15 de set. de 2011

Presentación do equipo de 1ª División Autonómica. As rapazas de basket presentáronse en sociedade. Coñecemos a Cristina, a nova adestradora!!!

Hoxe, ás 18:30 horas; no salón de Actos do Concello de Lourenzá presentouse oficialmente o equipo de 1ª División Autonómica Feminina das E.D. Lourenzá. No acto tamén se firmou o convenio de colaboración para esta temporada entre as E.D. Lourenzá e o Ensino de Lugo; tratando de facer un equipo que represente á Mariña e que sexa un referente a nivel galego.

Tamén coñecemos á nova adestradora, Cristina Vázquez Balboa que se incorpora ó cargo despois de formarse nas categorías inferiores do C.B. Sarria e a temporada pasada que estivo como segunda adestradora do equipo de nacional do Ensino Lugo.

A plantilla para esta temporada será a seguinte:

- Carla Ares Ferández(procede do Junior do Ensino Lourenzá)
- Marly Varela de Brito (procede do Junior do Ensino Lourenzá)
- Ainoa Vega López ( 6ª temporada en 1ª autonómica)
- Mariña Alonso Méndez (4ª temporada en 1ª autonómica)
- Laura Fdez. Sánchez (6ª temporada en 1ª autonómica)
- Rocío Varela Veloso (procede de Nacional)
- Marta García Vázquez (procede de Nacional)
- Cristina García López (procede do Junior do Ensino Lourenzá)
- Judith Fdez. Molino (Procede de Nacional)
- Marta Álvarez Fdez (Procede de Nacional)
- Marta Lema Pérez (Procede de Nacional)
- Cristina Somoza Argibay(3ª temporada en 1ª autonómica)
- Ana Somoza Argibay (3ª Temporada en 1ª autonómica)
- Cristina Campo Castro (Junior)
- Elena Rguez Florez (Junior)
- Carmen Casariego Castiñeira (Junior)

A delegada do equipo será Noelia García Ónega, que o ano pasado xogou en 1ª autonómica. 
Dende aquí desexámoslles ás nosas rapazas moita pero que moita sorte neste novo proxecto que emprendemos!!!




Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe