Informamos de dúas renovacións que son moi esperadas pola afección, a de dous dos buques insignia do Atleti que seguirán un ano máis facendo as delicias dos socios na Sta. Cruz. Será a 9ª tempada que ambos xoguen en primeira coas escolas despois de toda unha vida adicada ó clube.
O pasado curso paralizado en marzo Iván disputou 18 partidos e os 18 como titular, con un total de 1560 minutos e 7 goles. Pola súa parte Montxo disfrutou de 19 encontros, 16 como titular, con un total de 1377 minutos e 3 goles.
As nosas figuras en directo:
Iván: "Feliz de poder seguir un ano máis na miña casa, coa mesma ilusión e ganas que cando empecei, e tamén coa emoción de que esto se me está acabando e con ganas de exprimir cada momento en Santa Cruz vestindo a camiseta do Atleti"!!!
Monxto:"Como dixera Breo: "O fútbol sempre dá outra oportunidade" así é! E co cambio de míster renóvanse as motivacións para todos! Intentaremos aportar o máximo tanto no campo como no vestiario!! Forza Atleti!!!