27 de set. de 2011

Lourenzá e Mondoñedo firmaron un convenio histórico!!!

Lourenzá e Mondoñedo sellaron no día de hoxe un convenio histórico en materia deportiva.Estiveron presentes, entre outras personalidades:
Don Manuel Orlando González Cruz; Alcalde do Concello de Mondoñedo.
Don Vidal Martínez-Sierra López; Alcalde do Concello de Lourenzá
Don Pablo Maseda Fernández, Presidente da Asociación E.scolas Deportivas Lourenzá
e Doña Helena Freire, concelleira de Deportes do Concello de Mondoñedo 

Durante a firma de convenio déronse a coñecer tanto as particularidades como os obxectivos do mesmo, consistindo básicamente no seguinte: (AMOSAMOS UN RESUMO DO MESMO)
PRIMEIRO.- – Aos efectos do presente convenio as partes comprométense:
a)     Facilitar o uso das instalacións deportivas se o necesita e solicita calquera das partes xustificando a súa petición en non poder utilizar as súas propias instalacións por calquera razón xustificada (mal estado das instalacións, non ter horario de uso das mesmas por motivo de coincidir con outras actividades,...).
b)     Os obxectivos serán de colaboración entre as entidades neste primeiro ano para formar equipo de fútbol campo en categoría infantil e en baloncesto na mesma categoría. De igual xeito, se colaborará de forma aberta no resto de escolas e equipos pero respectando a identidade de cada escola no que atinxe a xogadores e adestradores sen interferir ningunha entidade no traballo das outras, se non é falado e pactado póla comisión de avaliación.
c)     As dúas entidades deportivas (asociacións), colaborarán na cesión de xogadores entre ambas entidades.
SEGUNDO.- Os obxectivos concretaranse pola comisión de avaliación, ao mesmo tempo que se revisarán pola mesma (número de equipos, lugar onde se ubican os mesmos, custos económicos, ...)
TERCEIRO.-  DURACIÓN DO CONVENIO:
O presente contrato comezará ao día seguinte da sinatura do mesmo e terá unha vixencia de catro anos. Tralo transcurso dos catro anos, prorrogarase anualmente de forma automática, agás que houbese comunicación pola contra por calquera das partes 15 días antes da finalización de cada ano de convenio.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe