29 de set. de 2013

Preto de 50 persoas colaborarán na Organización da Val das Fabas 2013!!!

Todo o persoal que colaborará o vindeiro sábado 5 de Outubro (preto de 50 persoas) na IV Val das Fabas 2013 terá unha próxima xuntanza o vindeiro xoves día 3 de outubro ás 20,30 horas no Salón de Actos do Concello de Lourenzá. Estarán os voluntarios de Protección Civil, os rapaces da sección de Ciclismo, os directivos das Escolas, os rapaces do 1º equipo de fútbol, persoal do Concello, persoal da sección de atletismo e persoal das Escolas. MIL GRACIAS!!!

Todos os resultados de 1ª Autonómica, ó instante en www.edlourenza.blogspot.com

Nos paneis da dereita, debaixo da información da Val das Fabas podedes seguir os resultados e clasificación do fútbol de 1ª Autonómica. Ademáis, aparecen os enlaces ás ligas dos xuvenís e infantís. Tan rápido como comencen as ligas dos restos dos equipos, iran aparecendo os enlaces directos!!!

Final 1 autonómica. Cabreiros 4 Lourenzá 4.

3 triunfos e 7 pódiums desafiando a auga na Popular de Viveiro!!!

No día de onte os intrépidos atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo desafiaron a auga participando na Carreira Popular de Viveiro. En total preto de 200 participantes na proba.  Noraboa a todos polo esforzo realizado, e desexar unha rápida recuperación a Claudia Graña que no día de onte volvía para a casa lesionada.
Resultados de pódiums:
PITUFOS FEMININO: 1ª – Diana Lastra. 2ª - Carmen García.
BX. FEMININO: 1º- Ana Vallinez.2ª- Ainara Rguez.
AV. FEMININO: 1ª – Claudia Graña.
INF. FEMININO: 3ª – Carmen López.
INF. MASCULINO: 2º - Ilyass Khaled.

ACCEDER A TODAS AS FOTOS DA CARREIRA
Claudia Graña antes da saída na carreira  Alevín Feminino!!!

27 de set. de 2013

24 de set. de 2013

Unha boa nova: "Nace un novo equipo de Básket Sénior Feminino"

As E.D. Lourenzá Mondoñedo teñen novo equipo sénior de basket feminino. No dia de hoxe, que era o última para inscribir o equipo, concretouse de forma oficial a inscripción para participar na Liga Provincial de Lugo e Coruña.  
          Así pois, por primeira vez na historia as Escolas presentarán dous equipos en ámbito sénior feminino, un en Nacional e outro en Provincial.
          As rapazas que se farán cargo da secretaría técnica e xogarán tamén neste novo proxecto serán a capitana durante moitos anos en autonómica Laura Fernández e a tamén xogadora formada nas categorías inferiores Andrea Rodríguez.
          Ademáis o equipo agora mesmo está formado polas exxogadoras de autonómica, a laurentina Marta Peláez, a burelesa María García Novoa e a focense Ainhoa Vega;  coas sénior Iria Sánchez, Milka Rubal e Cristina Rubal e as júnior Tania Irimia, Patrícia Rguez e María Taboada.  Da delegación do equipo encargarase Noelia García e como adestrador estará Mariano De La Torre. Moita sorte!!!
Laurinha e Ainhoa recollendo o Trofeo no Lourenzá en Xogo 2012

Presentación Val das Fabas 2013!!!

Presentación da IV Carreira Popular VAL DAS FABAS 2013

    O Vindeiro xoves día 26 DE SETEMBRO, ás 18:00 horas e no salón de Actos do Concello deLourenzá PRESENTAREMOS en roda de prensa a IV EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS.
    A carreira será o vindeiro 5 de outubro enmarcada dentro da programación festiva da Festa da Faba de Lourenzá ás 16:30 horas para categorías menores e ás 17:30 horas para cadetes, juniors e séniors(percorrido de 6,330)
    Estarán presentes, entre outros:
- Dª. Emma Álvarez Chao (Alcaldesa do Concello de Lourenzá)
- D. Manuel Otero Méndez (Servicio Provincial De Deportes da Xunta de Galicia)
- D. Antonio Veiga Outeiro (Vicepresidente da Dep. Provincial de Lugo)
- D. Pablo Maseda Fdez (Presidente das E.D. Lourenzá)

19 de set. de 2013

As E.D. Lourenzá Mondoñedo protagonistas no vídeo da Carreira Benquerencia Terra-Mar da Tvg...

Deixamos o enlace para que disfrutedes do protagonismo dos nosos rapac@s na Carreira de Terra-Mar de Benquerencia. Está a partir do minuto 21:30. !!! Esperemos que vos guste !!!
VÍDEO CARREIRA BENQUERENCIA TERRA/MAR

17 de set. de 2013

A sección de Basket estudia crear un novo equipo sénior feminino!!!

A sección de Basket estudia a posibilidade de crear un novo equipo de basket de categoría sénior feminina, que militaría en Liga provincial ( Lugo e Coruña). Este equipo estaría formado por xogadoras que por distintos motivos(estudios, laborales...) non poden sair a competir en Liga Nacional e por xogadoras de categoría Junior. Todas aquelas que vos querades sumar á iniciativa das Escolas de Lourenzá e Mondoñedo podedes pasar polo pavillón de Lourenzá este vindeiro venres sobre as 20,00 horas, ou tamén facer calquera consulta ó correo escolaslourenza@gmail.com !!!  

15 de set. de 2013

Resultados e Clasificacións 1ª Autonómica!!! Iberia 2 Lourenzá 1 (Recalde)

2 horas para que salte o Atleti nas Valgas!!!

Coas baixas de Dani Rego, Isaac e Lucas e a duda de Marquinhos preséntase o Atleti en San Miguel buscando a primeira victoria da temporada diante dun rival recén ascendido pero reforzadísimo con xogadores de contrastada calidade. Vamos, rapaces!!!

Os Infantís van en serio: Castro, 1 - Lourenzá Mondoñedo 9.!!!

1ª Xornada de Fútbol Infantil.-
CASTRO 1, LOURENZÁ MONDOÑEDO 9.
Descanso: 0-6.
Goleadores: Aksay(4), Jose Edrosa(3), Romay(2).
Noraboa e a seguir traballando!!!

13 de set. de 2013

Fotos do debut do xuvenil. "Pinchar para acceder".

Equipo Xuvenil E.D. Lourenzá Mondoñedo Temporada 2013/2014

O Xuvenil empeza forte: Final (Victoria 4/1)

FINAL FÚTBOL XUVENIL: 1º PARTIDO DE LIGA.
Lourenzá Mondoñedo 4, Meira 1.
Descanso: 1-1. Goles: Pichi(2), Adrián Vizcaíno, Jacobo.

Presentadas as Categorías Menores das Escolas!!!

Onte xoves presentaronse as Categorías Menores das Escolas Deportivas, concretamente os equipos de fútbol sala prebenxamín, benxamín e alevín, fútbol 8 alevín; así como as seccións de baloncesto (benxamín e alevín), atletismo, patinaxe, bádminton e tenis de mesa das E.D. Lourenzá Mondoñedo. O resto de equipos xa tiveron as súas presentacións dende comenzos de agosto e levan máis tempo adestrando. 
No ano que coincide coa 19ª Edición estiveron presentes, ademáis de pais e directivos a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Emma Alvarez Chao, o Concelleiro de Deportes D. Pablo Maseda e o Deputado Autonómico D. Vidal Martínez.
Na sección de fútbol/fútbol sala os rapaces Prebenxamíns e Benxamíns estarán dirixidos por David Cabaleiro mentres que no equipo Alevín estará adestrando Michael Sante. Completan o cadro Brenan Rivas co infantil, Ramiro Chao ó fronte do cadete e Javi Chinchón co xuvenil.
Na sección de basket Raúl Glez estará coas categorías Mini (Benxamín e Alevín) e Santi e Mariano cos equipos Cadete e Infantil. Juan Nécega dirixirá ó equipo sénior no seu debut en Liga Nacional.
En canto á  sección de atletismo os pequenos serán adestrados por Rubén Piñeiroa e dos adultos encargarase José Carlos Diaz.
Tania Irimia seguirá como Monitora de Patinaxe e Raúl Glez. estará á fronte das seccións de Tenis de Mesa e Bádminton.
P.d: Se a foto non se ve ben, poñede se queredes unha de arquivo, posto que a que enviamos ó ser tantos nenos non se ve como debería. Saúdos. 

11 de set. de 2013

Fotos dos Infantís no Cuadrangular en Viveiro!!!

Os Xuvenís adiantan o Inicio de Liga ó Venres!!! Fin de Semana!!!

Os xuvenís e infantís arrancar as súas respectivas ligas esta semana. Os xuvenís debutan este vindeiro venres día 13 de setembro ás 18:00 horas en Sta. Cruz diante do Meira, mentres que os infantís xogan o sábado 14 de setembro en Castro ás 11:30 horas. Ademáis, o Atleti visita o vindeiro domingo ás 17:00 horas o fortín de As Valgas diante do Iberia nun novo derbi!!!Moita sorte!!! Vamos!!!

10 de set. de 2013

Xoves 12 Setembro, Presentación das Escolas para Categorías Menores

Este vindeiro xoves día 12 de setembro, no Municipal de Sta. Cruz ás 19,00 horas; presentaremos as Escolas Deportivas para categorías menores.
Estarán por tanto os equipos Prebenxamín, Benxamín e Alevín de fútbol sala/fútbol 8 das Escolas Lourenzá así como os equipos Benxamín,Alevín da sección de Basket das E.D. Lourenzá Mondoñedo así como a sección de Atletismo e Patinaxe Artístico.

Máis fotos da Carreira Benquerencia Terra Mar!!!

Para os que tedes facebook, deixamos un enlace da organización con máis fotos da I Benquerencia Terra Mar:
https://www.facebook.com/BenquerenciaTerramar/photos_stream

9 de set. de 2013

Emma, Brais, Diana, Nico, Ana, Xana e Aarón vencen na Benquerencia Terra Mar no regreso de Manuel Folgueira á sección!!!

Impresionante día o de onte en Barreiros que nos permitíu disfrutar da I Carreira Popular Terra Mar de Benquerencia. Noraboa á organización polo traballo realizado nesta primeira edición.
Resultados Categorías Inferiores:
PITUFOS FEMININO: 1ª – Emma García.
PREBX MASCULINO: 1º- Brais Diaz. 3º - David Martínez.
PREBX FEMININO: 1º- Diana Lastra. 2ª – Carmen García.
BX. MASCULINO: 1º- Nicolás Álvarez.
BX. FEMININO: 2ª – Hiba Bouyzar
AV. FEMININO: 1ª – Ana Vallines
INF. FEMININO: 1ª – Xana Rodríguez
CAD. MASCULINO: 1º - Aarón Rivas
CAD. FEMININO: 3ª – Camen López    
Resultados Adultos:
No día de onte debutaban dous exalumnos que se formaron nas nosas Escolas e que volven pola porta grande á sección de atletismo: Martín Pardiñas e o que fóra no ano 2000 subcampión galego de Campo a Través, Manuel Folgueira. Ambos, xunto con José Carlos Díaz fixeron un carreirón nos 7 kilómetros da proba:
- Manuel Folgueira: 13º Xeral / 5º Sénior/ : 28,18
- Martín Pardiñas: 18º Xeral / 7º Sénior/ : 29,31
- J. Carlos Díaz: 31º Xeral / 14º Veterano A/: 31,15.

5 de set. de 2013

Que pase a Liga: Lourenzá - Burela!!! Vamos!!!

LOURENZÁ - BURELA. DOMINGO: 17,00 HORAS. ANFIEL CRUZ!!!
Derbi na primeira xornada de Liga onde un Anfield Cruz vestirase de gala para recibir ó todopoderoso Burela. Os socios poderán retirar os carnets para toda a temporada. Vamos!!!

2 de set. de 2013

Os Xuvenís e Infantís reteñen Trofeo!!!

Os Trofeos Infantil e Xuvenil das E.d. Lourenzá Mondoñedo quedaron nas nosas vitrinas.
En infantís os de Brenan impuxéronse cunha contundente victoria por 8-5 ó Burela cos goles de Aksay(2), Paulo(2), Marcos, Pablo, Safu e Javi.
Os xuvenís gañaron 2-0 cunha victoria traballado sobre a Pontenova. Goles: Adrián e Kike.
Noraboa e a seguir traballando!!!

A armada de Atletismo logra 4 títulos e 10 pódiums na Popular Subida a Sta. Cruz de Ribadeo!!!

A sección de Atletismo das E.D. Lourenzá Mondoñedo estivo este pasado sábado disfrutando da popular do Monte Sta. Cruz de Ribadeo, cos seguintes resultados máis destacados:
PREBX MASCULINO: 2º- Brais Diaz.
PREBX FEMININO: 2ª – Carmen García. 3ª – Iria Rguez.
BX. MASCULINO: 3º- Fernando Vallines
BX. FEMININO: 1ª – Hiba Bouyzar
AV. MASCULINO: 3º - Adnan Itrih
AV. FEMININO: 1ª – Ainara Rguez. 2ª – Ana Vallines
INF. FEMININO: 1ª – Lidia Barreira
CAD. MASCULINO: 1º - Aarón Rivas


O Atleti adxudícase o XV Trofeo Conde Santo!!!!

Onte domingo disputouse o XV Trofeo Conde Santo 2013 con motivo das festas patronais na modalidade de 3 a 1; con ambientazo de gala no Anfiel Cruz.
1º PARTIDO: LOURENZÁ 2, FOZ 0.
Os goles de Montxo e Marquinhos fixeron xusticia ó sucedido nunhos 45 minutos moi entretenidos e nos que o Atleti estivo moi a gusto con momentos de bo fútbol por parte dos dous conxuntos. A pegada dos de Renda propiciaron o 2-0 final.
2º PARTIDO: FOZ 0, MONDOÑEDO 1.
Partido moi disputado con ocasións contínuas de gol onde o oficio e a superioridade física dos de Hermelino fixeron valer a victoria con gol de Rudvan.
3º PARTIDO: LOURENZÁ 1, MONDOÑEDO 0.
O Lourenzá levou a iniciativa en todo momento diante dun Mondoñedo que creou ocasións de perigo á contra. A contundencia no gol de Marquinhos tras a galopada de Montxho por banda acabou coa resistencia mindoniense.
Destacar o ambiente deportivo que reinou nos tres encontros. Recalde recolleu o trofeo de campión nas mans de Emma Álvarez Chao, Alcaldesa de Lourenzá.

1 de set. de 2013

GRANDE SIRO!!! MAQUINÓN SIRO!!!

Siro Maseda acaba de rematar a proba no Mont Blanc!!! Percorreu 167 kilómetros correndo en 38 horas, 10 minutos e 8 segundos e rematando na posición número 577 despois de superar picos con alturas próximas ós 2500 metros!!! GRANDE NON, MAQUINÓN!!!
ENLACE ÓS RESULTADOS:
http://www.thenorthfacejournal.com/category/endurance-running/ultra-trail-du-mont-blanc/?utm_source=facebook&utm_medium=social&utm_campaign=livetrail13

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe