20 de ago. de 2019

Aberto Prazo Inscrición Escolas 2019 2020 para NOVAS ALTAS. SÓ ALTAS NOVAS!!!


A partir do día de hoxe todos os alumn@s que queiran inscribirse por primeira vez nalgunha sección das Escolas poden facelo: FÚTBOL, FÚTBOL SALA, BALONCESTO, ATLETISMO, CAMPO A TRAVÉS, DUATLON, CICLISMO E PATINAXE. Son en total 8 deportes que apostan pola continuidade das últimas tempadas.
A cuota é de 6 euros ó mes e podes elixir todos os deportes que desexes. O abono farase mediante cargo bancario na conta que especifiquedes na ficha de inscripción no mes de outubro e as edades van dende a categoria pitufos ata xuvenil.
Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debedes entregala no Concello de Lourenzá ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando.
Tamén poderedes facer a inscripción online, sen desprazamentos. Só tedes que cubrir o formulario que encontraredes en www.edlourenza.blogspot.com.es
A roupa oficial do clube tamén está á vosa disposición a través da páxina das escolas:
O pack de competición terá un coste de 70 euros (Plumífero, Chándal e Polo) para os alumn@s e soci@s das Escolas Deportivas . A maiores hai a opción de sudadera, chubasqueiro, camisetas adestramento, chaqueta corta....
Lembrade por último que os alumn@s que xa formastes parte de edicións pasadas non necesitades enviar de novo a vosa inscrición se os datos seguen sendo os mesmos, xa que a vosa renovación será de forma automática.


 "Lourenzá, Somos Deporte"

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe