12 de mar. de 2020

Importante: Suspendidos Adestramentos das Escolas por covid19


Comunicamos a suspensión de todos os adestramentos de todas as seccións deportivas das Escolas durante quince días para colaborar na prevención contra o covid-19.

Un saúdo e grazas a todos pola comprensión e polo voso traballo.

Un saúdo, A directiva das E.D. Lourenzá.


5 de feb. de 2020

Provincial de Cros. Gran actuación unha vez máis das nosas balas!!! Seguimos!!!

Disfrutaron as balas do cros provincial de menores nun día espectacular en Vilalba, logrando os subcampionatos de Lidia Balseiro (av feminino) e Iria Rguez. (inf feminino).
Aquí vai a brillante actuación dos nosos representantes, da cal estamos moi orgullosos!!! Agora a preparar o Galego!!!
➡️ Benxamín Feminino:
🏆 Carlota Menéndez (18).
➡️ Benxamín Masculino:
🏆 Pedro Moirón (9º), Damián Edrosa (18º), Javi Ferreiro (45), Alex García (ab lesión).
➡️ Alevín Feminino:
🏆 Lidia Balseiro (2), Daniela Bruzos(9), Sara Otero(17), Sheila López (18), Ángela Rguez.(23), Andrea García (28).
🎖 Equipo: Subcampión Provincial. Clasificado Galego.
➡️ Alevín Masculino:
🏆 Iago Longarela (13), Borja Nogueira (21), Segio García (29), Alex Santor (37), Miguel Arias (44).
🎖 Equipo: 6º provincial.
➡️ Infantil Feminino:
🏆 Iria Rguez. (2), Marta Rivas (14), Lourdes García (15), Emma García (25), Henar Méndez (26).
🎖 Equipo: Bronce provincial. Galego: Iria Rguez.
➡️ Infantil Masculino:
🏆 Hugo López (7), Pablo Reigosa (25), Samir Trazaguet (27), Xurxo Terrón (35).
🎖 Equipo: 4º provincial. Galego: Hugo López.
➡️ Cadete Feminino:
Iria Otero (4), Carmen García (10), Cecilia Gómez (19).
🎖 Equipo: 3º provincial. Galego: Iria Otero.
➡️ Cadete Masculino:
🏆 Alberto Ratoeira (6), Eduardo Reigosa (18), Ian Méndez (20), Juan Prado (25).
🎖 Equipo: 4º provincial. Galego: Alberto Ratoeira.
Todas as fotos no servidor habitual:
escolaslourenza.smugmug.com


24 de xan. de 2020

9 pódiums indiviuais e 6 pódiums por equipos con 5 títulos encumbran o traballo do Maderas Barcia Lourenzá no Cto. Comarcal de Cros. Agora a representarnos como sabemos no Provincial o día 2 en Vilalba. Noroboa a tod@s!!! Seguimos escribindo a historia!!!


➡️ Cadete Masculino:
Manu Rguez(1), Alberto Ratoeira(4), Edu Reigosa(7), Ian Méndez(9), David Mtnez(12), Juan Prado(15), Kevin Irimia (18).
Equipo: 🏆 CAMPIÓN COMARCAL.
➡️ Cadete Feminino:
Iria Otero (1), Carmen García (3), Cecilia Gómez(5)
Equipo: 🏆 CAMPIÓN COMARCAL.
➡️ Infantil Masculino:
André Moreno(2), Hugo López(3), Carlos Docampo(6), Samir Trazaguet(10), Xurxo Terrón(12).
Equipo: 🏆 CAMPIÓN COMARCAL.
➡️ Infantil Feminino:
Iria Rguez(1), Marta Rivas(4), Henar Méndez(5), Lourdes García(6), Emma García(9), Laura Pérez(20).
Equipo: 🏆 CAMPIÓN COMARCAL.
➡️ Alevín Masculino:
Iago Longarela(3), Borja Nogueira(4), Alex Santor(15), Miguel Arias(22).
Equipo: 🏆 SUBCAMPIÓN COMARCAL.
➡️ Alevín Feminino:
Lidia Balseiro(1), Sara Otero(4), Daniela Bruzos(6), Ángela Rguez(7), Sheila López(10), Andrea García(11), Manuela Lastra(13), Aroa Ferreiro(16), Sara Terrón(19)
Equipo: 🏆 CAMPIÓN COMARCAL.
➡️ Benxamín Masculino:
Pedro Moirón (3), Damián Edrosa(17), Alex García(27), Álex Álvarez(32), Javi Ferreiro(34), Manuel Glez(39).
Equipo: 🏆 4º COMARCAL.
➡️ Benxamín Feminino:
Carlota Menéndez(8), Ainé Irimia.
➡️ Ademáis tivemos na categoría Pitufos non competitiva a Daniela, Malak, Marta, Unai e Lucas.

5 pódiums das balas no IV Cros Absoluto da Mariña. Títulos para Ana Vallines e Marcos Rivas.

Na proba disputada o pasado domingo en Lourenzá, así o fixeron as nosas balas do futuro:
 ➡️Xuvenil Feminino: 🏆 Ana Vallines Campiona 🎖 Carme Alonso (2ª) e Marta Alonso (3ª) ➡️Xuvenil Masculino: 🏆Marcos Rivas Campión 🎖 Anxo Edrosa (2º) e Samu Debasa(5º).


13 de nov. de 2019

Duatlon: 4 Gladiadores no Duatlon Cros de El Asturcón (Oviedo): Anxo Edrosa, Samu Debasa, Marta Rivas e Borja Nogueira. Noraboa, máquinas!!!

No medio do barro, frío e a auga competiron o pasado domingo os nosos duatletas do Maderas Naciente Lourenzá no Cros de El Asturcón.
Na categoría cadete que participan no circuito da Absoluta(4 correndo - 13 bici e 2 correndo), Premio unha vez máis para Anxo Edrosa que firmaba un 3º posto cadete con un tempazo de 1 hora, 18 minutos e 44 segundos.
O seu compañeiro Samu Debasa tivo que abondonar por problemas mecánicos.
Na categoría alevín, Marta Rivas segunda clasificada do cuadro feminino despois de percorrer 1 kilómetro correndo, 3 kilómetros en bici e 500 outra vez a pé.
E xa por último, o Benxamín Borja Nogueira obtiña tamén o subcampionato despois de facer 500 a pé, 2 en bici e 250 metros a pé.
Noraboa, máquinas!!!


10 de out. de 2019

III MILLA POPULAR CONCELLO DE LOURENZÁ. ABERTAS INSCRICIÓNS!!!

Por 3º Ano Consecutivo xa estamos aquí. Abertas inscricións:
https://championchipnorte.com/…/iii-milla-popular-urbana-co…
Unha das millas máis rápidas da Comunidade ...
Lembrade que decidimos as clasificacións finais do TOUR MARIÑA.
E Este ano, en EDICIÓN NOCTURNA!!!
Vamos!!!😀

4 de out. de 2019

Adiante á sección de Patinaxe!!! Presentada oficialmente!!!

Nun acto presidido pola nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e no que asistiron ademáis a nosa Concelleira de Deportes Dª. Sonia Gavino así como o noso presidente D. Pablo Maseda presentouse a nosa sección de patinaxe artístico.
Tania Irimia seguirá ó frente dun grupo onde as maiores nos últimos anos coparon os podiums provinciais.
O xoves pola tarde será o día de adestramento en varios turnos.
Se ainda te queres incorporar estás a tempo.
Enlace inscrición para novas altas:
http://www.tfaforms.com/346818


1 de out. de 2019

Monumental: 10 pódiums cos títulos de Lidia Balseiro e Henar Méndez. Pódiums ademáis para Aroa Ferreiro, Iago Longarela, Iria Rguez., Carmen García, Iria Otero, Anxo Edrosa, Marcos Rivas e Ana Vallines ademáis de moita representación en todas as categorías!!! Gracias a tod@s por facelo posible!!!


O Centro da Cooperativa Terras da Mariña acolleunos  para presentar a X Val das Fabas 2019!!! Ismael Vallines Blanco, padriño desta X Edición!!!

Nun acto presidido pola nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e no que estivo acompañada por Dª. Sonia Gavino (Concelleira de deportes)  D. Manuel Otero (responsable provincial da Secretaría xeral para o Deporte) D. Pablo Maseda (Presidente das Escolas Lourenzá), D. Juan Luís Méndez e D. Ismael Vallines Blanco (Adestradores Atletismo do clube) e  D. José Cuadrado Oural (responsable da Cooperativa Terras da Mariña)   presentamos a X Val das Fabas 2019!!!
Ademáis no día de onte fíxose público o padriño de honra desta nova X Edición: será Ismael Vallines, adestrador das Escolas e un colaborador aférrimo nestas 10 edicións da proba e do deporte de Lourenzá. Rendimos así un pequeno homenaxe a todos os  voluntari@s que ano tras ano nos axudan e fan que o deporte en Lourenzá medre e se consolide ano tras ano!!!

Lembrade que hoxe remata o prazo de inscrición (teremos inscricións presenciais o mesmo día a 10 euros) dunha das probas con máis sabor popular de Galicia, na que estaremos nos  300 participantes!!!
Que a disfrutedes!!!

14 de set. de 2019

Socios 2019/2020. Entrega carnets a partir do mañá domingo. Os precios seguirán sen modificar un ano máis!!!

Xa sabedes que a nosa masa social é moi importante.
Este ano seguirán manténdose os precios de socio por quinto no consecutivo, e queremos concienciar sobre todo ós pais e nais dos alumnos neste compromiso para chegar a ser 400!!!
A partir do mañá domingo entegaranse no campo de Sta. Cruz tanto os domiciliados como os que se abonan en man.
Os socios renóvanse automáticamente temporada tras temporada salvo que un membro solicite darse de baixa enviando un correo a escolaslourenza@gmail.com. A demostración de ser socio ben co carnet ou ben co recibo bancario do abono.
As cuotas seguen un ano máis: Socio normal 40 euros, socio protector adicado ás empresas 70 euros, socio familiar 60 e deportivo 60 euros.
Moitas gracias pola vosa colaboración. Somos Lourenzá, Somos Deporte.

27 de ago. de 2019

E viñemos de Ribadeo(nocturna Rinlo-Ribadeo) cargados de Trofeos: Carlota e Damián en Prebenxamín, Lidia, Ángela e Borja en Benxamín, Carmen e Lourdes en infantil, Iria Otero en cadete e Ana, Anxo e Marcos en xuvenil. Noraboa a tod@s!!!








Galego 1000 en ruta: Lidia Balseiro campiona galega benxamín, Ana Vallines subcampiona provincial milla absoluta e pódiums ademáis para Marcos Rivas e Aroa Ferreiro na popular!!!

Gran actuación de novo das balas do Maderas Barcia Lourenzá que brillaron nesta ocasión no CAMPIANATO GALEGO DE 1000 EN RUTA E NO PROVINCAL DE MILLA FEDERADO.
A benxamín Lidia Balseiro (sub-10) facíase co trono de campiona autonómica nos 1000 lisos, nunha proba que dominou de principio a fin e na que marcou un tempo final de 3,46.
Ademáis dase a paradoxa de que Ana Vallines(sub-20) facíase con nin máis nin menos que con 3 trofeos en Guntín: Subcampiona absoluta provincial de milla con un tempo de 6,01; campiona xuvenil da proba popular e subcampiona absoluta da proba popular.
Ademáis, subiron ó pódium na proba popular Marcos Rivas en categoría sub-20 con un tempo na milla de 5,32 e Aroa Ferreiro (sub-10) bronce na popular e 4,37.
Ademáis participaron Pedro Moirón, 5º posto na popular con 4,37 e Carmen García 4ª con 4,03 nos 1000 lisos.



24 de ago. de 2019

III Desafío en rampa de saída!!! Presentado Oficialmente!!! Go!!!

Tomando Tovar como epicentro, o vindeiro domingo 8 de setembro chegará a III edición do Desafío.

Nun acto no que estiveron presentes a nosa Alcaldesa  Rocío López, a concelleira de Deportes  Sonia Gavino, os presidentes do C.C. Viveiro César Lage, de Atletismo Lourenzá Luís Graña e das Escolas Pablo Maseda, así como tres representantes de E.D Lourenzá Ciclismo: Juan Luís Méndez, José Manuel López e o triatleta Anxo Edrosa ; presentouse a III Edición do Desafío Tovar que inclúe nesta nova edición unha marcha ciclista con cronoescalada final e unha carreira popular para menores e adultos.


As inscricións marchan a bon ritmo (a día de hoxe máis de 70 inscritos) polo que teremos unha boa representación nas dúas modalidades e en todas as categorías, esperando sempre o tirón que terá lugar nos últimos días.
A marcha ciclista partirá dende Tovar ás 9,30 e espérase a súa chegada a Tovar ó redor das 13,00 horas; onde terá lugar a cronoescalada que fará as delicias de tod@s. E para estar entretidos, a partir das 11,00 teremos carreiras populares para menores e xa ás 12,00 partirá dende Tovar hacia A Cadeira a carreira absoluta de 4 kilómetros.

Teremos trofeos para os tres primeir@s clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscribiran antes do xoves 29 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido, cronometraxe control de meta por championchipnorte, , servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual de accidentes, ambulancia en evento e vallas e senalización en todo o circuito.

Lembrade que para anotarse ata o martes 3 de setembro!!!


22 de ago. de 2019

O Maderas Barcia Lourenzá xa carbura motores!!! Presentada oficialmente a sección de atletismo!!!

Nun acto presidido pola nosa alcaldesa Dª. Rocío López presentouse a sección de atletismo das nosas escolas. Estiveron tamén o noso presi Pablo Maseda, o directivo Lino García e o patrocinador principal da sección Javier Barcia.
Continúan traballando na sección os 3 adestradores que xa estiveron con nós a pasada tempada:
Juan Luís Méndez estará ó fronte das carreiras e da sección de duatlon, Ismael Vallines na especialidade de lanzamentos e Rubén García na modalidade de saltos e coordinador da sección.
Os adestramentos en equipo serán os luns no ximnasio, e martes en xoves en campo de 19 a 20,30 horas.
Os alumn@s que queiran incorporarse á sección poderán facelo nas vindeiras semanas ata finais de setembro, prazo no que quedará pechado o equipo para esta tempada 2019 2020.
A sección estrease este vindeiro domingo pola parte grande, coa participación de varios atletas no Cto. Galego de 1000 metros e o Provincial de Milla en Guntín.
A expedición estará formada por:
Benxamín: Aroa Ferreiro, Lidia Balseiro. Pedro Moirón.
Alevín: Emma García, Henar Méndez.
Infantil: Iria Rguez, Carmen García.
Cadete: Iria Otero.
Ademáis participarán no provincial de milla federado Marcos Rivas e Ana Vallines.

6 pódiums das Balas na prestixiosa Figueras Solidario!!!

Disfrutamos dun ano máis da solidaria para recaudar fondos na loita contra o cancro por medio da fundación Sandra Ibarra.
En benxamín: título feminino para Aroa Ferreiro e masculino para Pedro Moirón.
En alevín, subcampionato feminino para Lidia Balseiro e masculino para Iago Longarela.
E en cadete, subcampionato para Iria Otero e bronce para Carmen García.
Representounos na proba absoluta Marcos Rivas.
Seguimos!!!

20 de ago. de 2019

Aberto Prazo Inscrición Escolas 2019 2020 para NOVAS ALTAS. SÓ ALTAS NOVAS!!!


A partir do día de hoxe todos os alumn@s que queiran inscribirse por primeira vez nalgunha sección das Escolas poden facelo: FÚTBOL, FÚTBOL SALA, BALONCESTO, ATLETISMO, CAMPO A TRAVÉS, DUATLON, CICLISMO E PATINAXE. Son en total 8 deportes que apostan pola continuidade das últimas tempadas.
A cuota é de 6 euros ó mes e podes elixir todos os deportes que desexes. O abono farase mediante cargo bancario na conta que especifiquedes na ficha de inscripción no mes de outubro e as edades van dende a categoria pitufos ata xuvenil.
Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debedes entregala no Concello de Lourenzá ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando.
Tamén poderedes facer a inscripción online, sen desprazamentos. Só tedes que cubrir o formulario que encontraredes en www.edlourenza.blogspot.com.es
A roupa oficial do clube tamén está á vosa disposición a través da páxina das escolas:
O pack de competición terá un coste de 70 euros (Plumífero, Chándal e Polo) para os alumn@s e soci@s das Escolas Deportivas . A maiores hai a opción de sudadera, chubasqueiro, camisetas adestramento, chaqueta corta....
Lembrade por último que os alumn@s que xa formastes parte de edicións pasadas non necesitades enviar de novo a vosa inscrición se os datos seguen sendo os mesmos, xa que a vosa renovación será de forma automática.


 "Lourenzá, Somos Deporte"

8 de ago. de 2019

Yago Cruña e Jesús Losada(Chicho) ó frente do xuvenil e Michael Sante e Jose Hdez. co Cadete e infantil. Presentados Oficialmente!!!

Baixo a presencia da nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e a nosa concelleira de deportes Dª. Sonia Gavino así como de directivos e do noso presidente D. Pablo Maseda; presentaronse os xogadores do equipo xuvenil, cadete e infantil para esta tempada 2019 2020.
Baixo o xuvenil que seguirá co patrocinio do Rei das Tartas asumen a dirección Yago Cruña e Jesús Losada. Yago incorporouse recentemente ó plantel de 1ª autonómica e conta co título de adestrador, e fará tandem con Jesús Losada que estivo durante varias tempadas formando parte tamén do 1º equipo das escolas e xa estivo en anteriores etapas como adestrador das escolas.
Co equipo cadete de fútbol que seguirá patrocinando Excavaciones Ramsei estarán Michael Sante e Jose Hdez. Ambos xa estiveron os anos anteriores con este grupo de edade polo que conocen o plantel á perfección. Ademáis traballarán co infantil de fútbol sala, que seguirá coa denominación de Ford Talleres Cardi un novo curso.
Moita sorte a todos e a traballar!!!

4 de xul. de 2019

Fernando Vallines I de Lourenzá, admitido no Cto. de España Individual!!! Vamos!!!

Fernando Vallines acaba de ser admitido para o Campionato de España Cadete que terá lugar este vindeiro fin de semana en Xixón. O noso clube volverá a estar representado unha vez máis nunha cita nacional.
A súa actuación comenzará ás 20:20 horas do sábado, proba na que parte coa 7ª mellor marca do ano.  Ésta é a segunda ocasión que acude Fer nesta tempada a unha cita nacional despois de estar con Galicia fai un mes no nacional de seleccións autonómicas en Madrid.
Moita sorte, Fer. A disfrutar!!!


3 de xul. de 2019

Un Lourenzá blindado!!! Suso Foro, Noé, Jorge, Roi, Diego López e David Vizoso Renovados!!!

Estes últimos días ata 6 novos xogadores do plantel desta pasada tempada deron o OK a continuar un ano máis no Atleti. Falamos con eles sobre o que esperan dunha nova tempada ilusionante:
Suso Foro: "Temporada difícil e dura, debido a ser unha categoría máis esixente, e na que se estrea moita xente nova na que speremos que se adapte o antes posible...pero convencido de que vamos asentar ó equipo na categoría que se merece"
Noé Recalde: "Pois dende que levo no primeiro equipo que xa é a miña duodécima temporada sen contar un ano que tiven no Iberia é a máis ilusionante, creo que todos os fichaxes nos van aportar moito, se temos compromiso e traballo creo q podemos facer unha gran temporada.  Temos unha boa mezcla de xuventude e veteráns , agora temos que demostralo no verde como diría un ex entrenador noso"
Jorge López: "Estou moi ilusionado polo próximo ano, xa que conseguimos manter practicamente todo o equipo e as fichaxes vannos facer máis fortes se cabe. Seguindo na mesma liña de traballo que nos últimos anos, non creo que suframos para conseguir o obxectivo de salvar a categoría e competir por unha boa posición final na táboa. A afición merece compromiso e unha boa temporada"
Roi Rguez. : "Despois do conseguido o ano pasado a plantilla afronta este ano con ganas e ilusión nesta nova categoría. Será máis esixente pero coas novas incorporacions e mantendo o grupo de vestiario que caracteriza ó Atleli non dubido que acadar a permanencia será sinxelo."
Diego López Juve: "Todos sabemos que foi un ano complicado sobre todo ao principio da tempada aunque soupemos darlle a volta á tortilla con compromiso, bo rollo e sobre todo gracias a aficción.
Este ano supón máis esforzo xa que cambiamos de categoría e toca dar máis o callo, temos novas incorporacions ademais dos que xa eramos polo que deberíamos manter o obxetivo de aguantar en primeira.  Espero que siga habendo o compromiso que houbo ata agora e que ainda que as cousas non salgan ben sempre temos a oportunidade de darlle a volta porque somos o ATLETI LOURENZÁ e que ás veces "no estámos muertos, estámos de parranda"
David Vizoso Billy: "O ano pasado empezamos a tempada algo floxos, pero a base de esforzo e ganas conseguimos o gran obxetivo, que foi ascender. Este ano coas novas incorporacións e competindo como sabemos podemos dar outro gran paso."

2 de xul. de 2019

Ana Vallines e Iria Otero logran o campionato e subcampionato sub-20 no 5k de Luarca

Doblete no fin de semana para Ana e Iria que o domingo viaxaban a Luarca para participar no 5k da localidade asturiana.
Título sub-20 para Ana Vallines que empregaba na proba 21,07 en completar os 5 kilómetros a un ritmo de 4,13.
Ademáis a súa compañeira Iria Otero marcaba en meta 22,19 obtendo así o subcampionato a un ritmo de 4,27.

Choiva de títulos en Medal 2019 cos logros de Pedro Moirón, Iria Otero, Ana Vallines e Marcos Rivas.

Desprazábase o pasado sábado as balas á localidade asturiana de Medal (Coaña) onde disfrutaron dunha nova edición da súa carreira popular onde destacan polo seu trato hacia o atleta e sobre todo hacia a nosa entidade.

En benxamín, triunfo para Pedro Moirón.
En alevín, Emma García subcampiona.
En infantil, bronce para Carmen García.
En cadete, título feminino para Iria Otero e sucampionato para Samu Debasa.
En xuvenil, título feminino para Ana Vallines e masculino para Marcos Rivas.
Estiveron tamén presentes representándonos Javi e Aroa Ferreiro


26 de xuño de 2019

Aitor, Pichi, Marcos e Bugui selan o seu compromiso en primeira!!! Renovados!!!

4 novos xogadores da plantel da pasada tempada acaban de selar o seu compromiso un ano máis:
o medio Aitor e o defensa Marcos (dous dos últimos reforzos da pasada campaña) e duas institucións no clube; o porteiro Adrián Cabaleiro (Bugui) e o dianteiro Pichi.
Falamos con eles, sobre o que esperan para o novo curso:
Pichi: "Espero que toda esta xente nova axude ó equipo para poder competir en todos os partidos, tanto na casa como fora".
Bugui: "Esperanos unha tempada esixente porque o cambio a primeira vai ser notable. Temos que ser conscientes diso e seguir a filosofia deste ano na que todos dimos un paso adiante cando as cousas non iban como agardábamos e conseguimos darlle a volta á situacion con moito traballo e sobretodo bon rollo entre todos.
Temos unha boa base para afrontar este novo reto e as incorporacions seguro q nos van dar ese plus para conseguilo.
Asi que confio en que demos moitas alegrías a esa afeccion q nunca nos falla pase o que pase"
Marcos: "Estou seguro que co gran grupo que temos e que nos troixo a primeira cumplimos o obxectivo de salvarnos sen moitos problemas"
Aitor: "Espero ascender,porque dixen q me retiraba cando deixara o equipo en preferente. E espero retirarme para o ano..... (risas)... "


24 de xuño de 2019

David Martínez proclámase Campión Autonómico Infantil 80 valados!!! Gran actuación do resto da expedición!!!

Nova gran actuación dos atletas do Maderas Barcia Lourenzá:
David Martínez Janeiro proclamábase CAMPIÓN Autonómico na Final A dos 80 valados, logro de rexistrar un 14,29. En segundo lugar entraba Leo Rguez. de At. Samartelomeu e o bronce para Adirán Rivadulla de Ría Ferrol.
Participaba ademáis David nos 220 valados, concluíndo na Final A na 4ª posición a centésimas dun novo metal con 34,08.

Resto das Balas:
Ian Méndez, nos 2000 lisos, 14º con 7,21,73.
Lourdes García nos 2000 lisos, 13ª con 8,24,1
Carmen García nos 80 valados, na Final A 6ª autonómica con 16,12
Carmen García no salto de altura, 6ª con 1,35.
Uma Córdoba, 9ª en peso con 6,60.



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe