Amosando publicacións coa etiqueta desafio tovar cadeira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta desafio tovar cadeira. Amosar todas as publicacións

24 de ago. de 2019

III Desafío en rampa de saída!!! Presentado Oficialmente!!! Go!!!

Tomando Tovar como epicentro, o vindeiro domingo 8 de setembro chegará a III edición do Desafío.

Nun acto no que estiveron presentes a nosa Alcaldesa  Rocío López, a concelleira de Deportes  Sonia Gavino, os presidentes do C.C. Viveiro César Lage, de Atletismo Lourenzá Luís Graña e das Escolas Pablo Maseda, así como tres representantes de E.D Lourenzá Ciclismo: Juan Luís Méndez, José Manuel López e o triatleta Anxo Edrosa ; presentouse a III Edición do Desafío Tovar que inclúe nesta nova edición unha marcha ciclista con cronoescalada final e unha carreira popular para menores e adultos.


As inscricións marchan a bon ritmo (a día de hoxe máis de 70 inscritos) polo que teremos unha boa representación nas dúas modalidades e en todas as categorías, esperando sempre o tirón que terá lugar nos últimos días.
A marcha ciclista partirá dende Tovar ás 9,30 e espérase a súa chegada a Tovar ó redor das 13,00 horas; onde terá lugar a cronoescalada que fará as delicias de tod@s. E para estar entretidos, a partir das 11,00 teremos carreiras populares para menores e xa ás 12,00 partirá dende Tovar hacia A Cadeira a carreira absoluta de 4 kilómetros.

Teremos trofeos para os tres primeir@s clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscribiran antes do xoves 29 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido, cronometraxe control de meta por championchipnorte, , servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual de accidentes, ambulancia en evento e vallas e senalización en todo o circuito.

Lembrade que para anotarse ata o martes 3 de setembro!!!


31 de ago. de 2018

Presentado o II Desafío Tovar - Cadeira!!! Lembrade que ata o martes 4 de setembro para inscribirse!!!

Tomando Tovar como epicentro, o vindeiro domingo 9 de setembro chegará a II edición do Desafío.
Coa presencia de D. Manuel Arango, primeiro tentente de Alcalde e Concelleiro de Cultura; así como D. César Lage, presidente do C.C. Viveiro, D. Pablo Maseda presidente das E.D. Lourenzá, D. Juan Luís Méndez coordinador da sección de EdLourenzá Ciclismo e D. José López Gavín como directivo do Atletismo Lourenzá; presentouse a II Edición do Desafío Tovar que inclúe esta edición unha marcha ciclista con cronoescalada final e unha carreira popular para menores e adultos.


As inscricións marchan a bon ritmo polo que teremos unha boa representación nas dúas modalidades e en todas as categorías, esperando sempre o tirón que terá lugar nos últimos días.
A marcha ciclista partirá da Praza do Concello ás 9,30 e espérase a súa chegada a Tovar ó redor das 13,00 horas; onde terá lugar a cronoescalada que fará as delicias de tod@s. E para estar entretidos, a partir das 10,30 teremos carreiras populares para menores e xa ás 11,30 partirá dende Tovar hacia A Cadeira a carreira absoluta de 4,5 kilómetros.

Teremos trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscribiran antes do xoves 30 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido, cronometraxe control de meta por championchipnorte, , servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual de accidentes, ambulancia en evento e vallas e senalización en todo o circuito.

Lembrade que para anotarse ata o martes 4 de setembro!!!






5 de set. de 2017

Último día de inscripcións para a I Marcha Cicloturista!!! Acceder para Inscripción

Teremos ciclistas que nos chegarán de A Coruña(Ordes, Cedeira, Osebe, Narón, Santiago..) de Asturias (Luarca, Oviedo, Valdés, Navia...) de Pontevedra (Brocos, Vila de Cruces, Valga...) e, como non, da provincia de Lugo e da Mariña.
O reto para esta I Edición está ahí. Todos os esforzos para que todo o mundo disfrute.
Agora toca organizarse entre o persoal do Concello, Motoclube Ruta N634 de Mondoñedo, Protección Civil de Lourenzá e C.C. ,Viveiro para deixar controlado ata a último detalle.
E Mil agradecementos a Deputación Provincial de Lugo, Frutas Rivas, Panadería Neli, Autocares Morán, Eroski e Pastelería Cabaleiros!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe