AGRADECEMENTOS A SEGUNDO LÓPEZ.
Segundo López non seguirá ó fronte do 1º equipo de fútbol de 1ª autonómica das E.D. Lourenzá.
Segundo López pon un punto e seguido na súa vida deportiva e deixa o noso clube despois de estar con nós nas dúas últimas temporadas; deixando ademáis escrita a mellor páxina do equipo na categoría como 6º clasificado de Liga.
Dende a directiva queremos agradecer públicamente o seu traballo, dedicación, compromiso e constancia. Sen dúbida ningunha él foi un dos artífices do bo rendemento do equipo de fútbol nestas dúas últimas temporadas e dende aquí queremos agradecerlle públicamente a súa labor e ó mesmo tempo desexarlle que alcance todos os éxitos deportivos alá onde comence a súa nova etapa deportiva.
A partir deste momento o clube buscará un adestrador que comulgue coa filosofía das Escolas para empezar a planificar xa a vindeira temporada 2011 – 2012.
En Lourenzá, a 30 de maio de 2011.
A DIRECTIVA DAS E.D. LOURENZÁ.