24 de ago. de 2018

Atletismo: O Maderas Barcia Lourenzá preséntase a velocidade de crucero!!! Go!!!

Na sede oficial do principal patrocinador de atletismo presentouse no día de onte a sección. Estivo presente a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López, o noso presidente D. Pablo Maseda e D. Javier Barcia, principal patrocinador por 5º ano consecutivo da sección.
Despois de realizar a presentación, os atletas realizaron xa o primeiro adestramento sobre o circuito da milla laurentina.
No plantel técnico tivemos total renovación. No fondo, medio fondo e saltos seguirán Juan Luís Méndez e Rubén G. Piñeiroa. Ismael Vallines no sector de lanzamentos e Olga Vicente nos valados.
As novas altas que queiran incorporarse terán ata finais de setembro, cubrindo a ficha online das escolas ou presencialmente no Concello de Lourenzá. Unha vez comence outubro, os equipos de atletismo quedarán prácticamente pechados.
Agora empezarán a coller a forma xa a partir deste vindeiro domingo coa milla de Lourenzá, ademáis de ter tamén como locais o 9 de setembro o Desafío Tovar e o 7 e Outubro a emblemática Val das Fabas.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe