25 de feb. de 2017

GENITO PÉREZ GOÁS, MEDALLA DE BRONCE CAMPIONATO AUTONÓMICO XUVENIL SALTO DE ALTURA 2016 2017. LIDIA BARREIRA, 5ª EN TRIPLE!!!


AINARA RODRÍGUEZ acaba de clasificarse para o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 1000 CADETE!!!

As Escolas Lourenzá por medio da súa atleta Ainara Rodríguez volverán a estar de novo presentes nun Campionato de España despois de moitos anos, concretamente 11 anos despois da última  participación de Laura Campos no Cto. de España xuvenil en 400 valados en San Sebastián en pista cuberta no ano 2006.
Ainara Rguez. desprazábase hoxe xunto a Aleix Díaz e Ana Vallines a Xixón para participar nos 1000 lisos. A noticia acaba de saltar agora mesmo. Había que parar o crono por debaixo de 3,11 e a bala das Escolas acaba de facelo en 3,07,77.
Consigue así clasificarse para o Cto. de España de pista cuberta que terá lugar en Antequera (Málaga) o vindeiro fin de semana do 18/19 de marzo.
Noraboa a Ainara, á súa familia, á sección de Atletismo e a toda a familia das Escolas!!! Agora a disfrutar do momento!!! Grande!!!



24 de feb. de 2017

O Atleti que pode poñerse o disfraz de candidato máximo ó ascenso de gañar en S. Miguel e múltiples frentes máis por Carnaval!!!

SÁBADO, 25 FEBREIRO:
11,00 - CONTROL FEDERADO.
Sección Atletismo.
Gijón (Asturias).
11,00 - C. ABADÍA/RIBADEO
F. 8 PREBENXAMÍN
MUNICIPAL STA. CRUZ.
12,00 - M. HUERTAS/PONTENOVA
F. 8 ALEVÍN
MUNICIPAL STA. CRUZ.
16,30 - REI DAS TARTAS/PASTORICENSE
FÚTBOL XUVENIL
MUNICIPAL STA. CRUZ.
16,30 - CARREIRA NAVIA
Sección Atletismo.
16,30 - CTO. GALEGO DE ATLETISMO
Sección Xuvenil
Riazor (A Coruña)
DOMINGO, 26 FEBREIRO:
12,00 - TROFEO VIGO ATLETISMO
Sección Atletismo
Balaídos. Vigo
17,00 - IBERIA - AUGACONS LOUR.
FÚTBOL AUTONÓMICA.
As Valgas. S. Miguel
MARTES, 28 FEBREIRO:
11,00 - REIS DAS TARTAS - COSPEITO
FÚTBOL XUVENIL
Municipal Sta. Cruz.

23 de feb. de 2017

Lidia Barreira en Triple e Genito Pérez en Altura; Admitidos no Campionato Galego Xuvenil

O Maderas Barcia Lourenzá volverá a estar presente o vindeiro fin de semana de novo nun Campionato Autonómico.
Lidia Barreira, que fóra o ano pasado en cadete subcampiona galega en triple e bronce ó aire libre intentará seguir superándose e batir a súa mellor marca de 9,93.
Lidia parte coa quinta mellor marca do ano e comenzará a súa competición ás 16,45.
E pola súa banda Genito Pérez estará presente no Salto de Altura junior, sendo tamén de primeiro ano e intentará batir a súa mellor marca, 1,60 para acercarse ós postos de metal.
Presenta a sexta mellor marca da temporada e estaremos pendentes da súa actuación a partir das 17,15
Para seguir os resultados en directo:
http://www.atletismogalego.com/webxuvenilpc2017/index.html



20 de feb. de 2017

Pedro Moirón e Genito Pérez disfrutaron do Duatlon Cros de El Franco. Pedro 4º en Iniciación e Genito Pérez 4º en xuvenil


O gol inicial do capitán Javi Álvarez dalle 3 novos puntos ó equipo cadete. Viveiro 0, Exc. Ramsei 1.


Para comer, Lugo. E para correr, LOURENZÁ!!!. Exitazo do Cto. Provincial de Campo a Través. Noraboa a Tod@s!!!

Ver todos os resultados:
VER RESULTADOS PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS

Ver Todas as Fotos:
ENLACE FOTOS LUÍS MARTÍNEZ

ENLACE FOTOS JOSE CARLOS DÍAZ - 1

ENLACE FOTOS JOSE CARLOS DÍAZ 2



Ainara(3ª), Ainhoa(10ª), Ana (11ª), Alba (16ª) e Claudia(22ª). SUBCAMPIONAS PROVINCIAIS EQUIPOS CAMPO A TRAVÉS 2016 2017 CADETE FEMININO


AINARA RODRÍGUEZ ARES, MEDALLA DE BRONCE PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS 2016 2017 CADETE FEMININO.



Manu(4º), Jarno(5º), Nico(9º) Fer (33º), Samuel(36º). MEDALLA DE BRONCE PROVINCIAL EQUIPOS CAMPO A TRAVÉS 2016 2017 INFANTIL MASCULINO


Carme(5ª), Mariña(7ª), Uxía(9ª), Valeria(18ª) e Marta(20ª). CAMPIONAS PROVINCIAIS EQUIPOS CAMPO A TRAVÉS 2016 2017 INFANTIL FEMININO


Iria(2ª), Carmen(3ª), Noa(6ª), Diana(7ª), Aroa(9ª), Cecilia(30ª). CAMPIONAS PROVINCIAIS EQUIPOS CAMPO A TRAVÉS 2016 2017 ALEVÍN FEMININO


CARMEN GARCÍA VÁZQUEZ, MEDALLA DE BRONCE PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS 2016 2017 ALEVÍN FEMININO.



IRIA RODRÍGUEZ ARES, SUBCAMPIONA PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS 2016 2017 ALEVÍN FEMININO.



Carlos (3º), Xabi (14º), Iago(16º), Fabián(22º) e Pablo(ab lesión). MEDALLA DE BRONCE PROVINCIAIL EQUIPOS CAMPO A TRAVÉS 2016 2017 BENXAMÍN MASCULINO


CARLOS DOCAMPO IGLESIA, MEDALLA DE BRONCE PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS 2016 2017 BENXAMÍN MASCULINO.



Henar (1ª), Adriana (4ª), Emma (11ª), Sheila(12ª), Miriam(22ª), Andrea(28ª). CAMPIONAS PROVINCIAIS EQUIPOS CAMPO A TRAVÉS 2016 2017 BENXAMÍN FEMININO


HENAR MÉNDEZ PIÑEIRO, CAMPIONA PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS 2016 2017 BENXAMÍN FEMININO.


Adriana Polo e Claudia Carril disfrutaron do Nacional de Patinaxe. Noraboa a ambas e á súa adestradora!!!

Nacional de Patinaxe, según a adestradora Tania Irimia:
"Unha experiencia máis para o saco! 
Tras unha semana chea de ensaios, nervios, subidas e baixadas, pero sobre todo moita ilusión e impaciencia por que chegara o gran día, hoxe podo dicir que todo o traballo tivo a súa recompensa. Non chegamos ó podium, quedamos case ás portas, pero coa cabeza ben alta e sen perder a esperanza! 
Obtivemos o posto 22 e 25 dentro da nosa categoría e compartimos pista con case 150 patinadores máis, todo un orgullo para nós.
Só me queda dar as gracias a todas aquelas persoas que nos apoiaron desde o minuto 1 pero sobre todo a estas dúas campionas por todo o seu traballo e esforzo. Graciñas de corazón!"


17 de feb. de 2017

O Cto. Provincial de Campo a través, O Nacional de Patinaxe con Claudia e Adriana, O Augacons Lourenzá e Muebles Huertas que volven a xogar como local, o derbi infantil... e múltiples frentes máis. Vamos!!

Sábado, 18 de Febreiro.
10,00/Nacional de Patinaxe
Claudia Carril e Adriana Polo
Panes (Cantabria)
11,30/ T. Cardi - Foz.
Fútbol Infantil.
Viñas da Veiga.
10,00/ Quiroga Trail.
Xana Rodríguez.
Atletismo en Quiroga.
15,45/ Viveiro - P. Neli.
Fútbol 8 Benxamín.
Cantarrana. Viveiro
18,00/ M. Huertas - Castro
Basket Autonómica.
Municipal Lourenzá
Domingo, 19 de Febreiro.
11,30/Cto. Provincial C. a Través
Benxamin, Alevín, Infantil e Cadete
Municipal Sta. Cruz.
12,00/Viveiro - Ramsei
Fútbol Cadete
Cantarrana. Viveiro.
16,15/Augacons L - C. Roldas
Fútbol Autonómica.
Municipal Sta. Cruz.

15 de feb. de 2017

Claudia Carril e Adriana Polo representarannos no Trofeo Nacional de Patinaxe en Cantabria!!!

O bo traballo sempre da os seus froitos.
Logo de varios anos de traballo e esforzo, Claudia Carril e Adriana Polo acudirán por primeira vez a unha cita nacional o vindeiro sábado a Cantabria, donde estarán acompañadas das súas familias e de nosa adestradora da sección, Tania Irimia.
A localidade de Panes acolle o Trofeo Nacional de Patinaxe Artístico La Loja  (Cantabria) durante toda a xornada do sábado 18 de febreiro.
Na cita ademáis de varios patinadores de diversas categorías de nivel nacional está confirmada tamén patinadores de nivel internacional; polo que o nivel de esixencia será máximo.
Tanto Claudia como Adriana poñerán en escea un baile individual cada unha.
Dende o clube queremos decirlles a Claudia e a Adriana que fóra nervios e a disfrutar ó máximo da experiencia.
Moita sorte!!!


11 de feb. de 2017

Mellores marcas persoais do ano para Ainara Rguez. e Aleix Díaz hoxe en Asturias.

Participaba Aleix Díaz na xornada de mañá en Xixón nun control de 600 ó aire libre con un tempo de 1,37. E xa pola tarde rebaixaba a sua mellor marca en 300 en pista cuberta en Oviedo, con un tempazo de 41,03.
E a súa compañeira, a gran Ainara Rguez. competía en primeira instancia nos 1000 lisos aínda que unha carreira inicial demasiada lenta paraba o reloxio en 3,17,67, lonxe dos 3,11 necesarios para o Cto. de España.
Nos 300 lisos volvía hora e media despois Ainara para facer a súa mellor marca do ano, 45,00.
A vindeira cita para estas dúas figuras será no cto. provincial de campo a través que terá lugar precisamente aquí en Lourenzá o vindeiro domingo 19, aínda que ambos tenen a vista xa tamén  no 25 de febreiro onde Aleix participará por primeira vez nos 100 valados e Ainara buscará billete para Antequera nos 1000 lisos en Xixón.



Un equipo de fútbol infantil en estado de gracia volve a ganar. Os goles de Gabri e a parada de Alberto dun penalti no desconto, as claves. S. Ciprián 1, Talleres Cardi 2.


Ft. Xuvenil. O Rei das Tartas non ten o seu día e é superado a domicilio. S. Ciprián 3, O Rei das Tartas 0.


F8 Benxamín. O Panadería Neli remata subcampión de liga despois de ceder no día de hoxe diante do campión. Panadería Neli 3, Viveiro 4. Álvaro e Óscar(2)


Henar Méndez gana o prestixioso LV Trofeo Joaquín Romero na Malata(Ferrol) de Campo a Través. Seu irmán Ian subcampión en alevín Masculino

En terras ferroláns volaban Henar e Ian para subirse unha vez máis ó caixón nesta ocasión no Memorial Joaquín Romero da cidade departamental.
Henar Méndez ganaba a categoría benxamín sobre unha distancia de 500 metros parando o crono en 3,01. Acompañaban a Henar no pódium duas atletas do Atletismo Narón.
E xa na categoría alevín Ian percorría os 1400 metros con un tempo de  5,17 alcanzando o subcampionato por detrás dun atleta do Ría Ferrol.


Basket: As infantís destápanse e vencen ó líder Ribadeo nun partidazo das discípulas de Mariano De La Torre. Terras da Mariña Lourenza 51, Ribadeo 49!!!


O tanto do Pichichi Xián establece tablas en Xove nun bo partido dos benxamíns: Xove 1, Maderas Barcia Lourenzá 1. (Xián)


O campión alevín vence no seu último partido de liga regular: Xove 1, Maderas Barcia Lourenzá 8. (4 Diego Expósito, 2 Raúl, 1 Edu 1 Huertas)


9 de feb. de 2017

Programación: O benxamín xógase o título de fútbol 8, O Atleti buscando unha nova victoria que o acerque ó ascenso... vamos a por un novo fin de semana!!!

SÁBADO, 11 FEBREIRO:
10,30/XOVE - M. BARCIA LOURENZÁ.
F. SALA ALEVÍN.
COLEXIOS XOVE.
11,30/XOVE - M. BARCIA LOURENZÁ.
F. SALA BENXAMÍN.
COLEXIOS XOVE.
10,00/CTO. GALEGO LANZAMENTOS
SECCIÓN ATLETISMO
PONTEVEDRA
12,00/T. MARIÑA LOURENZÁ - RIBADEO
BASKET INFANTIL
MUNICIPAL LOURENZÁ.
18,15/PAN. NELI - VIVEIRO
F8 BENXAMÍN
VIÑAS DA VEIGA
16,00/S. CIPRIÁN - REI DAS TARTAS
FÚTBOL XUVENIL
A VEIGA. S. CIBRAO
18,30/S.CIPRIÁN - T. CARDI
FÚTBOL INFANTIL
A VEIGA. S. CIBRAO
18,00/CONTROL CADETE ATLETISMO
AINARA RGUEZ. E ALEIX DÍAZ
OVIEDO. ASTURIAS
DOMINGO, 12 FEBREIRO:
11,30 /RAMSEI - FOZ
FÚTBOL CADETE
VIÑAS DA VEIGA
16,15/AUGACONS L - ALFOZ
FÚTBOL AUTONÓMICA
MUNICIPAL STA. CRUZ

6 de feb. de 2017

O EQUIPO INFANTIL FEMININO, Subcampión do Memorial Alejandro Lorenzo. Ademáis, Manu Rguez. 5º en masculino e estivemos tamén no galego de cros cadete e xuvenil!!!

Con 49 ptos. o Maderas Barcia Lourenzá infantil feminio lograba o Subcampionato por quipos do Memorial Alejandro Lorenzo de Cros, só cedendo a 1ª praza a Ourense Atletismo (49 ptos.) e a C.A. A Estrada(52 ptos).
As guerrerias infantís foron: Carme Alonso (6ª), Mariña Salvatierra(12ª), Uxía Salvatierra (18ª) e Marta Alonso (34ª).
Na categoría infantil masculino un sensacional Manu Rguez. entraba en 5ª posición despois de realizar unha carreira moi intelixente.
E despois dos infantís comenzaba o Cto. Autonómico cadete e xuvenil, no que tampouco podíamos faltar, aínda que con diferente sorte.
Na proba cadete feminina partíamos coa mellor baza de Ainara Rodríguez, que remataba a proba na 26ª posición despois de non encontrarse ben durante a disputa da mesma en ningún momento. Competiron ademáis para o equipo Ainhoa López (54ª), Claudia Graña (71ª) e Alba Alonso (74ª). Non estivo a 5ª bala Ana Vallines que causou baixa por lesión. A pesar de todas as inclemencias, o equipo loitou ata o final e sirviulle de preparación para o vindeiro campionato provincial escolar.
E xa para rematar tamén tivemos representación na proba xuvenil con Pablo Irimia (38ª) e Cristian Piñeiro (44º).




IRIA RODRÍGUEZ, SUBCAMPIONA DO PRESTIXIOSO MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO ALEVÍN. ADEMÁIS, MEDALLA DE BRONCE POR EQUIPOS!!!

Carreirón de Iria Rodríguez na categoría alevín para acabar segunda nesta cita anual autonómica de campo a través. Ademáis, o equipo formado pola propia Iria, Diana Lastra (12º posición), Carmen García(22º posición) e Cecilia Gómez (41º posición) acadaban 43 puntos subindo ó caixón como medalla de bronce; só por detrás do campión Vila de Cangas (28 ptos.) e da A. Lucense (34 ptos.)


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe