O porteiro Clemente, formado nas categorías inferiores do Villalbés e que o ano pasado militou no equipo de 3ª división, comprometeuse no día de onte con este novo proxecto dirixido por Roberto Ramallal para esta nova tempada en primeira.
Clemente, en directo: “Buscamos todos este ano que como equipo se poda medrar de forma colectiva
e individualmente e incluso optar a un posto alto na tabla, que co esforzo de
todos creo que podemos estar entre os
primeiros postos da clasificación”.
Dende a directiva queremos agradecer a súa aposta e o compromiso neste novo proxecto esperando que se sinta aquí coma na súa casa. A incorporación de Clemente xúntase ás xa sabidas altas do míster Roberto Ramallal e das renovacións dos xogadores Recalde, Montxo, José Antonio, Yago, Luís Santamarina, Diego Juve, Noé, Garrafín e Paulo . Nos vindeiros días comunicaremos a últimas renovacións que están a producirse. #augaconslourenzá #edlourenzá #lourenzásomosdeporte #lourenzáédeprimeira #concellolourenzá #oatletisomostodos #vamosatleti #lourenzáfabricadeportistas