25 de xuño de 2014

Sta. Cruz pasa polo quirófano!!!

Gran traballo dos directivos e xogadores do 1º equipo de fútbol de autonómica que este pasado fin de semana traballaron de arreo para preparar o terreo de xogo e que Sta. Cruz vista as mellores galas no mes de Setembro. Noraboa a tod@s!!!

O equipo Alevín conquista un novo título: IMPARABLES!!!

O equipo alevín das Escolas non para de acumular títulos esta temporada. Campión de Liga de Fútbol Sala da Mariña, Campión de Copa de Fútbol Sala da Mariña, Campión Provincial Fútbol Sala, Medalla de Bronce Cto. Galego de Fútbol Sala...... E este pasado fin de semana conquistaba o torneo organizado polo Santiago de Foz de Fútbol 8 eliminando na fase de grupos a equipos como o Viveiro e o Burela para vencer na final a penaltis ó Santiago de Foz. Noraboa de novo a Michael e ós seus pupilos!!! Grandes!!!
Equipo posando co trofeo ó final do torneo

Todas as fotos da sección de ciclismo nas Fragas do Eume, Lagos e Camariñas. Acceder "facebook Ciclismo"

Jesús particpando no Desafío das Fragas do Eume

A sección de atletismo logra 6 pódiums na Popular de Valdepares. Ver Resultados

Parte da sección de Atletismo desprazada a Valdepares!!!

12 de xuño de 2014

As Escolas, na Clásica dos Lagos de Covadonga!!!

Por fin chega o día , e o sábado os integrantes do ED.Lourenza Ciclismo tomarán parte na Clasica Lagos de Covadonga . 
Nesta ocasión tomarán a salida , Paco , Peixe , Logarela , Luis, Suso , Basanta e Jesús . 
Animo e suerte. Vamos!!!

Todos os equipos das Escolas disputarán unha semifinal de copa este vindeiro sábado

A sección de fútbol sala está de moda. Os benxamíns de Lourenzá e Mondoñedo accederon ás semifinais e xogaranse o pase á final entre eles, polo que xa teremos un equipo na final; mentres que os alevíns, infantís e cadetes tamén se xogan a clasificación á final que será tamén na matinal do sábado.
Horarios.
Benxamíns: Lourenzá - Mondoñedo. Semifinal. Viñas da Veiga. 11,00
Alevíns: Lourenzá Mondoñedo - O Pilar. Semifinal. Municipal Lourenzá. 10,00
Infantís: Lourenzá Mondoñedo - Barreiros. Semifinal. Monte Castelo Burela. 10,00
Cadetes: Lourenzá Mondoñedo - O Pilar. Semifinal. V. Alegre Burela. 10,00
F. Sala Alevín. Temporada 2013/2014. Campión Provincial

9 de xuño de 2014

AS RAÍÑAS DO MEDIO FONDO DE GALICIA SON DAS ESCOLAS DEPORTIVAS.

  Novo éxito deportivo das Escolas Deportivas no Cto. Galego de Atletismo disputado o pasado sábado en Vigo para categorías benxamín, alevín e infantil; nunha cita caracterizada por un alto nível onde caeron varios récords galegos.
            Ana Vallines, campiona galega en 2000 alevín feminino
            Ainara Rguez, campiona galega en 1000 alevín feminino
            Aleix Diaz, dobre medallista galego: subcampión en 500 e bronce en 60 alevín masculino
            Alexandre Santiago, subcampión galego de 1000 alevín masculino.
Ainara Rodríguez, campiona galega de 1000 metros lisos.
Aleix Díaz, subcampión galego de 500 e bronce en 60 lisos.
Alexandre Santiago, subcampión galego en 1000 m. lisos
Ana Vallines, Campiona Galega de 2000 metros lisos

El Castro le corta el paso a las semifinales a un flojo Lourenzá. La Voz de Galicia


6 de xuño de 2014

Os equipos alevín de fútbol sala e cadete de basket, Premios ós mellores equipos da Provincial por El Progreso

Os equipos de fútbol sala alevín e cadete de basket acaban de participar na festa organizada polo Progreso no Pazo Provincial para conmemorar ós mellores equipos da provincia nas distintas modalidades. Noraboa de novo a estes grandes equipos!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe