26 de xuño de 2019

Aitor, Pichi, Marcos e Bugui selan o seu compromiso en primeira!!! Renovados!!!

4 novos xogadores da plantel da pasada tempada acaban de selar o seu compromiso un ano máis:
o medio Aitor e o defensa Marcos (dous dos últimos reforzos da pasada campaña) e duas institucións no clube; o porteiro Adrián Cabaleiro (Bugui) e o dianteiro Pichi.
Falamos con eles, sobre o que esperan para o novo curso:
Pichi: "Espero que toda esta xente nova axude ó equipo para poder competir en todos os partidos, tanto na casa como fora".
Bugui: "Esperanos unha tempada esixente porque o cambio a primeira vai ser notable. Temos que ser conscientes diso e seguir a filosofia deste ano na que todos dimos un paso adiante cando as cousas non iban como agardábamos e conseguimos darlle a volta á situacion con moito traballo e sobretodo bon rollo entre todos.
Temos unha boa base para afrontar este novo reto e as incorporacions seguro q nos van dar ese plus para conseguilo.
Asi que confio en que demos moitas alegrías a esa afeccion q nunca nos falla pase o que pase"
Marcos: "Estou seguro que co gran grupo que temos e que nos troixo a primeira cumplimos o obxectivo de salvarnos sen moitos problemas"
Aitor: "Espero ascender,porque dixen q me retiraba cando deixara o equipo en preferente. E espero retirarme para o ano..... (risas)... "


24 de xuño de 2019

David Martínez proclámase Campión Autonómico Infantil 80 valados!!! Gran actuación do resto da expedición!!!

Nova gran actuación dos atletas do Maderas Barcia Lourenzá:
David Martínez Janeiro proclamábase CAMPIÓN Autonómico na Final A dos 80 valados, logro de rexistrar un 14,29. En segundo lugar entraba Leo Rguez. de At. Samartelomeu e o bronce para Adirán Rivadulla de Ría Ferrol.
Participaba ademáis David nos 220 valados, concluíndo na Final A na 4ª posición a centésimas dun novo metal con 34,08.

Resto das Balas:
Ian Méndez, nos 2000 lisos, 14º con 7,21,73.
Lourdes García nos 2000 lisos, 13ª con 8,24,1
Carmen García nos 80 valados, na Final A 6ª autonómica con 16,12
Carmen García no salto de altura, 6ª con 1,35.
Uma Córdoba, 9ª en peso con 6,60.



21 de xuño de 2019

Iago, Alex e Jose!!!! Benvidos ó proxecto primeira!!! Vamos!!!

Fai un momento acabamos de presentar tres novas incorporacións que apuntalan un bloque competitivo para este novo curso do regreso á primeira. Estiveron dándolles a benvida o noso presi Pablo Maseda, o secretario técnico do equipo Oscar Glez., o  directivo Juan López actuando tamén como o principal patrocinador do equipo Construcciones Augacons e os nosos adestradores Diego Rego e Michael Sante.
Iago Cruña, procede do Viveiro xuvenil e formouse ata cadetes no Foz, logo militou no Viveiro cadete en liga galega, Burela xuvenil dous anos e o terceiro ano en Liga Galega de novo en Viveiro.
Iago é un xogador de ataque moi polivalente, xa que pode actuar de dianteiro, interior ou no medio campo.
Alex Fernández formouse ata xuvenil no Foz, logo dun ano no Celta Barreiros estivo as últimas 5 tempadas no Iberia; onde se fixo coa banda esquerda actuando como lateral.
Joseinho De La Vega regresa a Anfield Cruz, lugar onde formou nas Escolas aínda que nos últimos anos estivo no veciño Mondoñedo traballando como dianteiro.
O proxecto toma forma!!! Moita sorte ós tres nesta nova andaina que se presenta ilusionante!!!




18 de xuño de 2019

Recalde, Montxo e Garra renovan o seu compromiso en Primeira!!!

Tres pilares básicos do clube nas últimas tempadas acaban de firmar a súa renovación co Atleti para estar en Primeira: Iván Recalde, Monxto Seivane e David Cabaleiro "Garra".
Así nos falan os tres do que esperan desta nova tempada:
Iván: 
"Creo q é un ano moi ilusionante, que mantemos a base do equipo q logrou o ascenso, e os fichaxes encaixan na filosofia do equipo; xente da casa e xente xoven que nos van aportar moito. 
Espero que fagamos moi bon ano e asentemos o equipo en primeira rexional, que por clube e afición é a categoria mínima na que ten q estar"
Montxo: 
"Esperemos poder asentar o equipo en primeira e que os máis novos se den conta que o equipo é para eles e que sexan constantes para disfrutalo tanto como o disfrutamos os máis vellos no seu día e o seguimos facendo"
Garra: 
"Espero que con traballo e compromiso o equipo compita ao maximo nivel posible todos os partidos para que nos permita acadar os obxectivos."



11 de xuño de 2019

O Atleti ármase para Primeira: Renovación do míster Diego Rego e altas de José Antonio, Paulo, Álvaro, Luís, Manuel e Hermida. Ademáis, Michael Sante fará as funcións de 2º adestrador!!!

Chegan boas noticias para o plantel do primeiro equipo do clube.

Diego Rego acaba de renovar para a vindeira campaña coa ilusión do proxecto de Primeira Autonómica e xa se está traballando para perfilar un plantel de garantías. Diego Rego chegara ó primeiro equipo na tempada 2017/18 substituindo a Edu Mariño e na súa segunda tempada logrou o ascenso de categoría.

Formados na nosa canteira e xogando o último ano no Villalbés de División Nacional xuvenil regresan Paulo Glez. e José Antonio Fernández. Paulo xoga no medio campo e Jose pode facelo na posición de lateral ou central. Dous xogadores que imprimirán carácter, xuventude e moita calidade.

Formado tamén na nosa canteira regresa Álvaro Lorigados, que pasou por diferentes equipos como Alfoz e o último ano en Cabreiros e que pode xogar como lateral ou extremo.

Ademáis rematan a súa etapa no xuvenil os irmáns Luís e Manu Santamarina, dous xogadores ofensivos que xa tiveron moitos minutos a pasada tempada no 1º equipo e que serán un reforzo importante para o plantel.  Xunto a eles tamén se compremeteu Miguel Hermida, aínda que aínda en edade xuvenil alternará o seu rol en ambos conxuntos.

Para reforzar o apartado técnico, Michael Sante tamén se sumou ó proxecto para a vindeira campaña; na que fará de segundo adestrador do 1º equipo e dirixirá ó equipo cadete.

Estes vindeiros días Diego Rego e a secretaría do clube centraranse na renovación da base do plantel que nos deu o ascenso de categoría. En principio e de momento a única baixa será a de Carri, que deixa a práctica do fútbol.

4 de xuño de 2019

Anxo Edrosa subo ó pódium no seu debut no Triatlon. Bronce no Triatlon de Luarca. Ademáis, participou o noso míster Juan Luís Méndez

Anxo e Juan representáronnos este pasado domingo no Triatlon de Luarca. A proba consistía en nadar 750 metros, 20 en bici e 5 kilómetros a pé.
Anxo Edrosa lograba subir ó caixón como 3º clasificado na categoría cadete. Nadando invertía 15,42 - Sector Bici 38,19 - 5 kms. a pé 22,40.
Pola súa parte Juan completaba o seu primeiro triatlon do ano no posto 39. Nadando invertía 16,20 - Sector Bici 37,40 - 5 kms. a pé 19,41.
Noraboa!!! A seguir!!!

3 de xuño de 2019

5 metais no autonómico en diversas disciplinas encumbran o traballo de base do Maderas Barcia Lourenzá!!!

Acudíamos con 12 atletas o pasado sábado en Lugo ó Autonómico de atletismo para categorías benxamín e alevín cunhos resultados moi satisfactorios en diversas especialidade atléticas; o que refrenda o bo traballo realizado durante este curso polos nosos atletas.
A actuación que queda para a historia:
En marcha 2000 alevín, Emma García finalizaba 13ª con 14.16. En marcha Benxamín, Bronce para Manuela Lastra con un 6,08 nos 1000 metros.
En Altura alevín masculino, Carlos Docampo campión galego coa mellor marca do ano para él con 1,34.
En Peso benxamín feminino, Manuela Lastra 7ª con 6,18
En Lonxitude benxamín masculino, Borja Nogueira 10º con 3,06.
En pelota alevín, Medalla de bronce para Pablo Reigosa con 33,56 e 5º posto para Sergio García con un mellor lanzamento de 32,79.
Nos 2000 alevín tivemos a Henar Méndez, que marcou 8,27 en meta (14º)
En peso benxamín Pedro Moirón mellor lanzamento de 6,24. (12º).
Nos 50 lisos benxamín, Ángela Rguez. 7ª (8,32) e Lidia Balseiro 16ª (8,91).
Na Lonxitude alevín, Pablo Reigosa 10º con 3,79 e en pelota benxamín Samu Sanjurjo 6º con 23,88.
Nos 1000 benxamín 4º posto para Lidia Balseiro con 3,42.
Nos 500 alevín, Carlos Docampo 6º con 1,34.
En peso alevín, Sergio García 8º con 7,54.
Nos 500 benxamín, Prata para Ángela Rguez. con 1,30 e 10º Sara Otero con 1,49.
Por último, nos relevos o equipo alevín masculino 6º con 37,82 e o equipo benxamín feminino proeza con bronce autonómico con un tempo oficial de 34,28.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe