27 de ago. de 2020

6 meses despois Ana Vallines e Marcos Rivas volverán a representarnos no autonómico xuvenil de pista aire libre!!!

 Dentro de nova normalidade que nos toca vivir, este vindeiro fin de semana Ana Vallines e Marcos Rivas desprazaranse á Coruña para participar no Cto. Galego Sub-18. 

Ambos atletas están admitidos nas probas de 800, 1500 e 5000. Ana decidirase finalmente pola distancia larga (5000) que terá lugar o domingo á tarde e Marcos participará finalmente nos 1500 o sábado pola tarde. A pesar de que o último brote do virus na Mariña nos fixo suspender os adestramentos en equipo, ambos estiveron con entrenamentos individualizados intentando non perder o bo momento de forma que tiveron durante a tempada. 

Moita sorte a ambos neste regreso á competición dentro da nova normalidade!!! Vamos!!!




26 de ago. de 2020

As renovacións de Pichi, Arruñada e Aitor apuntalan ó Atleti para unha nova tempada!!!

Chegan as renovacións tan esperadas de Pichi, Arruñada e Aitor para completar un equipo que mezclará xuventude e veteranía no novo proxecto de Roberto Ramallal.   O equipo buscará ser a revelación da nova tempada en primeira sempre e cando as condicións sanitarias  permitan a disputa da competición.

José Ángel "Pichi" estivo a tempada pasada en 21 partidos, 9 como titular facendo un total de 1096 minutos. Anotou un gol diante de Folgueiro. Será a 6ª tempada de Jose con nós como senior logo de formarse nas categorías inferiores das escolas.

Pichi en directo: "Ansioso de empezar un ano máis no equipo no que tanto disfruto, e a intentar aguantar o equipo nesta categoría que é donde se merece estar"

O lateral Javi Arruñada estivo este curso pasado en 24 partidos, os 24 como titular acumulando un total de 2099 minutos. Será a segunda tempada de Javi con nós en primeira.

Aitor completou o ano pasado con 16 partidos, 6 como titular e 597 minutos. Anotou un gol, ó Folgueiro. Será a 3ª tempada de Aitor con nós dende a súa chegada procedente do Iberia. 

A falta de confirmar os xuvenís que farán a pretemporada co 1º equipo, o plantel queda case listo para a partida e está formado no día de hoxe por 18 futbolistas: (Recalde, Montxo, José Antonio, Yago, Luís Santamarina, Diego Juve, Noé, Garrafín, Paulo, Clemente, Jorge, Bugui, Álvaro, Suso Foro, Alex, Pichi, Arruñada e Aitor).

Moita sorte a Pichi, Javi e Aitor nesta nova etapa que esperemos que comence!!!



24 de ago. de 2020

Tres gladiadores máis renovados: Álex, Álvaro e Suso Foro dicen sí quero un ano máis co Atleti en primeira!!!

 A contundencia e experiencia na línea defensiva de Suso, a proxección e as ganas do lateral esquerdo Álex e a polivalencia e destreza de Álvaro apuntalan a un Atleti que, a falta de 3 ou 4 incorporacións máis vai quedando perfilado para o novo curso.

Os 3 xogadores, en directo: 

Álex: “Moi contento de volver a formar parte deste proxecto e con moitas ganas de empezar  a demostrar que este equipo ten nivel máis que suficiente para esta liga”

Suso Foro: “Gracias por darme a oportunidade de formar parte outro ano máis da gran familia do Atleti, e dar o pouco que me queda para contribuir a asentar ó equipo donde se merece. Simplemente, Gracias”

Álvaro: “Volver a estar no equipo que me deu a oportunidade de xogar ó fútbol dende que era cadete non ten prezo”

Gracias chavales e moita sorte para tod@s neste novo curso deportivo!!!






21 de ago. de 2020

O mediocentro Jorge e o meta Bugui seguirán un ano máis defendendo ó Atleti en Primeira!!!

Coas renovacións que nos chegan dos xogadores Jorge e Bugui xa son agora mesmo 12 (Recalde, Montxo, José Antonio, Yago, Luís Santamarina, Diego Juve, Noé, Garrafín, Paulo e a alta de Clemente ) os xogadores que sellaron o seu compromiso de cara á vindeira incerta tempada que nos espera; aínda que na vindeira semana esperamos comunicarvos cómo quedaría perfilado o plantel coas últimas altas, que non será de máis de 18 xogadores do primeiro equipo porque o míster quere así contar con 3 ou 4  xuvenís de último ano para que dispoñan de minutos na categoría

Jorge e Bugui non necesitan moita presentación pois levan con nós dende que tenen 6 anos. Sí queremos achegarvos os seus comentarios de cara ó que esperan no vindeiro curso: 

Jorge: “Motivado e orgulloso de vestir un ano máis a camiseta do atleti, esperemos que falten moitos máis.  Doutra banda, decir que todos estamos desexando que comece a nova tempada ao lado do novo míster Roberto Ramallal, para  demostrar que somos un gran equipo”

Bugui: “Confío en que esta tempada sexa a do asentamento do Lourenzá en primeira, posto que nesta última campaña fumos moito máis competitivos do que os resultados e a clasificación reflexaron. Toca aprender, traballar e corrixir eses erros que tanto nos penalizaron para conseguir o noso obxectivo. Estou convencido de que o conseguiremos”

Moita sorte a ambos un ano máis!!!


14 de ago. de 2020

Clemente, nova alta do Atleti en primeira.

O porteiro Clemente, formado nas categorías inferiores do Villalbés e que o ano pasado militou no equipo de 3ª división, comprometeuse no día de onte  con este novo proxecto dirixido por Roberto Ramallal para esta nova tempada en primeira.

Clemente, en directo: “Buscamos todos este ano que  como equipo se poda medrar de forma colectiva e individualmente e incluso optar a un posto alto na tabla, que co esforzo de todos  creo que podemos estar entre os primeiros postos da clasificación”.

Dende a directiva queremos agradecer a súa aposta e o compromiso neste novo proxecto esperando que se sinta aquí coma na súa casa. A incorporación de Clemente xúntase ás xa sabidas altas do míster Roberto Ramallal e das renovacións dos  xogadores  Recalde, Montxo, José Antonio, Yago, Luís Santamarina, Diego Juve, Noé, Garrafín e Paulo . Nos vindeiros días comunicaremos a últimas renovacións que están a producirse. #augaconslourenzá #edlourenzá #lourenzásomosdeporte #lourenzáédeprimeira #concellolourenzá #oatletisomostodos #vamosatleti #lourenzáfabricadeportistas


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe