12 de xan. de 2013

Sobresaínte actuación da sección de Atletismo na 1ª preparatoria de campo a través

3 ouros, 3 pratas  e 1 bronce puxeron o colofón a unha gran xornada de campo a través vivida no día de hoxe en Sta. Cruz.
En categoría benxamín feminina  Hiba Bouyzar xa é toda unha realidade. Medalla de Ouro.
En Benxamín masculino Ayoub Khaled dominou de principio a fin. Medalla de Ouro. Fernando Vallines diploma co 9º posto.
En Alevín Feminino Ainara e Ana xa nos teñen acostumad@s ó pódium. Plata e Bronce para estas grandes atletas. Ademáis o resto do equipo alevín rallou a gran altura.
En Alevín Masculino descubrimos a Manu Río, medalla de ouro. Diploma ademáis para Ismael Palomino.
Pódium tamén para outra intocable da sección, Xana Rodríguez con medalla de plata.
Diploma para Ilyass en infantil masculino, e Prata para Hamza Malloul en Cadete masculino. Nesta categoría triunfo co ouro para o laurentino Aarón Rivas.!!!
Noraboa, rapac@s. A seguir traballando!!!
*** Nos vindeiros días iremos subindo todas as fotos da proba!!!
Equipazo Alevín Feminino antes da saída!!!
A plantilla de Atletismo antes de empezar a quentar!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe