

Representounos Ainara o pasado fin de semana no Cto. de España de Seleccións Autonómicas con Galicia.
Nos 600 lisos lograba ser 6ª de España con un tempo de 1,38,90; o que supón a mellor marca ó aire libre da tempada e a segunda mellor do ano.
Contribuía así Ainara Rguez. ó Quinto posto final de Galicia no Campionato de España.
Agora a atleta centrarase no Campionato de España Individual que terá lugar o 30 de xuño en Castellón.
Ademáis tamén tivemos ó atleta formado nas nosas Escolas Aleix Díaz, que alcanzou o bronce nos relevos 4*300.
Noraboa a ambos pola experiencia vivida!!! Seguimos!!!



11 de xuño de 2018

Impresionante broche de ouro ó Galego de menores: 4 Títulos Autonómicos (Pablo Reigosa pelota, Iria Rguez. 1000, Fer Vallines peso e Manu Rguez. 2000; 2 subcampionatos(Sergio García en pelota e Manu Rguez. en triple) e un bronce para Sergio García en peso!!! HISTÓRICO!!!

A actuación das nosas balas, que firmaron unha nova xornada antolóxica:
ALEVÍN:
Carlos Docampo: 500. 5º con 1,30,13. Altura: 1,22(6º).
Pablo Reigosa: Lonxitude (15º con 3,22). Pelota: Campión autonómico (31,93)
Iria Rguez.:Campiona autonómica en 1000 (3,24,03)
Henar Méndez: 9ª en 2000 con 7,56,10
Lourdes García:15ª en 2000 con 8,27,27.

BENXAMÍN:
Iago Longarela: 8º en lonxitude (3,31)
Rubén Ferreira:8º en altura(1,01)  e lonxitude 12º (3,14)
Sergio García: Subcampión autonómico en peso(8,36) e bronce en pelota(8,36)
Ángela Rguez.: 4ª en 500(1,42,46) e 11ª en 50(8,78)
Sheila López: 15ª en 500(1,54,71)
Lidia Balseiro:11ª en 1000(6,46,01)
Manuela Lastra: 11ª en marcha(6,46,01)

INFANTIL:
Fer Vallines: Campión autonómico en peso(12,46) e 4º en xabalina(28,14)
Manuel Rugez: Campión autonómico en 2000(6,31,21) e Sucampión en triple(10,21)
Ian Méndez: 13º en  2000(7,22,03)
Iria Otero:7ª en  2000(7,46,31)
Carmen García:14ª en altura(1,24)

8 de xuño de 2018

O espectáculo da II Milla Urbana Concello de Lourenzá abre o telón!!! 26 de Agosto !!! Todos a disfrutar!!! Abertas Inscricións!!!

Despois do espectáculo vivido o ano pasado coa nosa primeira edición, xa temos aquí a II Milla Urbana Popular Concello de Lourenzá que volverá a vestir as rúas de Lourenzá de deporte.
En plena temporada estival, o domingo 26 de Agosto durante toda a mañá sucederanse carreiras que enmarcan a todas as categorías (dende pitufos ata veteráns) para que todo o mundo poda participar e disfrutar!!!


Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscriban antes do xoves 23 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido,  bolsa de avituallamento individual, cronometraxe control de meta por championchipnorte,  cronómetro xigante en meta, vídeo chegada en línea de meta, servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual de accidentes, ambulancia en evento e vallas e senalización en todo o circuito.

A organización correrá un ano mái a cargo do Concello de Lourenzá e contará co apoio das Escolas Deportivas e do Clube Atletismo Lourenzá. Nos vindeiros días iremos dando a coñecer máis colaboradores e patrocinadores.



6 de xuño de 2018

18 Admitidos no Galego de Menores Atletismo para Pontevedra 9 de Xuño!!! Vamos!!! Seguimos de récord!!!

18 balas estarán representándonos o vindeiro sábado 9 de xuño no Cto. Galego de Atletismo para categorías menores:
Ésta é a nosa armada invencible:
ALEVÍN:
Carlos: 500 e  altura. Hugo: lonxitude e 2000. Pablo: Lonxitude e pelota. Iria: 1000. Noa: altura. Henar: 2000. Lourdes: 2000.
BENXAMÍN:
Longarela: lonxitude. Rubén: altura e lonxitude.  Sergio: peso e pelota. Ángela: 500 e 50.  Sheila:500. Lidia:1000 Manuela:marcha.
INFANTIL:
Fer:peso e jabalina. Manuel : triple e 2000. Ian 2000.. Iria: 2000 Carmen: altura
Moita sorte, rapac@s!!! A disfrutar!!!

5 de xuño de 2018

Ian Méndez, subcampión da Milla Atlántica de Ferrol. Ademáis, Henar bronce en alevín feminino

Participábamos o pasado sábado na Milla Atlántica de Ferrol con unhos excelentes resultados de novo, logrando dous pódiums de dous atletas presentados.
Ian Méndez lograba o segundo posto na categoría infantil tras un percorrido de 700 metros con un tempo de 3,22; entrando por detrás de Ricado Boquete (Ría Ferrol) e por diante de Joel Novo(Tirso de Molina).
Pola súa parte Henar Méndez lograba o bronce con un tempo de 2,56 na proba de 500 mts.; e compartía podíum con Alba Pena(Narón) e Aroa Glez(Fene).
Ademáis o noso míster Juan Luís Méndez realizaba unha gran actuación na milla absoluta, sendo 10º da xeral absoluta e 7º da súa categoría con un tempo de 6,07 a un ritmo o kilómetro de 3,18.

A gran Xana Rodríguez, Campiona Galega de Montaña Junior en Lalín!!! Noraboa, grande!!! Seguimos!!!

O Maderas Barcia Lourenzá Mariña Luguesa renova o título autonómico en categoría junior nas carreiras de montaña logrado a temporada pasada por Carmen López Diniz. Este ano tomaba o relevo natural Xana Rguez. para impoñerse na cima do Trail de Vilatuxe nas cumes de Lalín.
Xana entraba en meta con un tempo de 2 horas e 23 minutos, sendo a primeira atleta xuvenil e 14ª atleta feminina en cruzar a línea de chegada.
Xana segue así na hexemonía das carreiras de montaña, posto que obstenta os títulos cadetes autonómicos das tempadas 2015/16 e 2016/17.

Con vós as declaracións da nosa atleta en meta:
"Hoxe tocaban 17,5 kms en Vilatuxe!
"Carreira de 10, organización de 10, voluntarios de 10! Sen duda unha carreira para voltar..
E ademáis, Campeona Galega Junior. Gracias a todos polas felicitacións"!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe