22 de set. de 2018

Presentada a sección de patinaxe das Escolas. Tania Irimia continúa un ano máis ó frente do proxecto!!!

Presentouse no día de hoxe a sección de patinaxe. No acto estivo presente a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e o noso presidente do clube D. Pablo Maseda.
Tania Irimia seguirá un ano máis capitaneando un proxecto co obxectivo de seguir formando as patinadoras que logo nos podan seguir representando nos distintos campionatos federados e exhibicións.
En principio intentarase adestrar os xoves con distintos grupos en horario de tarde e o grupo de maiores tamén algún sábado co fin de preparar as competicións oficiais.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe