30 de mar. de 2019

#onosoderbi, visto polos Presidentes.

Manolo Barreira (Mondoñedo FC): "Un ambiente de gala, un partido de pouco fútbol e moita emoción, e intentar sumar os tres puntos para sellar a permanencia ante o equipo máis en forma do campionato".

Pablo Maseda (Escolas Deportivas Lourenzá): "Disfrutar dun bo partido e que as aficións pasen un bo día dentro dun clima de total deportividade e ambiente sano como estes últimos anos. No campo intentaremos ganar para seguir loitando polo ascenso"


26 de mar. de 2019

Grandes resultados da expedición de Duatlon en Vilalba con Fabián Otero campión e Henar Méndez como subcampiona.

Cadro resumo de resultados.
Benxamín Masculino:
Fabián Otero - 1º con 9,18. Borja Nogueira - 5º con 10,23. Iago Longarela - 6º con 10,26. Sergio García 13º con 11,00. Alex Santor 14º con 11,01 e Samu Sanjurjo 19º con 13,45.

Benxamín Feminino:
Lidia Balseiro - 4ª con 10,43.

Alevín Feminino:
Henar Méndez - 2ª con 16,28.

Infantil Masculino:
Ian Méndez. 4º con 21,37.
David Martínez. 7º con 22,55.

Cadete Masculino:
Anxo Edrosa - 7º con 27,04.
Marcos Rivas - 9º con 28,04.
Samu Debasa - 10º con 28,15.

20 de mar. de 2019

Iria Otero e Manu Rguez. ganan a 39ª edición de San Xosé As Pontes. Subcampionato para Ian Méndez en infantil e bronce para Pedro Moirón en benxamín.

Coincidindo co galego de 5 kms. tivo lugar nas Pontes a Popular San Xosé As Pontes.
En categoría cadete triunfo de Iria Otero (6:47) e Manu Rguez.(5:50) na categoría cadete. En Infantil Ian Méndez alcanzaba o subcampionato e Pedro Moirón obtiña un bronce en benxamín (1:36).
Participou ademáis Henar Méndez cunha meritoria 4ª praza alevín con 3:24.

Ana Vallines, 5ª no Galego de 5 kilómetros en As Pontes. Representounos ademáis o xuvenil Marcos Rivas no Cto. Autonómico

No campionato autonómico disputado o pasado domingo en As Pontes coincidindo coa 39ª edición da Popular de San Xosé, Ana Vallines lograba unha meritoria 5ª praza xuvenil a escasos segundos do pódium xuvenil despois de completar os 5 kms. en 19:56, a 3:59 o kilómetro. Pola súa banda, Marcos Rivas entraba en meta na posición 15º xuvenil masculino con un tempo de 19:49.


Lidia Balseiro Gana O corre con Nós As Termas e a súa compañeira Lourdes García remata 6ª Infantil

O pasado domingo, no Corre con Nós en Lugo "As Termas" proclamábase campiona na categoría benxamín feminino Lidia Balseiro, con un tempo de carreira de 3:12. Formaba parte tamén na proba Lourdes García, que remataba 6ª infantil con 8:41.

14 de mar. de 2019

Non é baloncesto... É Lourenzá en xogo. Equipos participantes edición 2019!!!

29 equipos divididos en 4 categorías:
 Infantil, Cadete, Junior e Sénior.
Dende Cataluña... Barcelona... CB Gavá.
Dende o País Vasco... Bizcaia.. CB Balmaseda.
Dende o País Vasco... Álava... Corazonistas Vitoria.
Dende o País Vasco... Barakaldo... Dosa Salesianos.
Dende a Comunidade Valenciana... Valencia... S. Corazón Godella.
Dende Asturias... Pola de Lena... Basket Lena.
Dende as Illas Canarias... Tenerife... C.N. Tenerife.
Dende Portugal... Leça... Basket Leça.
Dende A Rioxa... Cenicero... Cor. Haro.
e os Galegos:
Dende A Coruña (C.B. Pontumio)
Dende Ourense (Depordima)
Dende Lugo (Ensino)
e como non, o noso anfitrión:
Terras de Mariña Lourenzá.




11 de mar. de 2019

Anxo Edrosa protagonista no II Duatlon Cidade de Oviedo(modalidade open) accedendo ó pódium co metal de bronce. Representáronnos tamén Samu Debasa e o noso míster Rubén G. Piñeiroa.

Triunfou Anxo Edrosa na cita nacional ovetense o pasado domingo.
Anxo remataba na 3ª posición cadete, realizando un tempo de 1 hora e 21 minutos e 25 segundos logo de percorrer 5 kilómetros correndo(21:18), 20 en bicicleta(46:02) e 2,5 correndo (12,51).
Ademáis estiveron con él Samu Debasa (5º cadete) con 1 hora,26 minutos e 50 segundos invertidos correndo en 23:14, bici en 48:57 e volta a correr en 13:25.
Rubén remataba na posición 37 veterano 1, con 1 hora e 18 minutos. 19:48 correndo, 46:17 en bici e 11:37 na última transición correndo.
Anxo: "Para empezar no duatlón este ano estou indo con moi bon pé. Esta proba non foi nada doada. O terceiro posto conseguino gracias á bicicleta con un circuito duro como a min me gusta".


Agrandamos o noso palmarés cos títulos comarcais do equipo benxamín Panadería Neli e do equipo infantil Maderas Barcia a unha xornada de rematar a Liga de fútbol sala. Representaremos ó Concello de Lourenzá no mes de abril no Cto. Provincial!!!. Seguimos escribindo a historia!!! Noraboa a tod@s!!!


En 24 horas daremos o coñecer os equipos participantes nesta vindeira edición do Lourenzá en Xogo 2019. Vamos que xa queda moi pouco... Go!!! Non é baloncesto, é Lourenzá en Xogo. #lourenzasomosdeporte #nonébaloncestoélourenzáenxogo #lourenzaenxogo2019

En 24 horas daremos o coñecer os equipos participantes nesta vindeira edición do Lourenzá en Xogo 2019. Vamos que xa queda moi pouco... Go!!!
Non é baloncesto, é Lourenzá en Xogo. #lourenzasomosdeporte#nonébaloncestoélourenzáenxogo #lourenzaenxogo2019

5 de mar. de 2019

Seguimos de Noraboa: Miguel Rivas e Raúl López, campións autonómicos á vencer con Lugo na final á Coruña por 3 a 0!!!


Anxo Edrosa, Samu Debasa e o noso míster Rubén G. Piñeiroa representáronnos con éxito no II Duatlon Cidade de Narón (Modalidade Open)

O pasado domingo tamén estivemos presentes en Narón, na proba Open do Duatlon Cidade de Narón, previo ó clasificatorio para o Cto. de España.
Os nosos deportistas remataron a proba pasando o corte con suficiencia cos seguintes resultados:
Rubén rematou en posición 30, logo de empregar 11.21(3,750) no sector a pé, 24:22 en bici (15 kms) e 4,05 nos últimos 2 kilómetros a pé.
Anxo Edrosa a pesar de ser cadete entraba nunha sensacional 38ª posición invertindo 12,27 correndo, 25:44 en bici e 4:22 no último sector a pé.
E o tamén cadete Samuel Debasa logrou rematar como pudo o sector en bici logo dun pinchazo, polo que fixo a posición 54 da xeral: 13,13 correndo, 29,08 en bici e 4,52 no último sector a pé.
Noraboa ós 3 polo magnífico traballo!!!
O vindeiro domingo 10 de marzo partirán rumbo a Oviedo, nunha nova proba desta modalidade!!!
Somos Lourenzá, Somos Deporte!!!
Anxo Edrosa, polas rúas de Narón (Ferrol)

3 de mar. de 2019

Outra xesta no autonómico cadete: Carreirón de Manu Rguez. nos 3000 para agasallarnos un novo título autonómico(9,59) e Subcampionato en peso para Fer Vallines(11,66). Boa actuación ademáis de Carme Alonso e Guillermo García

Un novo título autonómico e un subcampionato é o novo botín das Balas Cadetes do Maderas Barcia Lourenzá.
Impresionante actuación de Manu Rguez. no tartán dos 3000 lisos que consiguíu baixar dos 10 minutos parando o crono en 9,59. Este atleta de primeiro ano competía tamén no Triple salto aínda que ó coincidir no horario co 3000 só pudo saltar unha vez. Aínda así 5º con 10,97
E Fer Vallines volvía a subirse a un novo caixón autonómico como subcampión con un mellor lanzamento de 11,66 en peso. Na final de peso pasou á mellora tamén Guillermo García que obtiña a 8ª posición final con 9,01.
Carme Alonso, que sale dunha lesión participou nos 3000 lisos con un tempo de 12,36 e sendo 9ª da xeral. Mariña Alonso finalmente por enfermedade non pudo estar na final de 1000.
Noraboa a tod@s!!! Qué Grandes!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe