21 de ago. de 2020

O mediocentro Jorge e o meta Bugui seguirán un ano máis defendendo ó Atleti en Primeira!!!

Coas renovacións que nos chegan dos xogadores Jorge e Bugui xa son agora mesmo 12 (Recalde, Montxo, José Antonio, Yago, Luís Santamarina, Diego Juve, Noé, Garrafín, Paulo e a alta de Clemente ) os xogadores que sellaron o seu compromiso de cara á vindeira incerta tempada que nos espera; aínda que na vindeira semana esperamos comunicarvos cómo quedaría perfilado o plantel coas últimas altas, que non será de máis de 18 xogadores do primeiro equipo porque o míster quere así contar con 3 ou 4  xuvenís de último ano para que dispoñan de minutos na categoría

Jorge e Bugui non necesitan moita presentación pois levan con nós dende que tenen 6 anos. Sí queremos achegarvos os seus comentarios de cara ó que esperan no vindeiro curso: 

Jorge: “Motivado e orgulloso de vestir un ano máis a camiseta do atleti, esperemos que falten moitos máis.  Doutra banda, decir que todos estamos desexando que comece a nova tempada ao lado do novo míster Roberto Ramallal, para  demostrar que somos un gran equipo”

Bugui: “Confío en que esta tempada sexa a do asentamento do Lourenzá en primeira, posto que nesta última campaña fumos moito máis competitivos do que os resultados e a clasificación reflexaron. Toca aprender, traballar e corrixir eses erros que tanto nos penalizaron para conseguir o noso obxectivo. Estou convencido de que o conseguiremos”

Moita sorte a ambos un ano máis!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe