3 de xul. de 2019

Un Lourenzá blindado!!! Suso Foro, Noé, Jorge, Roi, Diego López e David Vizoso Renovados!!!

Estes últimos días ata 6 novos xogadores do plantel desta pasada tempada deron o OK a continuar un ano máis no Atleti. Falamos con eles sobre o que esperan dunha nova tempada ilusionante:
Suso Foro: "Temporada difícil e dura, debido a ser unha categoría máis esixente, e na que se estrea moita xente nova na que speremos que se adapte o antes posible...pero convencido de que vamos asentar ó equipo na categoría que se merece"
Noé Recalde: "Pois dende que levo no primeiro equipo que xa é a miña duodécima temporada sen contar un ano que tiven no Iberia é a máis ilusionante, creo que todos os fichaxes nos van aportar moito, se temos compromiso e traballo creo q podemos facer unha gran temporada.  Temos unha boa mezcla de xuventude e veteráns , agora temos que demostralo no verde como diría un ex entrenador noso"
Jorge López: "Estou moi ilusionado polo próximo ano, xa que conseguimos manter practicamente todo o equipo e as fichaxes vannos facer máis fortes se cabe. Seguindo na mesma liña de traballo que nos últimos anos, non creo que suframos para conseguir o obxectivo de salvar a categoría e competir por unha boa posición final na táboa. A afición merece compromiso e unha boa temporada"
Roi Rguez. : "Despois do conseguido o ano pasado a plantilla afronta este ano con ganas e ilusión nesta nova categoría. Será máis esixente pero coas novas incorporacions e mantendo o grupo de vestiario que caracteriza ó Atleli non dubido que acadar a permanencia será sinxelo."
Diego López Juve: "Todos sabemos que foi un ano complicado sobre todo ao principio da tempada aunque soupemos darlle a volta á tortilla con compromiso, bo rollo e sobre todo gracias a aficción.
Este ano supón máis esforzo xa que cambiamos de categoría e toca dar máis o callo, temos novas incorporacions ademais dos que xa eramos polo que deberíamos manter o obxetivo de aguantar en primeira.  Espero que siga habendo o compromiso que houbo ata agora e que ainda que as cousas non salgan ben sempre temos a oportunidade de darlle a volta porque somos o ATLETI LOURENZÁ e que ás veces "no estámos muertos, estámos de parranda"
David Vizoso Billy: "O ano pasado empezamos a tempada algo floxos, pero a base de esforzo e ganas conseguimos o gran obxetivo, que foi ascender. Este ano coas novas incorporacións e competindo como sabemos podemos dar outro gran paso."

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe