30 de set. de 2015

Todos os campións dos anos anteriores estarán na VI Val das Fabas 2015!!! Qué carreirón!!!

2010 DAVID HERNÁNDEZ OTERO - PILOÑA DEPORTE 
2011 J. MANUEL CORRAL LÓPEZ  - VERXEL LUGO
2012 DELIO VAL VILLARINO         - P. BARREIROS
2013 J. MANUEL GLEZ. CASTRILLÓN - C.A. OCCIDENTE NAVIA 
2014: JUAN ANTONIO GUDE VILA - CLUB MONTEPENARUBIA 
RÉCORD DA PROBA 2014: 20:57.
Saída Val Das Fabas 2015

A Val das Fabas 2015 será un éxito total de participación con máis de 300 atletas inscritos!!! Noraboa a Tod@s!!!


29 de set. de 2015

J. Manuel Corral (vencedor 2011) e Juan Antonio Gude Vila(vencedor 2014) dan o seu OK para participar nesta edición!!! Qué cartel!!! Ademáis, próximos ós 300 participantes!!! Récord de todas as edicións!!!

Se pola mañá anunciamos que o campión do 2012 Delio Val así como o campión do 2013 J. Manuel Glez. Castrillón xa están aptos para formar parte da VI Val das Fabas, ó igual que a campiona feminina do ano pasado Ana Glez. Margaride; a éstas horas podemos decir que tamén estarán os campións das edicións do 2011 (José Manuel Corral) e do 2014(Juan Antonio Gude Vila). Que o tempo acompañe!!! Espectáculo asegurado!!!


Ana Glez e Gude Vila, Campións na edición do 2014!!!

O Circuito Val das Fabas 2015 mellora coa Colaboración de Protección Civil e terá 6,500 mts. VERDINA(6,500) E GALAICA(13)

A Carreira Val das Fabas 2015 sufre unha modificación de última hora para aproveitar mellor o percorrido natural polo Río Baos gracias á colaboración de Protección Civil; polo que se acorta en 500 mts. aproximadamente; quedando a Verdina en 6,500 e a Galaica en 13,0. A Disfrutar del!!!

Os campións do 2012 e 2013 estarán na VI Val das Fabas 2015. Ana Glez. Margaride, campiona feminina do 2014; presente neste 2015!!!

O campión do 2012 Delio Val así como o campión do 2013 J. Manuel Glez. Castrillón xa están aptos para formar parte da VI Val das Fabas, ó igual que a campiona feminina do ano pasado Ana Glez. Margaride. Ambos tomarán parte da Verdina, sobre un circuito novo que discurre pola zona urbán de Vilanova e o cauce do Río Baos coa lenda de Recemil no final da proba!!!
Lembrade, hoxe ÚLTIMO DÍA DE INSCRIPCIÓNS!!!
INSCRIPCIÓN VAL DAS FABAS 2015
Castrillón con Noemí Moral, campións do 2013

As Balas do MADERAS BARCIA TRIUNFAN EN LA CARIDAD. O ATLETISMO LOURENZÁ, CLUBE REVELACIÓN!!!

O pasado domingo na localidad asturiana de La Caridad os nosos atletas disfrutaron dunha nova proba popular con numerosos éxitos destacables.
En canto ós nen@s do Maderas Barcia Lourenzá:
Benxamín Feminino:
1 - Iria Rguez.
3 - Emma García.
Alevín Feminino:
2.- Diana Lastra
3.- Carmen García
Infantil Masculino:
2 - Hugo Villalba.
Infantil Feminino:
1.- Ainara Rguez.
Participaron ademáis Xabi Sordo, Hiba Bouyzar, Claudia Graña e Alba Alonso.
En canto ó Atletismo Lourenzá:
Clasificación Xeral: Percorrido de 7 kilómetros.
3 - Marcos Rguez.
6 - Alex Villalba.
Sénior Masculino:
3 - Alex Villalba.
Veterano A Masculino:
1 - Marcos Rguez.
Veterana A Feminino:
1.- Marisa Ares.
2.- karina Álvarez.
Participaron ademáis Pachicho, Rubén e Lastra
VER TODAS AS FOTOS DE LA CARIDAD

ÚLTIMO DÍA DE INSCRIPCIÓNS PARA A VI VAL DAS FABAS. A POLA LENDA DE RECEMIL!!! SUPERADOS CON CRECES OS 200 INSCRITOS.

Hoxe entramos no último día que facilitamos dende a organización para inscribirse á VI Val das Fabas. Agora mesmo sobrepasamos con moito os 200 inscritos e os deportistas seguen anotándose continuamente. Na organización da proba xa somos preto de 40 colaboradores!!!. A carreira, bonita e esixente no último tramo, non defraudará. A Lenda de Recemil ESPÉRAVOS!!! GO!!!
INSCRIPCIÓN VI VAL DAS FABAS 2015

O Morangrupo Lourenzá, CAMPIÓN do TORNEO NACIONAL DE PIÉLAGOS (CANTABRIA). PALOMA DORDA, MVP.

O fin de semana de aclimatación  do adestrador Pablo Castro ó equipo sentoulle moi ben. O equipo de nacional venceu no Torneo Cuadrangular disputado en terras cántabras, máis concretamente en Piélagos. Ganábamos no primeiro encontro ó Unamuno(71/55), ó Tirso(72/59) e por último nun encontro máis igualado ó Ausarta (55/48). A capitana Marta García levantaba un novo trofeo para as nosas vitrinas e Paloma Dorda era recoñecida como a xogadora máis valiosa do torneo. Noraboa!!!
VER MÁIS FOTOS DO TORNEO

28 de set. de 2015

Os Cadetes plantan cara á Residencia ata a segunda metade. Residencia 4, Ramsei 1(Manu Santamaría)


Pablo Maseda e Xavier Valoría firmaron o pasado venres un convenio de colaboración entre as Escolas e o Toxiza Clube Montaña

Un novo clube que naceu fai moi pouco en Lourenzá especializado na alta montaña colaborará coas Escolas Deportivas. O pasado venres día 25 de setembro os presidentes de ambos clubs firmaron un acordo de colaboración. O máis significativo do mesmo é que o Clube Toxiza levará o nome das Ed Lourenzá na equipación nas probas en que participe; ademáis de colaboración mutua en eventos, cesión de espacios para xuntanzas, .....
Esta colaboración súmase ós convenios que as Escolas manteñen en múltiples frentes e que fan que sexa un exemplo a seguir e a imitar: co Concello de Lourenzá para o traballo das Escolas Deportivas, co Ensino Lugo de basket, co Mondoñedo CF para a práctica do fútbol, co Atletismo Lourenzá para o Running, co Ed Lourenzá Ciclismo para o Ciclismo..... Noraboa!!! Que viva o Deporte en Lourenzá!!!
E.D. LOURENZÁ, 100% DEPORTE.

27 de set. de 2015

A Presentación da VI Val das Fabas 2015 según El Progreso: "Dos carreras en una"


Presentada a Val das Fabas 2015. Martes día 29; ÚLTIMO DÍA DE INSCRIPCIÓN!!!

O pasado venres presentamos a Popular Val das Fabas 2015, onde nos acompañaron:
D. Manuel Arango Ron (Primer teniente de Alcalde do Concello de Lourenzá) , D. Manuel Otero Méndez (Xefe do Servicio Provincial De Deportes da Xunta de Galicia), D. Francisco Dasilva (Concelleiro de Deportes), D. Pablo Maseda (Presidente das E.d. Lourenzá) así como @s atletas das Escolas Deportivas  como algúns dos responsables das empresas colaboradoras: Neli, Maderas Barcia, Josbi, Pastelería Cabaleiros, Frutas Hnos. Rivas,  Aliprox......!!!
O vindeiro Martes lembrade, remata o prazo de Inscripción!!! Go!!!

Final do Atleti en O Pichón con un empate a domicilio. Muimenta 0, Augacons Lourenzá 0.


25 de set. de 2015

O Morangrupo Lourenzá concéntrase en Cantabria ás ordes de Pablo Castro nun torneo de pretemporada

O Morangrupo Lourenzá concéntrase este fin de semana disputando un torneo en terras cántabras. Pablo Castro poderá así coñecer máis de preto a plantilla que ilusionará unha temporada máis. En principio podemos adiantar que 4 xogadoras serán as vinculadas que participen en Liga Feminina co Ensino e en Nacional con nós: Andrea Viador, Andrea Fdez, Paloma Dorda e Xiana Fdez.
Andrea Viador Castro. Alero. 19 anos. Formada nas categorías inferiores do Ensino. Estivo con nós na última temporada do equipo en autonómica como xogadora junior, e o ano pasado disputou moitísimos minutos como sénior de primeiro ano en Liga Feminina-2
Xiana Fernandez Sanchez, base de 1,76 cm. Ten 18 anos e procede do Maristas de Coruña (1ª División Nacional). Na temporada 13-14 estuvo no Strasburg High School de Colorado (USA) e foi seleccionada para o Colorado All-State. Paloma Dorda, alero de 1,85 cm. Ten 18 anos e o seu último equipo foi Maristas de Coruña (1ª División Nacional). Nas temporadas 2012/2013 e 2013/2014 formou parte de S.XXI  en Barcelona(FEB), no que o equipo participo na LF2.
 Andrea Fernández, alero de 1,83 cm., ten tamén 18 anos e procede do CB Némesis de Cantabria. Desde a categoria cadete  formou parte de diversas seleccións da súa Comunidade Autonoma.
Continúan na plantilla con respecto ó ano pasado a escolta Marta García e a pívot Andrea Meilán, que intentarán dar a dosis de experiencia e saber facer ó equipo.
Ademáis incorpórase ó primeiro equipo procedente das juniors a pívot Uxía Carreira
De momento 7 xogadoras sénior ás que hai que sumar as xogadoras que poden subir ó primeiro equipo do Ensino Junior e das Escolas Lourenzá; xogadoras que irán entrando na convocatoria e que  lles servirá de trampolín para medirse nunha liga de ámbito nacional. A plantilla, de todos xeitos, non está pechada.
Andrea Fdez, procede do Némesis cántabro

23 de set. de 2015

E.D. Lourenzá e Mondoñedo C.F. firman un convenio de vinculación nas categorías de fútbol base!!!

No día de hoxe Pablo Maseda presidente das E.D. Lourenzá así como Manuel Barreira presidente do Mondoñedo CF firmaron un convenio de colaboración entre ambas entidades beneficioso para as categorías de base de Lourenzá e Mondoñedo. Ademáis da xa anunciada unión nas categorías federadas infantil e cadete que xa están competindo, este acordo supón tamén a unión para os máis pequenos nas categorías de fútbol 8 benxamín e fútbol 8 alevín.  No día de mañá, durante a presentación dos máis pequenos das Escolas  en Lourenzá os alumnos coñecerán a dinámica de traballo para esta temporada así como os adestradores que os formarán. Noraboa, Presis!!! Todo un exemplo!!!

21 de set. de 2015

100 primeiros inscritos DESAFÍAN XA A LENDA na Val das Fabas 2015 a falta de dúas semanas para a proba!!! A Carreira con Máis sabor popular de Galicia!!! Go!!!

ACCESO DIRECTO A INSCRIPCIÓN!!!

Faltan 2 semanas!!!
Faltan 2 semanas para que volva a ver a Luz unha das Carreiras con máis sabor popular de Galicia, formando parte do programa da tradicional Festa da Faba. Será  o 3 de Outubro de 2015. Sábado.  Ás 16:30 arrancará a proba para categorías menores e ás 17:30 fará o propio na Carreira Verdina e na Carreira Galaica: "Dous desafíos nunha carreira"
Data límite de inscripción: MARTES, 29 DE SETEMBRO
Todos o atletas participantes na categoría absoluta poderán escoller se participan na Carreira Verdina (7 kms) ou na Carreira Galaica(14 kims.) A verdina consta de 1 volta e a Galaica de 2 voltas ó circuito Val das Fabas.
Ademáis teremos premios con trofeos inéditos, camisetas de regalo, medallas para todos os nenos participantes, e moitas máis sorpresas que iremos presentando nos vindeiros días

O Xoves, ás 19:00 horas; presentación dos máis pequenos das Escolas. O mércores, finaliza o prazo de inscripción das Escolas para esta temporada

Aínda que a maioría dos equipos xa se foron presentado durante os meses de agosto e setembro, os máis pequenos das escolas (pitufos, prebenxamín, benxamín e alevín de fútbol sala e fútbol-8, minibasket, patinaxe, .....) terán a ocasión de presentarse oficialmente e coñecer horarios e adestradores o vindeiro xoves 24 ás 19,00 horas no Salón de Actos do Concello. O mércores día 23 finaliza oficialmente o prazo de anotación.
Os alumn@s das Escolas por 6 euros ó mes poden anotarse en todas as actividades que se ofertan, que un ano máis van dende o fútbol, fútbol sala, campo a través, atletismo, baloncesto... ata o patinaxe artístico.
As edades van dende a categoría pitufos (2011/2010) ata a xuvenil(98/97) pasando por prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.
Para anotarse debedes de entregar a ficha de inscripción nas dependencias municipais do Concello de Lourenzá dende as 9,00 ás 14,00 horas ou ben vía intranet simplemente cumprimentando unhos datos a través da páxina www.edlourenza.blogspot.comÉste é o ano do XX Aniversario de funcionamento das Escolas, polo que ó longo da temporada programarase algunha actividade especial para celebrar este momento.A disfrutar co Deporte!!!
Benxamín de Fútbol Sala Subcampión Provincial 2014/2015

Fotazas dos infantís do Talleres Cardi no Viñas da Veiga diante do S. Ciprián. Acceder Álbum!!!

Xoel, un dos protagonistas do encontro do pasado sábado

Deixamos para a historia a Acta do partido de onte de 1ª autonómica. A Victoria tralo regreso a Primeira. Augacons Lourenzá 3, Antas 2.


20 de set. de 2015

Resultados e Clasificacións 1ª Autonómica.



España, Tricampiona de Europa!!! NORABOA A TOD@S!!!


Un espectacular gol de Manu Rguez. da a victoria ó Atleti no desconto. Augacons Lourenzá 3 (Montxho, P.meta, Manu Rguez), Antas 2.


Parabéns a Javier Gómez Noya. Un grande moi grande!!! Pentacampión do Mundo!!!


Todos a Sta. Cruz!!! Todos co Atleti!!! 17:00 horas, Augacons Lourenzá - Antas. Vamos!!!

Plantilla del Antas SD
Nombre completo
Xurxo Calderon Otero
Gonzalo Carrera Mosquera
Jose Costa Porto
Fernando M Feas Ferreiro
Diego Gallego Garcia
Jose A Garcia Exposito
Manuel Garcia Guerreiro
Javier Gomez Conde
Adrian Gonzalez Rodriguez
Cristian Lopez Dabouza
Jose A Mendez Miguelez
Andres Otero Costoya
Manuel Otero Costoya
Luis Pacin Pallares
Alberto Pena Carballo
Tomas J Perez Rodriguez
Victor Rodriguez Garcia

Porcentage partidos jugados
Clasificación actual:
Puesto: 9 º | Puntos: 3
Partidos:
Jugados: 2
Gan: 1 (50 %) | Emp: 0 (0 %) | Perd: 1 (50 %)
Goles:
Marca gol cada: 90 m.| Recibe gol cada: 180 m.

O Ramsei Cadete danos outra ALEGRÍA: Victoria 4/0 diante do Viveiro. (Farid, Manu Río, Manu Santamarina-2)

O equipo cadete puido disfrutar da súa primeira victoria en Liga. O conxunto formado por xogadores de base das Escolas Lourenzá e do Mondoñedo C.F. non deu opción hoxe ó seu rival e xa mandaba ó descanso co resultado de 3-0. Intentouno o Viveiro na reanudación pero hoxe o equipo estivo finísimo en todas as líneas. Noraboa a tod@s os que creedes neste gran proxecto de futuro. Grandes!!!
Foto de equipo en pretemporada o día da súa presentación!!!

17 de set. de 2015

Fotos da Sección de Atletismo na 1/2 Maratón Ribadeo-As Catedrais. Acceder!!!


Fin de Semana!!!

Sábado, 19 Setembro:
11,30 - Talleres Cardi - S. Ciprián.
Fútbol Infantil. Viñas da Veiga.
15,00 - Marcha Cicloturista Viveiro.
Sección Ciclismo.
Domingo, 20 Setembro:
11,00 - Ramsei - Viveiro CF
Fútbol Cadete. Sta. Cruz.
17,00 - Augacons - Antas
Fútbol 1ª Autonómica. Sta. Cruz.
O Atleti recibe ó Antas co obxectivo de sumar os primeiros puntos na categoría

15 de set. de 2015

Habemus adestrador de Nacional: Pablo Castro Rodríguez "Poni", flamante novo adestrador do Morangrupo Lourenzá. Jaime Capella Bouza, novo preparador físico!!!

Acábase de firmar o acordo co novo adestrador do equipo de Nacional, un vello coñecido da parroquia laurentina.
O adestrador focense Pablo Castro, que comenzara os seus periplos como adestrador nas temporada 2008/09 e seguira na 2009/10  co equipo cadete de basket das escolas en Liga Galega volve ás súas orixes e nin máis nin menos que en Categoría Nacional.
Logo dunhos días de negociacións, o acordo entre ambas partes é total e dende xa poñerase a traballar para engrasar a maquinaria do Morangrupo Lourenzá. Decidirá, ademáis;  xunto co míster de Liga Feminina-2 Juan Nécega as xogadoras que completan o plantel de Nacional así como as vinculadas que comparten ambos equipos.
Pasou por tanto un tempo de 6 anos onde Pablo Castro acrecentou máis a súa experiencia como adestrador pasando dous anos como adestrador en Xove e os 4 últimos como adestrador do Celtas Foz; onde sempre alcanzou os obxectivos propostos.
Ademáis da incorporación de Pablo, o clube acaba de pechar tamén a alta de Jaime Capella como preparador e rehabilitador físico do plantel. Jaime a temporada pasada foi o preparador físico do Azkar Lugo.
Dende a directiva estamos encantados destas novas incorporacións que creemos que axudarán a seguir engrandecendo o traballo a prol do deporte das Escolas!!! Moita Sorte!!!
Pablo Castro con Juan Nécega na 1ª etapa como adestrador das Escolas na temporada 2008/2009

11 de set. de 2015

O Augacons Lourenzá rinde visita a un rival complicado: Residencia - Augacons Lourenzá. Domingo. 18,15 horas. A Cheda (Lugo)

Viaxa este domingo o Augacons Lourenzá de 1ª autonómica a un dos campos máis complicados da categoría, de céspede artificial e onde xoga un dos favoritos ó ascenso en todas as quinielas. Así e todo, o equipo confía en sacar algo positiva e dar a sorpresa nesta 1ª saída lonxe de Sta. Cruz. Vamos!!!


A sección de Atletismo de Adultos das Escolas, a pola Media Maratón!!! Go!!!

Un grupo de 7 corredores das Escolas(Atletismo Lourenzá) participarán mañá sábado a partir das 18,00 horas na Media Maratón das Catedrais; que parte de Ribadeo ata chegar ó monumento natural despois de percorrer 21 kilómetros. Todos eles están entusiasmados por poder completar o percorrido!!! Moita Sorte, Compañeir@s!!! Go!!!
Grupo de adultos das Escolas no primeiro adestramento da temporada 2015-16

Fin de semana. O Talleres Cardi e o Ramsei comenzan a liga infantil e cadete de fútbol en Burela.

SÁBADO, 12 SETEMBRO:
9,00 - I Ruta Cova da Serpe
Guitiriz. Sección Ciclismo.
11,30 - Burela/Talleres Cardi
A Marosa. Fútbol Infantil
18,00 - II Maratón As Catedrais.
Ribadeo. Atletismo Lourenzá.
DOMINGO, 13 SETEMBRO:
11,00 - Burela/Ramsei
A Marosa. Fútbol Cadete
18,15 - Residencia/Augacons L.
A Cheda Lugo. 1ª Autonómica.

Javier Peixe, bronce no Cto. Galego BTT de Maratón!!!

Este pasado Sábado celebrouse en Boiro o campeonato Galego de btt maratón , nun duro percorrido de 100km e un desnivel de mais de 3000 m . O noso único representante Javier Peixe demostrou estar nun gran momento de forma xa que rematou a proba no posto 10º da xeral con un tempo de 5:20:00 , o que lle valdría para subir o podio na 3ª posición da sua categoría master 40 . 
O gañador da proba foi o actual campeón de España ultramaratón Brandan Marquez , segundo sería Javi Busto e terceiro Alejandro Trasbach.
En féminas a gañadora foi Verónica Montes seguida de Ana María Gonzalez e terceira sería Anuska Vilas .

Mañá sábado día 12 a sección de ciclismo estará presente na I Ruta BTTeiros Cova da Serpe de Guitiriz.

10 de set. de 2015

Talleres Cardi e Ramsei renovan como Sponsors dos equipos Infantil e Cadete de fútbol

Talleres Cardi e Excavaciones Ramsei renovan o seu contrato de patrocinio coas E.D. Lourenzá por unha temporada máis para levar o nome dos equipos de fútbol infantil e Cadete. Será o segundo ano de colaboración destas entidades ás que lles estamos dende a directiva enormemente agradecidos; e súmanse así á lista de Sponsors Oficiais do clube xunto con Morangrupo(Nacional Basket), Augacons(Fútbol 1ª autonómica)  Maderas Barcia (Atletismo e Fútbol Sala) e Muebles Huertas (Basket Autonómica).



ASÍ NACE O TOXIZA CLUBE MONTAÑA. CARTA DA DIRECTIVA.

O pasado fin de semana no marco incomparable dos Picos de Europa e ò abeiro do imponente Picu Urriellu celebramos a asambleia constituínte do Toxiza Clube de Montaña, unha iniciativa que xurde dende o corazón dos Vales d Lourenzà e Mondoñedo, pero ò mesmo tempo abertos ò mundo, a todos aqueles que sexan de onde sexan queiran COMPARTIR, EXPLORAR, DESCUBRIR a inmensidade da beleza infinita dos nosos montes e montañas, en definitiva pretendemos ser un punto de encontro para os amantes desa natureza que nos da todo sen esperar nada a cambio....
Inicialmente partimos con tres grandes obxectivos:
1- A defensa do noso entorno natural, e intentar dar a coñecer esa Mariña de interior, esa Mariña de paraísos perdidos cheos de vida que fican ò caron deses grandes cumios coma a Pena da Roca, Toxiza, Cadramon ou o Xistral.
2- Realizar roteiros, viaxes ou travesias de alta montaña noutras cordilleiras como poden ser os Picos de Europa, Gredos , Pirineos ou Alpes.
3- Outro obxectivo será levar adiante o equipo para as carreiras de montaña, un deporte que tentaremos promocionar na nosa zona organizando a segunda edicion da Toxiza Clasica Xtreme, un carreira realmente diferente, unica e espectacular.
Como ben di o noso lema, " que xamais os teus pasos queden sem camiño" porque non importa cal sexa o teu reto, a tua ilusion o teu soño, e igual que sexa escalar o Everest, ou subir a Cornería ou pasear ò caron Do Masma, aqui tes un espazo ondd misturar Deporte, natureza e amizade.
Para rematar presentamosvos a que é a directiva do clube.
Presidente: Xavier Valoria Esmoris
Secretario: Martín Pardiñas Díaz
Tesoureiro: Miguel Paz Sixto
Vocal: Siro Maseda Varela
Vocal: Xavier Berdeal-Gonzalez Berdeal

O CARTEL DA VI EDICIÓN VAL DAS FABAS 2015 XA CON NÓS. DESEÑO DE MILAGROS OROL. ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!!!


9 de set. de 2015

NACE EN LOURENZÁ O TOXIZA CLUBE MONTAÑA!!!

Nace o TCM (Toxiza Clube Montaña) baixo o lema "Que os teus pasos xamáis queden sen camiño". Un grupo de intrépidos atletas de A Mariña fundan en Lourenzá o primeiro clube de atletismo especializado na alta montaña. Atletas coma os laurentinos Siro Maseda e Martín Pardiñas, Xavier Valoría, Xan Rguez, Miguel Poyatos, Oscar Do Cádavo, Miguel Paz, Marcos e Darío......... completan inicialmente un gran proxecto que ten como referencia a montaña. Grandes!!!!

13 pódiums para o Maderas Barcia Lourenzá na Benquerencia Terra e Mar!!!



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe