4 de xul. de 2019

Fernando Vallines I de Lourenzá, admitido no Cto. de España Individual!!! Vamos!!!

Fernando Vallines acaba de ser admitido para o Campionato de España Cadete que terá lugar este vindeiro fin de semana en Xixón. O noso clube volverá a estar representado unha vez máis nunha cita nacional.
A súa actuación comenzará ás 20:20 horas do sábado, proba na que parte coa 7ª mellor marca do ano.  Ésta é a segunda ocasión que acude Fer nesta tempada a unha cita nacional despois de estar con Galicia fai un mes no nacional de seleccións autonómicas en Madrid.
Moita sorte, Fer. A disfrutar!!!


3 de xul. de 2019

Un Lourenzá blindado!!! Suso Foro, Noé, Jorge, Roi, Diego López e David Vizoso Renovados!!!

Estes últimos días ata 6 novos xogadores do plantel desta pasada tempada deron o OK a continuar un ano máis no Atleti. Falamos con eles sobre o que esperan dunha nova tempada ilusionante:
Suso Foro: "Temporada difícil e dura, debido a ser unha categoría máis esixente, e na que se estrea moita xente nova na que speremos que se adapte o antes posible...pero convencido de que vamos asentar ó equipo na categoría que se merece"
Noé Recalde: "Pois dende que levo no primeiro equipo que xa é a miña duodécima temporada sen contar un ano que tiven no Iberia é a máis ilusionante, creo que todos os fichaxes nos van aportar moito, se temos compromiso e traballo creo q podemos facer unha gran temporada.  Temos unha boa mezcla de xuventude e veteráns , agora temos que demostralo no verde como diría un ex entrenador noso"
Jorge López: "Estou moi ilusionado polo próximo ano, xa que conseguimos manter practicamente todo o equipo e as fichaxes vannos facer máis fortes se cabe. Seguindo na mesma liña de traballo que nos últimos anos, non creo que suframos para conseguir o obxectivo de salvar a categoría e competir por unha boa posición final na táboa. A afición merece compromiso e unha boa temporada"
Roi Rguez. : "Despois do conseguido o ano pasado a plantilla afronta este ano con ganas e ilusión nesta nova categoría. Será máis esixente pero coas novas incorporacions e mantendo o grupo de vestiario que caracteriza ó Atleli non dubido que acadar a permanencia será sinxelo."
Diego López Juve: "Todos sabemos que foi un ano complicado sobre todo ao principio da tempada aunque soupemos darlle a volta á tortilla con compromiso, bo rollo e sobre todo gracias a aficción.
Este ano supón máis esforzo xa que cambiamos de categoría e toca dar máis o callo, temos novas incorporacions ademais dos que xa eramos polo que deberíamos manter o obxetivo de aguantar en primeira.  Espero que siga habendo o compromiso que houbo ata agora e que ainda que as cousas non salgan ben sempre temos a oportunidade de darlle a volta porque somos o ATLETI LOURENZÁ e que ás veces "no estámos muertos, estámos de parranda"
David Vizoso Billy: "O ano pasado empezamos a tempada algo floxos, pero a base de esforzo e ganas conseguimos o gran obxetivo, que foi ascender. Este ano coas novas incorporacións e competindo como sabemos podemos dar outro gran paso."

2 de xul. de 2019

Ana Vallines e Iria Otero logran o campionato e subcampionato sub-20 no 5k de Luarca

Doblete no fin de semana para Ana e Iria que o domingo viaxaban a Luarca para participar no 5k da localidade asturiana.
Título sub-20 para Ana Vallines que empregaba na proba 21,07 en completar os 5 kilómetros a un ritmo de 4,13.
Ademáis a súa compañeira Iria Otero marcaba en meta 22,19 obtendo así o subcampionato a un ritmo de 4,27.

Choiva de títulos en Medal 2019 cos logros de Pedro Moirón, Iria Otero, Ana Vallines e Marcos Rivas.

Desprazábase o pasado sábado as balas á localidade asturiana de Medal (Coaña) onde disfrutaron dunha nova edición da súa carreira popular onde destacan polo seu trato hacia o atleta e sobre todo hacia a nosa entidade.

En benxamín, triunfo para Pedro Moirón.
En alevín, Emma García subcampiona.
En infantil, bronce para Carmen García.
En cadete, título feminino para Iria Otero e sucampionato para Samu Debasa.
En xuvenil, título feminino para Ana Vallines e masculino para Marcos Rivas.
Estiveron tamén presentes representándonos Javi e Aroa Ferreiro


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe