29 de xan. de 2013

A recaudación do Lourenzá - Foz, para Sandra Llopis!!!


Publicamos a Nota de prensa: 
Esta rapaza, nada en Barcelona pasou a súa infancia en Lourenzá, concretamente na parroquia de San Adriano de onde é nativa sua nai.Sandra Llopis é coñecida na Mariña dende que iniciou unha campaña a finais de outubro para recaudar fondos para realizar un transplante de córnea no Instituto Oftalmolóxico de Barcelona. 

A día de hoxe son 10 as operacións as que foi sometida Sandra, e todas elas, agás esta última recolocación dos implantes foron sufragadas por ela e o seu marido, pero este, fai máis dun ano que está no paro polo que lles é imposible afrontar os custos para realizar esta operación que precisa de xeito urxente. Na tarde de onte enseñounos o presuposto que ascende a 9222 €, importe que será subvencionado nunha pequena cantidade pola Fundación Barraquer, máis precisan da solidaridade dos seus veciños para poder afrontala.
 
Neste caso e tendo en conta as súas raíces laurentinas pareceunos oportuno colaborar na recaudación do diñeiro que precisa, por ise motivo dende as Escolas Deportivas Lourenzá donarase o importe do encontro de primeira autonómica que se disputará o vindeiro domingo no campo de futbol local, donde se enfrentan o Lourenzá e o Foz. O prezo das entradas son de 5 € e todo o recadado será para axudar a costear esta operación, amáis, os socios que non pagan entrada habitualmente poderán facer un donativo no propio campo de futbol, así como aquelas persoas que non poidan acudir ao encontro e queiran colaborar que o poderán facer a través da fila cero facendo a súa aportación no número de conta 2048-0191-63-3004001856 de Cajastur en Ribadeo
 
Con este feito queremos animar a todas as persoas que de xeito voluntario e solidario poidan axudar a esta rapaza que durante anos foi veciña de Lourenzá e que ten a mala sorte de padecer unha enfermidade pouco coñecida e cun tratamento moi costoso.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe