24 de abr. de 2018

Xana Rguez. gana a Camovi en categoría Junior válida para a Copa Galega de Montaña. Ademáis participaron na Camoi Kids Samuel, Pedro, Aroa e Javi. Vamos!!!


Trofeazo na carreira absoluta de Friol para as nosas guerreiras Cadetes con un 3º posto por equipos (Ana, Mariña, Uxía, Carme e Marta)!!! Ademáis, títulos individuais para Manu Rguez. en infantil e Hugo López en alevín máis un bronce para Henar !!!

Nova actuación sorprendente nunha proba a de Friol onde sempre somos moi ben tratados e onde disfrutamos o pasado domingo dun excelente día de competición.
Alevín:
Triunfo de Hugo López no apartado masculino e bronce para Henar Méndez.
Infantil:
Triunfo de Manu Rguez. e 5ª posición para Ian Méndez.
Absoluta:
Meritoria terceira posición das guerreiras cadetes que competiron na proba absoluta de 5 kilómetros.
Ana Vallines entraba 4ª cadete e 138 da xeral en 22,43; Mariña 147 en 22,57; Carme 152 en 23,03; Uxía 153 en 23,03 e Marta 206 en 25,57. Primeiro posto entraba por puntuación o cadro local Friol, segundo Verxel de Lugo e terceira posición para as nosas rapazas.
Ademáis, competiron nesta proba absoluta Pablo Irimia e Anxo Edrosa!!!

16 de abr. de 2018

Duatlon: "O Debut en Provincial Soñado". Henar e Ian Méndez, Campións Provinciais benxamín e alevín!!! Maderas Naciente, novo patrocinador da sección!!!

Debutou con éxito absoluto a sección de duatlon das Escolas nun Campionato Provincial con dous títulos.
Na categoría benxamín, Henar Méndez impoñíase na proba coa súa compañeira Emma García alcanzando a 4ª posición a moi poucos segundos do podium e despois de remontar logo dunha caída.
En alevín masculino, Ian Méndez gañaba con moita suficiencia a proba sendo o seu compañeiro David Martínez 10º clasificado.
Carmen García competía na alevín feminina, con un 5º posto da xeral e Samuel Debasa na infantil obtiña igualmente unha meritoria 5ª posición.
Na catogoría Multixogo non competitiva tamén tivemos a representación de Pedro Moirón.
A seguinte parada da sección federada será o 12 de maio en Vedra(Santiago) no Cto. Galego da disciplina.
Unha boa nova se suma ós éxitos dos rapaces. A sección terá novo patrocinador a partir do día de hoxe: MADERAS NACIENTE; que levará o nome deportivo do equipo.
Noraboa a todos os rapaces e sobre todo ó seu míster Juan Luís Méndez polos éxitos acadados.
Somos Lourenzá, Somos Deporte!!!

11 de abr. de 2018

Xana Rodríguez, campiona junior da Toxiza Classic Xtreme 2018 e Subcampiona Absoluta!!!

Con un tempo de 1:41:05 adxudicábase a gran Xana Rguez. unha nova edición da Toxiza sobre un percorrido de 14 kilómetros. Campionza junior e subcampiona absoluta.
Comenza forte a nosa atleta que xa está en plena preparación das Carreiras de Montaña para esta temporada 2018!!!
Noraboa!!! Seguimos!!!

Pódiums para Ángela Rguez., Sara Otero, Borja Nogueira, Noa Valiña e Ana Vallines na IX Edición das Poleas en Tapia!!!

Resultados por categorías:
Bx. Masculino: 3/- Borja Nogueira.
Bx. Feminino: 1/- Ángela Rguez. 2/- Sara Otero
Av. Feminino: 2/- Noa Valiña
Cad. Feminino: 2/- Ana Vallines

Ademáis representáronnos nestas categorías Emma García, Andrea García, Anxo Edrosa, Pablo Irimia, Manuela Lastra, Lidia Balseiro, Roi De La Plaza e Carmen García.
Na competitiva de prebenxamíns, con victoria do noso gran Pedro Moirón, tamén estiveron Damián Edrosa, Daniela De La Plaza, Carlota Menéndez e Marta Rguez.

F8 Benxamín. Partidazo do Panadería Neli diante da Residencia con victoria 5-1. (Óscar 2, Álvaro 3). Seguimos!!!


2 Títulos Autonómicos e un Subcampionato para o Maderas Barcia Lourenzá no Cto. Galego de Milla en Ruta. A Lenda segue medrando!!! Santiago de Compostela, 08/04/2018

Outra xesta para enmarcar:

Cadete Feminino:
1- Ainara Rguez. 3,22. Título Autonómico.
14- Ana Vallines. 3,38
22- Mariña Salvatierra. 3,44
24- Uxía Salvatierra. 3,45
29- Carme Alonso. 3,53
38- Marta Alonso. 4,06

Infantil Masculino:
2- Manuel Rguez. 3,16. Subcampionato Autonómico.
16- Ian Méndez. 3,42
36- Fernando Vallines- 4,09

Alevín Feminino:
1ª- Iria Rguez. 3,43. Título Autonómico.
16- Henar Méndez. 4,09

Benxamin Feminino
9ª- Angela Rguez. 4,21

3 de abr. de 2018

O Maderas Barcia Lourenzá, de embaixador na emblemática VIII Carreira da Torre de Hércules en A Coruña. Ana Vallines, Bronce en cadete feminino!!!

Desprazábanse o pasado domingo varios atletas das Escolas para participar en A Coruña na carreira ó pé da Torre de Hércules.
Henar Méndez, 5ª en alevín feminino, con un tempo de 2,50 sobre un percorrido de 800 mts. Ademáis a súa compañeira Lourdes García entraba en 8ª posición parando o crono en 3:11.
Ian Méndez obtiña a 5ª praza en infantil masculino. 5,55 en 1600 metros.
E por último Ana Vallines lograba un meritorio bronce nun circuito de 2300 metros con un tempo de 8:34, a un ritmo de 3,44 o kilómetro.
Noraboa a tod@s!!! Seguimos!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe