A primeira proba (preparatoria) disputarase en Sta. Cruz este vindeiro sábado 12 de xaneiro, mentres que a clasificatoria para o campionato provincial terá lugar o sábado 19 de xaneiro.
Para esta primeira proba participan con preto de 230 rapac@s as seguintes entidades:
S. Roque Viveiro, Sta. Rita Galdo, Martínez Otero, Colexio O Pilar, Ceip Luís Tobío, Acd Xove, Ceip Nº 1 Foz, Emd Pontenova, Edm Valadouro e E.D. Lourenzá Mondoñedo.
As categorías serán as de benxamín, alevín, infantil e cadete.
A competición empezará a partir das 11,00 e espérase que remate sobre as 13,00 horas.
A competición empezará a partir das 11,00 e espérase que remate sobre as 13,00 horas.
Organizan a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a A.D. A Mariña; e colaboran na mesma o Concello de Lourenzá, as E.D. Lourenzá e Protección Civil.
Moita sorte a tod@s os participantes!!!