29 de abr. de 2013

Sorteo copa Deputación 1ª Autonómica: Lourenzá - Xermade. 1º partido!!!

O 19 de Maio comenzará a Copa Deputación para clubs de 1ª e Preferente. Xa coñecemos o rival da primeira eliminatoria: Xermade. De acceder á seguinte fase, xogaríamos co vencedor do Residencia/Burela como locais.
Deixamos o enlace da federación:
VER TODAS AS ELIMINATORIAS

Fútbol 1ª Autonómica:As matemáticas para evitar posibles arrastres!!!

Según futbollucense.com:
"Os laurentinos teñen dous encontros a vida ou morte ante Polvorín e Milagrosa. Sacando catro puntos os de José Manuel estarían matemáticamente salvados, sempre e cando a victoria a consigan ante o Polvorín por máis dun gol ou que o Outeiro non sume os 6 que lle restan. Se esas circunstancias non se desen, tería que mirar cara Rioaveso, Pastoricense e Cabreiros. Sumando o mesmo que o Rioaveso permanecería, xa que lle ten gañado o golaverage. Vencendo 1 partido e se o Cabreiros non gaña nin a Burela nin a Alfoz, o Lourenzá tamén permanecería. Sumando tamén 4 puntos, se o Pastoricense non fai ningún ante Cervo e Xove, os albivermellos salvarían."

Sábado 4 de Maio: Os Cadetes a escea no Cto. Provincial de F. Sala

Os cadetes de fútbol sala das E.D. Lourenzá Mondoñedo disputarán o vindeiro sábado (horario sen confirmar) os cuartos de final provincial de fútbol sala como subcampións de A Mariña contra o Cospeito.
O sorteo deixou os seguintes emparellamentos:
1 - Cidade de Lugo - Abadín
2 - Burela - Friol
3 - Cospeito - Lourenzá Modoñedo.
4 - Lumieira - Baralla.
O 11 de Maio terán lugar as semis e finais; xogando Vencedor 1/3 e Vencedor 2/4.
Moita sorte!!!

Fotos do equipo alevín feminino no Cto. Provincial de Basket!!!


A sección de ciclismo loitou contra a neve na Btt de Taramundi!!!

                                                VISUALIZAR MÁIS FOTOS!!!

El Lourenzá acaricia el «play off» para subir a Primera Nacional. La Voz

27 de abr. de 2013

Fotos do Infantil na Previa do Ascenso en Lugo!!!

http://www.23hq.com/edlourenza/album/8023001?page=27
http://www.23hq.com/edlourenza/album/8023001?page=28

Fin do sono do ascenso do equipo infantil!!!

A derrota por 4-1 esta mañá en Lugo diante do Polvorín aparta definitivamente ó equipo de Brenan da promoción de ascenso. A pesar dun mal inicio de partido e  ir perdendo 3-0, o equipo repúxose e acortou distancias antes do descanso co gol de Manu Vázquez. Na reanudación (e pensando no 2-1 da ida) o equipo intentouno, pero as lesións de varios rapaces así como o cuarto gol local fixo rematar coas esperanzas dun ascenso.
A pesar desto, temporadón do equipo infantil que o volverá a intentar no futuro!!!
Grandes!!!

A sección de Atletismo disfrutou co día da árbore en Mondoñedo!!!

As velocistas Xana e Ainara despois de rematar a proba!!!
                                                               Ver máis fotos

Horarios Campionato Provincial de Atletismo - 5 de Maio

25 de abr. de 2013

Qué Fin de Semana nos espera!!! Horarios!!!

SÁBADO, 27 ABRIL:
10,30 - Franciscanos - Lourenzá Mondoñedo.
Basket Alevín. Municipal de Frigsa. Lugo.
12,00 - Franciscanos - E.d. Lourenzá.
Fútbol Sala Alevín. Palacio Municipal de Deportes. Lugo.
12,00 - Polvorín - Lourenzá Mondoñedo.
Fútbol Infantil. Previa Fase Ascenso. Lugo.
11,30 - Lourenzá Mondoñedo - Meira.
Fútbol Xuvenil. Sta. Cruz.

DOMINGO, 28 ABRIL:
10,00: Mountain Bike en Taramundi.
Sección de Ciclismo.
12,00. Lourenzá Ensino - Plexus Cluny.
Basket 1ª Autonómica. Municipal de Lourenzá.
17,00. Lourenzá - Residencia.
Fútbol 1ª Autonómica. Sta. Cruz.

O Basket Alevín no Cto. Provincial!!! Vamos Molou!!!

O equipo alevín das E.d. Lourenzá Mondoñedo disputa este vindeiro sábado as Semifinais Provinciais de Basket. Será ás 10:30 en Frigsa diante de Franciscanos, campión do grupo de Lugo. O 3/4 posto así como as finais serán o mesmo sábado en horario de tarde.
Vamos!!!

24 de abr. de 2013

Dous pasos máis para o Play-Off de ascenso. El Progreso. Bc. Autonómica

O Infantil cítase de novo coa historia: Sábado (12,00 horas). Municipal O Polvorín.

A volta da previa do ascenso será o vindeiro sábado ás 12:00 en Lugo. A renta é de 2-1. Vamos, rapaces, PODEMOS!!!.
O equipo infantil o sábado pasado unha vez fnalizado o encontro

A proeza dos alevíns e cadetes méteos na fase final provincial!!!

Os equipos cadetes e alevín das escolas de fútbol sala seguen dando guerra. Este pasado sábado ambos alcanzaron as finais comarcais das súas respectivas categorías polo que quedan clasificados para a disputa do Campionato Provincial. Os alevíns de Michael gañaron na semifinal (3-2) ó todopoderoso Burela e perderon na final diante do Santiago de Foz. Os cadetes de Ramiro alcanzaron tamén a final ó vencer ó Xove(3-2) e perderon na final co Burela.
Este sábado comenza xa a súa eliminatoria o equipo alevín, mentres que o cadete iniciará provincial a vindeira semana.
SÁBADO, 27 ABRIL. 12,00 HORAS. PALACIO MUNICIPAL DE DEPORTES.
E.D. LOURENZÁ - FRANCISCANOS (LUGO).
Vamos!!!
Fotos da Semifinal Alevín en:
http://www.23hq.com/edlourenza/album/8023001?page=26
Xoel sacando de banda diante do Burela

Ránking Atletismo. Clasificados os 16 mellores para finais provinciais!!!

https://mail-attachment.googleusercontent.com/attachment/u/0/?ui=2&ik=9d240ea6b8&view=att&th=13e386d6bfbaf67a&attid=0.1&disp=inline&realattid=f_hfvh9si80&safe=1&zw&saduie=AG9B_P_K1b_-rF_Rfow7KXykleP4&sadet=1367052149682&sads=zLs1BZKCMGMVXDhAkY7UsDc-Jec

Basket: El Lourenzá depende de sí mismo para meterse en la fase de ascenso a Primera Nacional!!!La Voz

21 de abr. de 2013

19 de abr. de 2013

Primeiro Match ball salvado: Arxil Pontevedra 56, Lourenzá Ensino 69. Final!!!

Basket: Camiño hacia o ascenso. El Progreso


A Sección de Atletismo, na Carreira do Día da Árbore

Mañá sábado día 20 de Abril a maioría dos componentes da sección de atletismo participará na carreira que terá lugar en Mondoñedo con motivo da celebración do día da árbore. Será na Alameda a partir das 11,30 horas. Animádevos, que pode participar todo o MUNDO!!!
Parte dos atletas o pasado domingo en Lugo!!!



18 de abr. de 2013

Apaixoante Fin de Semana!!!

VENRES, 19 ABRIL:
20,30 h.: Arxil Pontevedra - Lourenzá Ensino.
Basket Autonómica.  Pontevedra.

SÁBADO, 20 ABRIL:
10,00 h : Lourenzá Mondoñedo - Acd Xove
F. Sala Cadete. Marzán Foz. Semifinal comarcal.
10,50 h : Lourenzá - Burela
F. Sala Alevín. O Pilar. Semifinal comarcal.
11,30 h: Carreira Día da Árbore.
Sección de Atletismo: Alameda (Mondoñedo ás 11:00 h.)
17,00 h: Lourenzá Mondoñedo - Polvorín.
Previa ascenso Liga Galega - Municipal Sta. Cruz.
17,00 h: Burela - Lourenzá Mondoñedo.
Fútbol Xuvenil. A Marosa.

DOMINGO, 21 ABRIL:
17,00 h: Xove Lago - Lourenzá.
Fútbol 1ª Autonómica.
19,00 h: Calasancias Coruña - Lourenzá Ensino
Basket 1ª Autonómica.


17 de abr. de 2013

Exhibición de Xana Rodríguez no 220 valados o pasado Domingo día 14 de Abril!!!

Grande Sábado de finais para o equipo CADETE e ALEVÍN!!!

O próximo sábado día 20 de abril, ademáis do inicio da fase de ascenso do equipo infantil os equipos alevín e cadete de fútbol sala xóganse o ser campións comarcais.
EQUIPO ALEVÍN: (Pavillón O Pilar)
10,50 - Burela Fs A - Lourenzá.
De ganar a final sería ás 12,30, así como de perder xogarían o 3º/4º posto ás 11,40.
EQUIPO CADETE: (Pavillón de Marzán)
10,00 - Lourenzá Mondoñedo - Acd Xove
De ganar a final sería ás 12,30, así como de perder xogarían o 3º/4º posto ás 11,40.
Moita sorte!!!
O equipo de F. Sala Cadete parte como favorito para alcanzar a gran final!!!

16 de abr. de 2013

Xa temos hora do partido do Ascenso: Sábado. 17,00 horas.

O equipo Infantil das E.D. Lourenzá Mondoñedo xa ten programada a súa cita coa historia. O partido de Ida da Previa do Ascenso será o vindeiro sábado día 20 de Abril ás 17,00 horas en Sta. Cruz. Diante o Polvorín, un equipazo que acabou como campión do Grupo de Lugo.
Vamos!!!

15 de abr. de 2013

Impresionantes resultados na 2ª preparatoria de atletismo dos rapac@s da sección de atletismo

Fotos da sección de atletismo na 2ª preparatoria co estreno da nova equipación!!!

http://www.23hq.com/edlourenza/album/8023001?page=24
http://www.23hq.com/edlourenza/album/8023001?page=25
http://www.23hq.com/edlourenza/album/8023001?page=26
Ainhoa superando o listón  sobre 1,00 metro

Noraboa ó Mondoñedo C.F., GRANDES!!!

Dende a directiva das Escolas queremos transmitir a máis sinceira noraboa ó Mondoñedo C.F.; que no día de onte acadaba de forma matemática o ascenso a Segunda Rexional.
Felicitacións á directiva(sobre todo na figura do seu Presidente e alma máter Manolo), corpo técnico, xogadores ( en especial ós que se formaron nas nosas escolas e ós cedidos Dani e Pepiño) ós afeccionados e a todos aqueles que apostastes polo convenio Lourenzá - Mondoñedo.
A disfrutar do MOMENTO!!! GRANDES!!!
Celebracion no día de onte ó rematar o partido!!!

11 de abr. de 2013

Horarios Fin de Semana

SÁBADO, 13 ABRIL:
17,00 - Lourenzá Mondoñedo / Ribadeo CF
Fútbol Xuvenil. Municipal Sta. Cruz.
11,00 - Bádminton en Viveiro.

DOMINGO, 14 ABRIL:
12,00 - Lourenzá Mondoñedo / Viveiro
Basket Cadete. Municipal Villalba.
11,00 - ATLETISMO en Lugo.
2ª Preparatoria. Saída: 9,00 Cantón. 9,10: Gasolinera Mondoñedo.
10,00 - CICLISMO: Maratón do Sella.
Ribadesella. Asturias. Sección de Ciclismo.
 17,00 -  Lourenzá - Cervo.
Fútbol 1ª Autonómica. Municipal Sta. Cruz.

7 de abr. de 2013

S. Rubén dalle un punto de ouro ó Lourenzá: Bóveda 1 Lourenzá 1

Final: Bóveda 1, Lourenzá 1.
Un tanto de Recalde na segunda metade igualaba un encontro onde os nosos rapaces perdían 1-0 ó descanso. Na primeira metade Rubén paraba un penalti e á conclusión do encontro o colexiado sinalaba de novo penalti en contra por man de Emérito dentro da área. S. Rubén volvía a actuar parando o esférico de novo e evitando así encaixar a derrota.
Noraboa!!!

Lourenzá Ensino 68, Univ. Ferrol 55. Seguimos!!!

Gran partido o vivido na matinal do domingo con victoria por diferencia de 13 puntos para as rapazas de Juan Nécega. Ó descanso, 34/32.
Ademáis, victoria do equipo cadete diante do Ensicid (43/22).
Noraboa!!!

6 de abr. de 2013

Un Lourenzá - Universitario Ferrol centra o interés do fin de semana.

Acaba de rematar o equipo infantil en Villalba. Derrota 2-1 dun equipo o de Brenan que pensa xa na promoción de ascenso que comenzará o día 20 de abril.
E mañá o prato forte: previa cadete co Lourenzá Mondoñedo - Ensicid e logo o partidazo de Autonómica coas rapazas de Juan Nécega xogándose o ascenso diante de Universitario de Ferrol.
Os rapaces de fútbol de 1ª de J.Manuel saída compricada a Bóveda onde ven de perder o Xove Lago. De ganar a permanecia prácticamente asegurada.
VAMOS!!!

Lourenzá terá SENDERISMO!!!

No día de onte naceu unha nova asociación no municipio de Lourenzá. Promovida polo Concello e as Escolas Deportivas, no Salón de Actos do Concello tivo unha xuntanza onde se constituíu a "Asociación de Senderismo Terras de Lourenzá". 
A directiva queda formada por Miguel Ángel Gavín Sánchez (Presidente), Fabián Reino López (secretario), Mª Fé Fernández Otero (tesorera), Emilio López González (vocal), Leonor García García (vocal) e José Cuadrado Oural (vocal) e Pura Álvarez Rico(vocal)
O grupo parte xa con un número de 30 socios que se pensa ir ampliando nas próximas xuntanzas. A seguinte está convocada xa para o día 29 de Abril ás 21:00 horas no Salón de Actos do Concello. Todos aqueles que querades participar nesta nova iniciativa saudable podedes asistir á mesma!!!
Agora o principal obxectivo da nova directiva constituida será a de elaborar a programación anual unha vez teña superados todos os trámites administrativos. 
Moita sorte nesta nova andaina!! 

1 de abr. de 2013

Síndrome Post "Lourenzá en Xogo 2013".

Como ben dixo un compañeiro noso de organización do torneo na edición pasada, ...48 horas despois da clausura oficial seguimos co síndrome post-lourenzá en xogo tratando de recuperarnos!!!

Un millón de GRACIAS para aqueles que botastes unha man de forma desinteresada formando parte dunha organización de preto de 80 persoas!!!. Con particular cariño para Ainhoa, Brenan e Miguel como encargados de pista,  para os rapaces das estadísticas coordinados por Manu, as encargadas de mesas,  ós directivos das escolas (gran noite Celta, por certo!!!), ó Ensino Lugo, a Juan Nécega,  ó persoal do Concello de Lourenzá que botou unha man en todos os turnos establecidos, a todo o equipo de Molou con Raúl, Santi e Mariano á cabeza, á empresa de cátering das comidas, ó grupo Aires do Padornelo, ós Patrocinadores (Neli, Cabaleiro e Augacons), a un mogollón de empresas colaboradoras..., a asociación de Sto. Tomé, a Asociación Conde Santo, a Acial capitaneada por Víctor,.....
Non nos podemos esquecer dos grandes protagonistas,OS EQUIPOS, AS XOGADORAS e os ADESTRADORES,  que fixestes que pasáramos unhos días inesquecibles dun gran ambiente festivo e deportivo. Felicidades para  tod@s!!!
No día de mañá subiremos un mogollón de fotos que reflexan todo o vivido!!!
Un millón de GRACIAS!!!.
Asdo: COMITÉ TÉCNICO LOURENZÁ EN XOGO 2013!!!

P.D.:  O XI LOURENZÁ EN XOGO 2014!!! EN MARCHA...!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe