31 de ago. de 2016

AUGACONS LOURENZÁ - GUITIRIZ!!! COMENZA A LIGA. SÁBADO 3 SETEMBRO. 17,00 HORAS. STA. CRUZ. ENTREGARANSE OS CARNETS DE SOCIO!!!

Comenza a liga para o Augacons Lourenzá este vindeiro sábado con 19 xogadores comprometidos na loita por devolver ó Atleti a Primeira. A empresa non será doada e para eso necesitamos a colaboración de tod@s!!!
Este vindeiro sábado recibimos a un dos favoritos a estar arriba na táboa, o Guitiriz; que ano tras ano está nas primeiras posicións en segunda autonómica.
A partir do domingo e durante este mes repartiremos os CARNETS DE SOCIO que renovan anualmente. Se algún de vós quere ser baixa para esta temporada deberá comunicalo por escrito a calquera membro da directiva.
Forza Atleti!!! Vamos!!!


Sorteo de tablet, regalo da foto do cromo en tamaño grande e camiseta de fútbol para os que remataron o ALBUM DAS ESCOLAS entre os 10 primeiros. Hoxe ás 20,30 horas.

Aqueles que remataron o álbum de cromos das escolas entre os 10 primeiros estarán hoxe ás 20,30 horas na Casa da Xuventude para recibir a foto en tamaño grande dos cromos solicitados así como participar no sorteo da tablet así como dunha equipación de fútbol dun equipo de 1ª división.
Moita sorte a tod@s!!!

Cromo do equipo de Autonómica Feminina Muebles Huertas

29 de ago. de 2016

5 Títulos (Amina, Valeria, Nicolás, Ana e Aleix), 2 Subcampionatos (Ian e Hiba) e 5 Bronces (Marcos, Carmen, Aarón, Claudia, Pablo) configuran unha nova actuación brillante do Maderas Barcia Lourenzá na popular de Barres.

Onte domingo desprazabase a sección de atletismo a Barres, para participar na súa XIV Carreira Popular Ecce Homo. Resultados:
Prebenxamín Feminino: 1.- Amina Bouyzar.
Prebenxamín Masculino: 3.- Marcos Graña.
Benxamín Feminino: 1.- Valeria Álvarez. 3.- Carmen García. Ademáis  Henar Méndez (4ª). Emma García(7ª).
Benxamín Masculino: 2.- Ian Méndez. 3.- Aarón Millares. Ademáis David Mtnez.(5º) e Brais Díaz(8º).
Alevín Feminino: 2.- Hiba Bouyzar.
Alevín Masculino: 1.- Nicolás Álvarez.
Infantil Feminino: 1.- Ana Vallines. 3.- Claudia Graña. Ademáis Alba Alonso(5ª).
Infantil Masculino: 1.- Aleix Díaz.
Xuvenil Masculino: 3.- Pablo Irimia.


Fotos Popular de Barres 2016!!! Acceder!!!


Fotos Trofeo Conde Santo 2016! Acceder!!!


28 de ago. de 2016

Carlota T. Menéndez, Iago Longarela, Aarón Millares, Carme Alonso, Alba Alonso e Claudia Graña ADXUDICANSE TROFEO NA CARREIRA DE RIBADEO STA. CRUZ-MONDIGO

Nova exhibición das Balas das Escolas con innumerables éxitos unha vez máis pola xeografía do atletismo autonómico, no día de onte sábado na Carreira Sta.Cruz-Mondigo celebrada en Ribadeo.
Pitufos:
2.- Carlota Tsehay Menéndez.
Prebenxamín:
2.- Iago Longarela.
4.- Marcos Graña.
Benxamín:
2.- Aarón Millares.
6.- Xabi Sordo.
Infantil:
2.- Carme Alonso.
3.- Alba Alonso.
6.- Marta Alonso.
Cadete:
1.- Claudia Graña.


24 de ago. de 2016

Atletas de Barreiros e Lourenzá dan a coñecer a Ruta das Fachas, de gran valor patrimonial!!!

Onte martes ás 20 horas un grupo de atletas pertencentes ó Clube Praias de Barreiros, Escolas Lourenzá,  Clube Atletismo Lourenzá e algún veciño que quixo saborear este enclave que discurre entre os Concellos de Barreiros e Lourenzá e chega ó de Trabada realizaron a Ruta das Fachas, con un espectacular percorrido de 8 kilómetros en sentido circular. A saída tivo lugar dende o Centro Social de San Xusto, atravesando o Val do Caínzo para chegar polo kilómetro 3 pola Zona das Fachas (onde está catalogado por Patrimonio tres zonas con restos arqueolóxicos megalíticos) e a partir de ahí ascenso ata Pena Corveira onde se encontra un excelente mirador e a Fonte Fermosiña tras un ascenso a 393 metros. Descenso de regreso pola Fraga da Regueira, Montes de San Paio en dirección á igrexa de San Xusto e chegada de novo ó punto de partida.
O éxito foi tal que os atletas xa quedaron citados para facer o vindeiro ano a II Kedada de adestramento da Ruta das Fachas 2017.
VER FOTOS DAS FACHAS!!!


Trofeo Conde Santo: DOMINGO 28 DE AGOSTO. 18,30. AUGACONS LOURENZÁ/VALADOURO. ADEMÁIS, SÁBADO: CADETES E XUVENÍS!!!

TROFEO CONDE SANTO 2016.

SÁBADO. 27 AGOSTO
17,00/ CADETE C. RIBADEO
18,30/ XUVENIL C. RIBADEO

DOMINGO. 28 AGOSTO
18,30/ AUGACONS LOURENZÁ-VALADOURO

Augacons Lourenzá - Guitiriz. Sábado 3 de Setembro!!! Comenza a Liga!!!

No día de onte foron presentadas as distintas ligas de fútbol na sede da federación en Lugo. A falta de recibir os calendarios oficiais, podemos adiantarvos que o Atleti comenzará como local o vindeiro sábado 3 de setembro diante dun equipo que soa entre os favoritos de cara a estar entre as primeiras posicións da táboa clasificatoria, o Guitiriz.
Ademáis, anunciamos o resto de categorías:
INFANTIL: 17 DE SETEMBRO COMO LOCAL DIANTE DE POLVORÍN.
CADETES: 11 DE SETEMBRO DIANTE DE FERROVIARIA.                        
XUVENÍS:17 DE SETEMBRO DIANTE DE POLVORÍN B.


23 de ago. de 2016

4 Títulos e 7 pódiums conforman unha nova actuación estelar das Balas na Figueras Solidario.

O domingo as Balas presentábanse na Figueras Solidario para colaborar nesta causa solidaria.
Resultados:
Benxamín Masculino: 3.- Xabi Sordo.
Benxamín Feminino. 1.- Iria Rguez.
Alevín Masculino: 1.- Ian Méndez.
Infantil Feminino: 1.- Ainara Rguez. 2.- Carme Alonso.
Infantil Masculino: 1.- Aleix Díaz. 2.- Cristian Piñeiro.
Ademáis participaron Iago Longarela, Brais Díaz, Cecilia Gómez, Carlota Menéndez, Henar Méndez, Marta Alonso e Nicolás Álvarez.


As Balas femininas das Escolas impoñense en todas as carreiras de menores na II Noctura do San Ramón de Villalba!!!

O pasado sábado a expedición laurentina do Maderas Barcia desprazábase a Villalba para participar na II Segunda Nocturna de San Ramón.
Resultados:
+7 anos:
1.- Henar Méndez.
+9 anos:
1.- Iria Rguez.
2.- Carmen García.
+12 anos:
1.- Ainara Rguez.
2.- Ana Vallines.
Ademáis participaron Nicolás Álvarez, Samuel Debasa, Fer Vallines,  Xabi Sordo, Valeria Álvarez, Aroa Glez, Alberto Glez, Emma García e Pablo Irimia.

19 de ago. de 2016

E o Venres 26 de Agosto Chega a XIX EDICIÓN DO DÍA DA BICI!!!

O vindeiro Venres día 26 de Agosto chega unha nova edición do Día da Bici a Lourenzá, neste caso a XIX edición. A saída será a partir das 18,30 e as inscripcións abriranse na Praza do Conde Santo ás 17,00 horas. Organizan as Escolas, e colabora o Concello de Lourenzá, Protección Civil de Lourenzá, Motos Santalla, La Voz de Galicia, Eroski City e Pastelería Cabaleiros.
Todos os participantes deberán levar casco, do contrario non poderán tomar parte na actividade.
Recoreremos varias pistas dentro do Concello ata chegar á área recreativa da Cazolga onde terá lugar o avituallamento. Despois de repoñer forzas, reanudaremos a marcha para chegar de novo a Lourenzá sobre as 20,00 horas.
Ó chegar, teremos distintas competicións coa bici na praza e logo entregaranse trofeos e regalos ós afortunados. 

18 de ago. de 2016

ABERTO PRAZO INSCRIPCIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS FÚTBOL, F. SALA, BASKET, PATINAXE E ATLETISMO!!!

Dende hoxe e ata o vindeiro venres 23 de setembro está aberto o prazo de inscripción para as Escolas Deportivas Lourenzá.

Con unha cuota de 6 euros ó mes, os alumn@s poden elixir todos os deportes que desexen. O abono farase mediante cargo bancario e as edades van dende a categoría pitufo ata xuvenil.
          
            Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debedes entregala no Concello de Lourenzá, ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando. Ademáis pódese facer vía online cubrindo o formulario que estará na páxina das escolas www.edlourenza.blogspot.com.es 

            Os deportes que se ofertan por XXI ano consecutivo son  Fútbol, Fútbol Sala, Atletismo,  Campo a Través, Baloncesto e Patinaxe Artístico.

     

Michael Sante, Noé Recalde e Eduardo Reigosa ó fronte dos equipos de fútbol Benxamín, Alevín e Infantil

Presentouse no día de onte no campo de Sta. Cruz os equipos de fútbol benxamín, alevín e infantil.

No acto estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López e o presidente das Escolas Lourenzá, D. Pablo Maseda; e o directivo do Mondoñedo FC. D. Jesús Basanta, posto que ambos clubs seguirán traballando por sexto ano consecutivo a prol do fútbol base.
A novedade para esta temporada é a incorporación ó corpo técnico de Eduardo Reigosa (Ximil) que foi xogador do primeiro equipo das Escolas e actual directivo.
Todos os alumn@s que queiran incorporarse a esta sección de fútbol terán de prazo dende hoxe 18 de agosto ata o venres 23 de setembro; data na que se dará por pechada a sección.
Seguirán ademáis Michael Sante que contará coa axuda de José Hdez.  e Noé Recalde. Michael farase cargo do equipo de fútbol infantil e fará tandem con Jose no alevín e Noé fará tandem con Eduardo no equipo de fútbol benxamín. Os equipos alevín e infantil xa adestrarán esta semana e os benxamíns a partir de setembro.


Siro Maseda incorporase como adestrador da sección de Atletismo das Escolas. Maderas Barcia continuará como patrocinador un ano máis da sección.

Presentouse no día de onte no campo de Sta. Cruz os atletas que formaron parte estas pasada temporada da sección de atletismo das Escolas.
No acto estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López e o presidente das Escolas, D. Pablo Maseda.
A novedade para esta temporada é a incorporación ó corpo técnico de Siro Maseda, un laurentino amante do atletismo e que é moi coñecido na comarca posto que participa dende fai moitos anos en probas populares e en trails de gran fondo. Siro virá a reforzar a parcela técnica na que continúan Martín Pardiñas, Ismael Vallines e Rubén García.
Todos os atletas que queiran incorporarse a esta sección terán de prazo dende hoxe 18 de agosto ata o venres 23 de setembro; data na que se dará por pechada a sección.
Ademáis dende as escolas agradecen a colaboración que presta o Clube Atletismo Lourenzá nos adestramentos así como nas competicións á que se presentan as balas; posto que sabedes que case todos os fins de semana os nen@s das Escolas están presentes en múltiples frentes e sen esta axuda todo esta sería imposible.
Maderas Barcia continuará un ano máis patrocinando unha das seccións máis laureadas das escolas, polo que este ano se renovará a equipación que será presentada en breve; vestiario que volverá a incidir nas cores do clube; branco, vermello e negro.
Este vindeiro fin de semana o sábado as balas do Maderas Barcia estarán na Nocturna Popular de San Ramón en Vilalba e o domingo na Figueras Solidaria en Castropol.


16 de ago. de 2016

Triunfo do Atleti diante do Riotorto no primeiro amigable da temporada. Augacons Lourenzá renova o compromiso co equipo para unha nova temporada

Debutou o equipo de Segunda Autonómica nesta nova temporada coa primeira victoria diante dun equipo de Primeira como o Riotorto. Nun partido clásico de pretemporada, o Atleti exhibiu boas maneiras a pesar dos múltiples cambios realizados ó londo do encontro. Os goles, do xuvenil Luís e de Montxo na segunda metade. Noraboa e a seguir así!!!
Ademáis, o pasado domingo Construcciones Augacons renovou o seu patrocinio como sponsor do 1º equipo de fútbol das Escolas. Na foto estivo presente o presidente do clube Pablo Maseda e un dos socios da empresa e directivo tamén do clube, Juan López. Un Millón de Gracias!!!


As Balas absorven os premios con 6 títulos no Cros de Piantón en Vegadeo!!!

A pesar de competir moitos dos atletas en doble esforzo pola mañá en Foz e pola tarde en Vegadeo, as balas non erraron e volveron a copar os premios e trofeos esta vez en Vegadeo:
Pitufos Masculino e Feminino:
2.- Carlota Tsehay Menéndez.
2.- Marcos Graña
Benxamín Feminino:
1.- Iria Rguez. 2.- Henar Méndez.
Alevín Feminino:
2.- Carmen García. 3.- Valeria Álvarez
Alevín Masculino:
1.- Ian Méndez.
Infantil Feminino:
1.- Ainara Rguez. 2.- Carme Alonso. 3.- Alba Alonso
Infantil Masculino:
1.- Nicolás Álvarez
Cadete Feminino:
1.- Claudia Graña.
Xuvenil Masculino:
1.- Aarón Rivas.
Ademáis participaron Emma García, Marta Alonso e Xabi Sordo.


Exitazos innumerables das Balas das Escolas na prestixiosa Run Foz Run o pasado domingo!!!

Participación numerosa e exitosa das balas na Carreira de Foz. Resultados:
Pitufos:
2.- Iago Longarela.
Benxamín Feminino:
1.- Iria Rguez. 3.- Henar Méndez.
Alevín Feminino:
2.- Carmen García.
Infantil Feminino:
1.- Ainara Rguez. 3.- Carme Alonso
Infantil Masculino:
1.- Aleix Díaz.
Participaron tamén con grandes resultados Marta Alonso. Ian Méndez, Xabi Sordo, Emma García e Brais Díaz.


Triunfo de Claudia Graña na Galopada de Tapia.!!!

O pasado sábado gañaba con absoluta autoridade na categoría cadete a atleta do Maderas Barcia Lourenzá Claudia Graña sobre un percorrido de 4 kilómetros. Ademáis participaba Marcos Graña con un 6º posto na categoría prebenxamín.


Título para Ainara Rguez. nos Villares de Guitiriz e subcampionato para Iria Rguez.!!!

O pasado sábado en Os Villares (Guitiriz) novo triunfo de Ainara Rguez. na categoría de 12 a 15 anos e subcampionato para Iria Rguez. na categoría de 7 a 10 anos sendo a mesma de primeiro ano!!!


Bronces para Henar Méndez e Aarón Rivas na Carreira de Viveiro Popular Adrián Ben.!!!

Benxamín Feminino: 3.- Henar Méndez.
Xuvenil Masculino: 3.- Aarón Rivas.
Ademáis, participou en categoría Alevín Masculino Ian Mendez con un 4º posto.



13 de ago. de 2016

Abertas inscripcións VII VAL DAS FABAS 2016!!! Acceder

Dende hoxe e ata o 27 de setembro permanecerá aberto o prazo de inscripción para unha das carreiras con máis sabor popular de Galicia.
Dende o servidor de inscripción, poderase tamén descargar o regulamento así como o track con perfil do percorrido.
A carreira que terá lugar o  domingo día 2 de outubro é gratuita para todos os nen@s que participen nas carreiras infantís e terán un coste de 5 euros para os adultos con regalo de camiseta técnica conmemorativa desta edición. Nos vindeiros días iremos desvelando máis novedades. A VII VAL DAS FABAS 2016, EN MARCHA!!!

Enlace inscripcións:
https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/931/vii-carreira-popular-val-das-fabas-lourenza-2016

Foto saída Edición 2015

10 de ago. de 2016

Diego Rego e Eduardo Iglesias toman o mando dos equipos xuvenil e cadete!!!

No día de onte tivo lugar a presentación dos equipos cadete e xuvenil. No acto estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá, Dª. Rocío López e dous representantes dos clubs vinculados. Por parte das escolas estivo o seu presidente D. Pablo Maseda e por parte do Mondoñedo Fc. D. Jesús Basanta. Presentouse o novo proxecto cadete e xuvenil. Diego Rego, xogador do primeiro equipo de fútbol das Escolas, ponse ó fronte do equipo xuvenil que se crea de novo esta temporada e Eduardo Iglesias, directivo das escolas e Director do Colexio Juan Rei capitaneará o equipo cadete.
Ambos equipos comenzarán a adestrar o vindeiro xoves, os cadetes a partir das 18,30 e os xuvenís ás 20 horas. Ademáis, Emérito Cabaleiro seguirá un ano máis á fronte da escola de porteiros.
Moita sorte a ambos equipos nesta nova tempada!!!

9 de ago. de 2016

O nome de Lourenzá sonou no máis alto na prestixiosa Milla de Ares coa nova actuación das balas das escolas!!!

Desprazabase o pasado sábado parte da armada da sección de atletismo das Escolas á vila de Ares para participar na súa Prestixiosa Milla no paseo marítimo desta vila mariñeira.
En benxamín feminino, título para Iria Rguez (1,40) en 500 lisos, seguida de Carlota Fontela(Marineda Atlético) e bronce para Henar Méndez (1,45). Participaba tamén Emma García (14ª) dun total de 30 participantes nesta categoría.
En alevín feminino Carmen García 4ª con un tempo de 3,06 nos 800 lisos.
Na categoría alevín masculino protagonismo para Ian Méndez, 2º con un tempo de 2,46 nos 800 lisos, só superado por un segundo por Raúl Gil de Ría Ferrol.
Triunfo de Ainara Rguez. en infantil feminino (3,16 en 1000 metros), seguida de Deki Mato(Millaraio) e a laurentina Ana Vallines (bronce con 3,30).
Ademáis, boa carreira do cadete Cristian Piñeiro que paraba o crono na milla (1600) con un tempo de 5,09 obtendo a medalla de prata.
Un total de 2 títulos e 6 pódiums para unha sección que estará repleta de actividades de cara ó vindeiro fin de semana: Venres en Viveiro Popular Adrián Ben, Sábado á mañá en Guitiriz(Villares), domingo á mañá en Foz e pola tarde en Piantón (Vegadeo).
ACCESO A FOTOS MILLA DE ARES


8 de ago. de 2016

Presentación dos equipos de fútbol cadete e xuvenil. Mañá martes. 20,30 horas. Sta. Cruz.

Mañá martes todos os cadetes e xuvenís están convocados en Sta. Cruz. para facer a presentación oficial e coñecer ós que serán os seus adestradores para esta vindeira temporada 2016 2017. No acto estará o presidente das Escolas Pablo Maseda así como o presidente do Mondoñedo Fc. Manuel Barreira, xa que ambas entidades seguirán coloborando no desenrolo do fútbol base.
A foto de inicio de temporada terá lugar ás 20,30 horas en Anfield Cruz. Os infantís farán tamén a súa presentación nos vindeiros días!!! Vamos!!!


3 de ago. de 2016

Presentado o Lourenzá 2016 2017!!! Vamos!!!

Onte martes  ás 20:30 presentouse en Sta. Cruz o 1º equipo das Escolas, que militará esta tempada no grupo norte da segunda autonómica. No acto estivo presidindo o Concelleiro de Deportes Francico Dasilva, o presidente do Clube Pablo Maseda, o delegado do equipo José Rguez, así como varios directivos. Moita sorte nesta nova andaina!!! Vamos!!!


2 de ago. de 2016

Carmen García gana para o Maderas Barcia Lourenzá o tradicional cros de Cabanas en Ferrol.

O pasado domingo tivemos 2 representantes das Escolas no tradicional cros de Cabanas en Ferrol. Carmen García impoñíase na categoría de menores (benxamín/alevín) con un tempo de 3,55 sobre un percorrido de 1000 metros polo areal de Cabanas. En segundo lugar entraba Inés López (C.A. Sada) e acompañábaas no pódium Alba Pena de C.A. Narón.
Ademáis a súa compañeira Emma García obtiña a 10ª posición na mesma categoría.
A vindeira cita para a sección será o vindeiro sábado día 6 de agosto participando varios dos seus integrantes na prestixiosa Milla de Ares.




1 de ago. de 2016

Comenza a era Edu Mariño ó fronte do Atleti con 17 renovacións e 4 incorporacións. Mañá Martes día 2 de Agosto en Anfield Cruz!!! Vamos!!!

Mañá martes 2 de agosto ás 20:30 horas será a presentación do primeiro equipo do ED Lourenzá, que militará esta tempada no grupo norte da segunda autonómica. Conta coas novedades do adestrador Edu Mariño que entrenaba ás categorias inferiores do Viveiro CF , e seguen como ben sabedes na 1ª plantilla renovados:

- Jose A. Bermúdez García (Pichi)
- Lucas Bouso Glez (Lucas)
- David Cabaleiro Pérez (Garrafín)
- Adrián Cabaleiro Rivas (Bugui)
- Diego Fdez. Rey (Carri)
- Felipe Glez. Docampo (Feli)
- Diego López Rego (Diego)
- Jorge López Vizcaíno (Jorge)
- Manuel Pardo Freire (Manu)
- Iván Recalde Docampo (Recalde)
- Noé Recalde Docampo (Noé)
- Diego Rego López (Diego Rego)
- Roi Rguez. Cabaleiro (Roi)
- Manuel Rguez. García (Manu Rguez. )
- Ramón Seivane Pérez (Montxo)
- Jesús Torres Lombardero (Suso)
- Diego Valea Rego (Chinco) 

Al altas que serán presentadas no día de mañá son todos de Lourenzá e tamén coñecidas por todos:
- Bruno Fdez.(Foz Xuvenil)
- E os xogadores   Chicho e Omar (Xogadores que deixaran por motivos persoais o equipo en anteriores tempadas e estaban sen equipo) e José Mª Iglesias (Mondoñedo Fc). 
O equipo está practicamente pechado á espera de algunha posible incorporación de última hora.

O central Omar Rguez. volve a sumarse ó proxecto 2016 2017

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe