30 de ago. de 2013

Segue en directo a Siro Maseda: Vamos CAMPIÓN!!!

A pesar de estar todos os laurentinos en plenas festas do Conde Santo, decirvos que un rapaz de Lourenzá está tamén sufrindo e disfrutando ó mesmo tempo dunha auténtica hazaña: O Ultra Trail do Mont Blanc, con picos con alturas de preto de 2500 metros e cunha distancia total o percorrido de 170 kilómetros. Agora mesmo está no kilómetro 30, en Les Contamines na posición 370 e un tempo provisional de 4:05:43 !!!.
Podedes seguilo en directo a través do seguinte enlace: 
VAMOS, SIRO, VAMOS: QUÉ GRANDE!!!

Fotos XVI Día da Bici 2013!!!

Lourenzá invita a disfrutar esta tarde de su Día da Bicicleta. La Voz.

27 de ago. de 2013

Programación Deportiva Festas Conde Santo 2013!!!

VENRES, 30 AGOSTO:
18,00 Horas. XVI DÍA DA BICI. Praza Conde Santo
Organiza a Comisión de Festas do Conde Santo e as Escolas Deportivas Lourenzá.  Colabora na mesma o Concello de Lourenzá, Motos Santalla, La Voz De Galicia, Pastelería Cabaleiros e  Protección Civil
A saída será da praza do Conde Santo ás 18,00 horas. Recorreremos varias pistas dentro do Concello de Lourenzá o avituallamento será na área recreativa da Cazolga. Despois de repoñer forzas, reanudaremos a marcha para chegar de novo a Lourenzá(Cantón) sobre as 19,30 horas. Ó finalizar a proba sorteo dunha mountain bike entre todos os participantes. Camisetas ós 100 primeiros anotados. Apertura inscripcións: 17,00 horas. A partir de 8 anos!!!.

SÁBADO, 31 AGOSTO:
18,00 Horas. TROFEO FÚTBOL INFANTIL. Municipal Sta. Cruz.
E.D Lourenzá  Mondoñedo / A.D. Porto de Burela
19,30 Horas. TROFEO FÚTBOL XUVENIL. Municipal Sta. Cruz.
E.D. Lourenzá Mondoñedo / S.P. Pontenova.

DOMINGO, 1 SETEMBRO:
TROFEO TRIANGULAR FESTAS CONDE SANTO 2013. Municipal Sta. Cruz.
18,00: Lourenzá / Foz.
18,45: Foz / Mondoñedo.
19,30: Lourenzá / Mondoñedo.


25 de ago. de 2013

Final Fútbol: Lourenzá 2, Sp. Pontenova 0.

O Atleti reencontrase coa victoria como premio ó fútbol desplegado. Na primeira metade adiantouse con un tanto de Monxtinho chegando así ó descanso co marcador de 1-0. Na segunda, un cabezazo de Roi poñía o definitivo 2-0 no marcador. Vamos!!!

22 de ago. de 2013

Vindeiras citas do Atleti!!!

Hoxe xoves disputa o equipo de Renda o terceiro amigable da pretemporada. Será en Viveiro (Cantarrana) diante de novo do equipo de Preferente de José Manuel. O vindeiro domingo volve o fútbol de novo a Anfield Cruz, a partir das 19:00 horas recibindo ó Sp. Pontenova. Vamos!!!

5 atletas da sección de ciclismo nas Pedaladas pola Lembranza na previa da Vuelta a España!!! Grandes!!!

5 atletas da sección de ciclismo das escolas estarán o vindeiro venres 24 de Agosto na previa cicloturista da “Vuelta a España”. Ángel Prado, Emérito Fdez, J. Antonio Glez, Félix Cabanas e Francisco Álvarez participarán na marcha cicloturista previa ó inicio da VUELTA CICLISTA A ESPAÑA, en solidaridade cos afectados polo fatídico accidente de tren de Angrois. Personalidades como Fernando Escartín, Carlos de Andrés ou Perico Delgado subirán ás bicicletas na marcha Pedaladas pola lembranza. Esta comenzará ás 9.30 horas da mañá e percorrerá 127 kilómetros con saída no Peirao de Vilanova de Arousa e chegada ó Monte Lobeira.

Ó Día seguinte (sábado 25 de agosto) estarán disfrutando da etapa inaugural da volta ciclista, a crono Vilanova de Arousa – Sanxenxo.

Claudia Graña, subcampiona da "Galopada" de Tapia.

A pesar de que este pasado fin de semana a maior parte da sección de atletismo das E.D. Lourenzá Mondoñedo participaron na solidaria en Figueras, tamén Claudia Graña estivo na "Galopada" da Tapia para alcanzar o subcampionato da categoría alevín sobre unha distancia de 1500 metros. Noraboa!!!

Claudia Graña en plena carreira en Tapia!!!

A Inscripción da IV Val das Fabas, xa operativa a través de Championchip!!!

Dende esta semana xa está operativa a páxina de inscipción online para a prestixiosa Val das Fabas.
Enlace:
INSCRIPCIÓN IV VAL DAS FABAS 2013

Os metais de Figueras, en La Voz.

20 de ago. de 2013

A Val das Fabas, en La Voz.

Por certo, NOTA ACLARATORIA:  nesta noticia aparece mal o premio á campiona feminina, pois falta o saco de fabas. O premio ós vencedores absolutos feminino e masculino son o mesmo, 100 euros nun vale de material deportivo e saco de Fabas de Lourenzá. !!! Ademáis, teremos máis sorpresas......!!!!

19 de ago. de 2013

A triple A (Ainara, Aleix a Aarón) triunfa na Figueras Solidaria. !!!

Onte domingo participamos na Carreira Figueras Solidario da Fundación Sandra Ybarra na loita contra o cancro, obtendo os seguintes resultados máis destacados:
Pitufos Feminino:
2ª – Iria Rodríguez.
Benxamín Feminino:
3ª – María Sánchez.
Alevín Feminino:
1ª – Ainara Rodríguez
3ª – Ana Vallines
Alevín Masculino:
1ª – Aleix Diaz.
Cadete Masculino:
1º - Aaron Rivas.

Sênior: Nunha distancia de 7 kilómetros, Marcos Rguez. e José Carlos Diaz lograron rematar entre os 60 mellores sobre un total de preto de 400 atletas inscritos, baixando ademais dos 30 minutos. 
Por certo, se tedes un nen@ que comence pola letra A... , xa sabedes, apuntádeo á sección de atletismo e seguro que triunfará....
AARON EN PLENA SAÍDA DA CATEGORÍA CADETE
ALEIX DÍAZ XUNTO COA MODELO SANDRA YBARRA
AINARA E ANA BRINDANDO NO PÓDIUM

Presentados os equipos de basket infantil e cadete!!!

O pasado venres tivo o acto de presentación dos equipos de basket infantil e cadete das E.D. Lourenzá Mondoñedo. O infantil xogará na liga comarcal de A Mariña, mentres que o cadete será da partida en liga provincial. Ó fronte destes equipos estarán Santi e Mariano. Moita sorte, Vamos Molou!!!


18 de ago. de 2013

Fútbol: Final. Lourenzá 0, Viveiro 4.

Derrota do atleti no segundo encontro da pretemporada hoxe pola tarde en Sta. Cruz. A festa da Cazolga e un bo equipo como o Viveiro dirixido polo exlaurentino José Manuel fixeron posible esta derrota dun encontro típico de pretemporada. Decanso:0-3.

15 de ago. de 2013

A Popular Val das Fabas 2013 pisará forte na súa cuarta Edición!!!

Dende mañá venres estará aberto o prazo de inscripción da IV Val das Fabas 2013, que este ano pega un salto de calidade en canto a premios e organización, posto que terá crono dixital durante todo o circuito. Seguirá desenrolándose no prestixioso circuito urbán e enmarcada dentro do Programa da Festa da Faba (declarada de Interés Turístico) e será o vindeiro sábado 5 de outubro.
Ademáis: 
- Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías.
- Medallas para todos os participantes de categorías menores.
Obsequiarase con un regalo técnico a todos os participantes conmemorativo do evento
- Premio de 100 euros en material deportivo e saco de fabas ó campión masculino e de 100 euros á campiona feminina.
- Servicio de avituallamento líquido e sólido á  metade e ó final do percorrido.
- Cronometraxe control de meta por Championchipnorte
- Cronómetro Xigante en meta
- Vídeo chegada en línea de meta
- Servicio de megafonía
- Seguro individual de accidentes
- Dorsal personalizado con impresión de código QR para visualización inmediata de resultados personais ó chegar á meta.
- Ambulancia e médico en evento.
- Vallas e senalización do circuito cada 500 metros.

VER TODO O REGULAMENTO DESTA EDICIÓN 2013

Choiva de trofeos e Metais na Subida a Piantón 2013!!!

Gran colleita de trofeos e metais da sección de atletismo das Escolas no dia de onte na subida a Piantón (Vegadeo). Destacar a alta participación, sobre todo en categorías menores que tivo a proba asturiana. Resultados máis destacados por categorías:
Pitufos:
Iria Rodríguez  – Medalla de prata.
Prebenxamín – Benxamín – Alevín Masculino:
Aleix Díaz – Medalla de prata
Prebenxamín – Benxamín – Alevín Feminino:
Ainara Rodríguez – Medalla de ouro.
Ana Vallines – Medalla de bronce.
Infantil Feminino:
Claudia Graña – Medalla de ouro.
Cadete Masculino:
Aaron Rivas – Medalla de ouro.
Do resto dos participantes, case todos quedaron enmarcados entre os 5 primeiros clasificados, resaltando a 4ª posición de Marisa Ares en sénior feminino.





14 de ago. de 2013

Final Fútbol: FOZ 0, LOURENZÁ 3.

Acaba de rematar o primeiro amistoso de pretemporada que supuxo o estreo do míster Renda no banquillo laurentino. Partido típico de pretemporada onde se impuxo a diferencia de categoría. Marcaron o capitán Recalde e un enchufadísimo Fran (2).
Vamos, Atleti!!!

12 de ago. de 2013

Ainara Rguez, suma e segue na Popular dos Villares de Guitiriz!!!

Ainara Rodríguez segue sendo a raíña das carreiras populares en edade alevín. Por "enésima" vez no ano volveu a vencer,  xa que este pasado sábado 10 de Agosto  impúxose como campiona obtendo a medalla de ouro na súa categoría   ganando ademáis a todos os nenos e nenas da súa edade. Ademáis de Ainara, Marcos Rodríguez alcanzou a 23ª posición na categoría sénior masculino sobre unha distancia de 5 kilómetros (20:04) e Marisa Ares rematou na 13ª praza da sénior feminina con un tempo de 27:11.
Esta vindeira semana a sección de atletismo desprázase o vindeiro mércores 14 de agosto a Vegadeo para disputar a Subida a Piantón e o vindeiro domingo 18 de agosto participarán na Carreira Solidaria contra o Cáncer en Figueras (Asturias).

VER TODAS AS FOTOS DE VILLARES ( GUITIRIZ )

Ainara e Iria con Gustavo Platas, vencedor absoluto da proba
Ainara saboreando un novo metal

Fútbol: "Aposta pola base". El Progreso.


7 de ago. de 2013

Os infantís, cadetes e xuvenís comenzan a pretemporada!!!

Onte martes en Sta. Cruz presentáronse os equipos infantil, cadete e xuvenil. Os infantís e xuvenís competirán en Liga Provincial de Fútbol e os Cadetes participarán na Provincial de Fútbol Sala das E.D. Lourenzá Mondoñedo. No acto estiveron presentes os presidentes do Lourenzá D. Pablo Maseda así como do Mondoñedo D. Manuel Barreira. 

Os infantís que quedaron subcampións de liga e disputaron a previa do ascenso á Liga Galega seguirán adestrados por Brenan Rivas e estará como delegado Juan Otero. Os xuvenís tamén terán continuidade ás ordes de Javi Chinchón e coa figura de David Garrafín como 2º adestrador e preparador físico. Os cadetes seguirán tamén con Ramiro Chao ó fronte. 

A principal novedade será que ésta temporada os equipos adestren indistintamente tanto nas instalacións de Sta. Cruz (Lourenzá) como no Viñas da Veiga (Mondoñedo) polo que desta maneira se tratará de manter nas mellores condicións posibles ambos terreos de xogo. 

Sta. Cruz vestirase de gala dende a Primeira Xornada: PARTIDAZO: Lourenzá - Burela!!!.

Arranca a Liga de 1ª Autonómica con derbi e diante dun dos favoritos ó ascenso. Será o Burela en Sta. Cruz o 8 de Setembro. Ademáis, na segunda xornada visitamos ó Iberia!!!.
Vamos, Aúpa Atleti!!!

ACCESO A CALENDARIO DE LIGA COMPLETO

5 de ago. de 2013

Presentación dos equipos Infantil, Cadete e Xuvenil. Martes, Sta. Cruz:20,00 horas!!!

Todos os rapaces en edade infantil, cadete e xuvenil dos Concellos de Lourenzá e Mondoñedo están convidados mañá martes día 6 de Agosto ás 20 horas en Sta. Cruz para a presentación e primeiro adestramento dos equipos. No acto tamén estarán os presidentes das E.D. Lourenzá e do Mondoñedo C.F.
Esperámosvos!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe