29 de xuño de 2011

Noelia García, operada satisfactoriamente na Coruña.

No día de onte Noelia García Ónega, xogadora do equipo de basket de 1ª autonómica das Escolas, foi operada da súa lesión de xeonllo. A intervención (de menisco e ligamento lateral) durou cerca de 4 horas e parece que todo evoluciona favorablemente. Dende aquí desexámoslle unha rápida recuparación.
ÁNIMO, NOE. 

           Noelia (á dereita da imaxen) o día da sua presentación á chegada ó clube na temporada 2007/08

28 de xuño de 2011

Basket Autonómica: Lourenzá podría recuperar a CATEGORÍA!!!

Neste pasado fin de semana, a asamblea da federación galega de baloncesto acordou aumentar en 2 prazas a categoría autonómica feminina, pasando de 12 a 14 equipos. Con esta realidade, presentamos no día de hoxe un escrito á federación galega solicitando inscripción en 1ª autonómica para loitar pola  praza que creemos que nos pode corresponder; por ser o último equipo en descender.
Da resolución da mesma manterémosvos informados!!!

24 de xuño de 2011

Sta. Cruz non para e acolle este fin de semana os encontros do "Costa Nova 2011"

PROGRAMACIÓN:
VENRES:
19´30 Horas: Textil A Cantabria - Colegio Hogar
20´30 Horas: Colindres - Textil B Cantabria

SÁBADO:
11´00 Horas: Textil Escudo - Burela
12,00 Horas: Colindres - Foz
17,30 Horas: Cueto Cantabria - Getxo
18,30 Horas: Textil Escudo B - Foz
20,00 Horas: 1º grupo b - 2º grupo c

DOMINGO:
11´00 Horas: Ganador 3 - Mellor 2º (1/4 Final).

23 de xuño de 2011

Iván Recalde, premiado no Equipo Ideal de Primeira Autonómica.

Iván Recalde recollerá por terceira temporada consecutiva o premio que otorga o diario "El Progreso" na categoría de "Equipo Ideal de Primeira Autonómica"; que constata así o bo momento do equipo esta pasada temporada rematando na 6ª posición de liga.
O acto de entrega do mesmo será o vindeiro 30 de xuño ás 20:30 horas na delegación do Grupo El Progreso en Burela.
Noraboa.

22 de xuño de 2011

Jorge López, no equipo ideal de categoría Xuvenil. Premios El Progreso.

No día de onte, no salón da actos do Pazo de Feiras e Congresas de Lugo, o noso xogador xuvenil Jorge López recollía o premio como integrante do equipo ideal Xuvenil da temporada 2010 - 2011.
Como ben sabedes, Jorge xa disfrutou este ano de minutos en 1ª autonómica, polo que esperamos que esta vindeira temporada, que será a primeira a bordo do primeiro equipo, podamos seguir disfrutando do seu xogo.Noraboa.

19 de xuño de 2011

Torneo Fútbol 7 Lourenzá: Namarinos, campión. Adxuntamos as fotos da final e do acto de entrega de premios.

"Namarinos", vencedor a penaltis do Torneo de fútbol 7 disputado este fin de semana en Sta. Cruz. Como subcampión rematou "A Maseira", e como terceiro clasificado o "Ximnasio Lourenzá" (formado na súa amplia maioría polos xogadores das E.D. Loruenzá de 1ª autonómica). Mellor porteiro, Marcos Ron (Montañeros). Mellor xogador, Xusto; que acaba de ascender a Terceira División co Betanzos. Máximo goleador, Montxinho (E.D. Lourenzá). Felicitacións ós premiados e á organización, a ASOCIACIÓN FONTE DA RÁ.








Xa temos a Hugo no alto do pódium galego: Esperamos que vos guste a imaxen!!!

18 de xuño de 2011

Hugo Rguez, CAMPIÓN GALEGO DE ATLETISMO

Hugo, a pesar de ser un atleta en edade benxamín, acaba de facer historia. Fai pouco menos dunha hora que se acaba de proclamar campión galego da súa categoría na modalidade de PESO.
Con un lanzamento "estratosférico" de 8,94 metros consegue o título de CAMPIÓN GALEGO. Intentaremos averiguar se esta marca supón algún tipo de récord así como entrevistalo durante esta vindeira semana para que nos conte as súas impresións do campionato e da temporada.
NORABOA!!! 

Trece equipos luchan por vencer el torneo de Fútbol-7 de Lourenzá. La Voz de Galicia

17 de xuño de 2011

Comenza a rodar o balón en Sta. Cruz no Torneo de Fútbol 7

Organizado pola Asociación Fonte da Ra, hoxe comenza en Sta. Cruz o torneo de fútbol 7.


GRUPOS:Grupo A Ximnasio de Thiago, O rincon de Mondoñedo,Centro Optico Eliseo,Mezclados.
Grupo B A Maseira,Os Remedios, O Almacen
Grupo C Namarinos, Inter de Mitente,Los del Sur
Grupo D Pescados Patricio,Suministros Veipa,A Penelada


Horarios:
Venres
21-22 O Rincón- Mezclados
22-23 A Maseira - Os Remedios
23-24Ximnasio-Centro Optico Eliseo
...


Sabado
9-10 Namarinos-Inter de mitente
10-11 Centro Optico - Mezclados
10-11 Pescados Patricio - Suministros Veipa
11-12 A Maseira - O Almacen
12-1 Ximnasio- O Rincon
1-2 Namarinos- Los del Sur
2-3 DESCANSO
O horario de 10-11 é o único no q se utilizaran os 2 campos habilitados

15-16 Suministros Veipa- A Penelada
16-17 O Almacen-Os Remedios
17-18 O Rincon- Centro Optico Eliseo
18-19 Ximnasio - Mezclados
19-20 Los Del Sur- Inter de mitente
20-21 A Penelada-Pescados Patricio



Domingo:
1 - 9-10 1º A - 2º C
2 - 10-11 1º D- 2º B
3 - 11-12 1ºB-2ºD
4 - 12-13 1ºC - 2º A

15- 16 Ganador 1- Ganador 2
16-17 Ganador 3- Ganador 4

19-20 3º e 4º posto
20-21 FINAL



MOITA SORTE A todos os equipos e, sobre todo á ORGANIZACIÓN.

Hugo Rguez representará a Lourenzá no Cto. Galego de Atletismo mañá sábado día 18.


Hugo Rguez. estará presente mañá no Cto. Galego de Atletismo que se disputa en Santiago de Compostela. En xornada de mañá, Hugo competirá nas probas de lanzamento de peso (actual campión provincial) e de pelota. En peso parte como favorito con unha marca de 8,14 e moi próximo ó record galego, e en pelota intentará tamén estar no pódium dos elexidos pois obstenta un mellor lanzamento de 24,67.
MOITA SORTE, HUGO!!!

15 de xuño de 2011

Lourenzá terá equipo de FÚTBOL INFANTIL.

No día de onte presentaronse diante da federación de fútbol os avais a rexistro coa alta do equipo de fútbol infantil para a vindeira temporada 2011-2012. A intención da directiva é agora a de xuntar os rapaces suficientes para acometer esta competición con garantías; posto que sabedes que é unha competición a nivel provincial con un calendario moi esixente.
Por todo esto todos os que teñades para o vindeiro curso edade infantil así como os alevíns de 2º ano seredes citados no campo de Sta. Cruz a comenzos do mes de agosto. Se coñecedes algún amigo que poda sumarse ó proxecto, non o dubidedes; animádeo para que se sume ó equipo.

14 de xuño de 2011

Fútbol 1ª Autonómica: Adiantamos cómo podría quedar a liga esta vindeira temporada!!!. Menudo grupo!!!

Primeira Autonómica (18)

LEMOS
PÁRAMO
OUTEIRO DE REI
CASTRO

PASTORICENSE
FERREIRA
TABOADA
MILAGROSA
BURELA
BÓVEDA
CABREIROS
RIOTORTO
LOURENZÁ
VALADOURO
XERMADE
ALFOZ
RESIDENCIA
PORTOMARÍN

Queda 1 día para anotarse no Torneo de Fútbol 7 deste vindeiro fin de semana. Sta. Cruz vistirá as mellores galas!!!

Mañá mércores día 15 remata o prazo para inscribirse ó torneo de Fútbol 7 de Lourenzá. Xa son moitos os equipos inscritos polo que esperamos que este fin de semana se disfrute co bo ambiente deportivo no Municipal de Sta. Cruz. O xoves será o sorteo de grupos. Desto e dos horarios dos encontros intentaremos subirvos información. Aproveitamos para desexarlle moita sorte na organización do evento á Asociación Fonte da Rá, que realiza o torneo para recadar fondos para as festas patronais. Moita Sorte, Compañeiros!!!. 
M

12 de xuño de 2011

Entrevista a José Manuel no Progreso.

El Lourenzá apuesta por José Manuel


11/06/2011 - El Progreso (A Mariña)
El Lourenzá ya eligió el sustituto de Segundo López para el primer equipo de las escuelas deportivas, que militará por cuarta temporada consecutiva en Primera Autonómica. El designado para ocupar el banquillo laurentino es José Manuel, que la pasada temporada no entrenó a ningún equipo después de dirigir al Xove Lago durante algo más de una temporada y media. José Manuel se comprometió por dos temporadas con el equipo que preside Antonio Recalde.
El nuevo preparador del Lourenzá tiene a sus espaldas una exitosa y dilatada carrera como jugador, ya que militó en el Foz, Burela, Xove Lago, Iberia y Rácing Vilalbés. Como técnico dirigió la escuela de fútbol del Vilalbés, durante la temporada 2006-07 y fue el artífice del ascenso del Xove Lago desde Primera Autonómica hasta Preferente, aunque fue sustituido por Gayol a falta de dos meses para concluir la Liga en Preferente.
El técnico trata de explicar las razones de su decisión de no entrenar la pasada temporada, pese a tener ofertas importantes. «Estiven sacando o título nacional, o que me supuxo moito tempo e esforzo. Tiven ofertas de dous equipos de Primeira Autonómica, unha en xullo e outra en decembro, pero tiven que rexeitalas porque me era imposible compatibilizar traballo, estudios, fútbol e vida privada», señaló.
José Manuel considera que ahora ha llegado el momento de formar parte de un club que ya mostró interés anteriormente en contar con sus servicios, aunque en aquella ocasión se decantó por el Xove. «O Lourenzá xa se puxera en contacto conmigo cando deixei de xogar, pero firmei co Xove por ser o club no que me criei», asegura José Manuel, que destaca la apuesta por la gente de la casa que preconizan desde las escuelas laurentinas. «Considérome un adestrador ó que lle gusta traballar coa canteira e coa xente da casa, qué é a aposta do Lourenzá. Tamén destacaría a seriedade do Lourenzá, a nivel de Escolas Deportivas. Penso que é o Concello que mellor leva o Deporte», dijo.
La apuesta por la base puede verse consolidada con el remate del campo de hierba artificial. «Supón un aval para traballar e incluso nos permitirá tamén progresar no xogo combinativo», señala José Manuel, que no quiso dejar pasar la oportunidad de hablar del público. «Outra cousa que me motivou moito para fichar polo Lourenzá foi a gran afección que ven. No campo de Santa Cruz sempre se respira un ambiente de fútbol moi fermoso», señaló José Manuel.
Objetivos
El Lourenzá ha ido creciendo poco a poco en su estancia en Primera Autonómica, aunque José Manuel considera que la principal misión es seguir consolidando al club en la categoría. «Hai que lembrar que o Lourenzá so leva tres tempadas na categoría, polo que a aposta ten que ser de consolidación», señala el nuevo técnico, que prefiere marcarse metas a corto plazo. «A min gústame pensar domingo a domingo e intentarei implantar esta filosofía».
Lo que sí tiene muy claro José Manuel es que apostará por el mismo bloque que viene compitiendo en las últimas temporadas, siempre añadiendo jugadores que salgan desde la base. «Neste club os xogadores están por amor ás cores e á súa vila. Ninguén cobra nada, nin primas, polo que as necesidades cúbrense dende a base. Non pechamos portas a ninguén que queira participar no proxecto, pero sempre dentro da filosofía que xa está marcada».

10 de xuño de 2011

Comenza novo Ciclo en Lourenzá: José Manuel, novo adestrador das E.D. Lourenzá de 1ª Autonómica.

No día de onte foi presentado oficialmente o novo adestrador das E.D. Lourenzá para as vindeiras dúas campañas: O que fora exporteiro de Foz, Burela, Xove, Iberia e R. Villalbés; así como exadestrador de Xove Lago co que consiguíu o ascenso a Preferente, inicia agora unha nova etapa no equipo laurentino por un período de 2 anos. 
José Manuel decantouse por estar con nós sabedor da filosofía do clube; e espera ademáis un bloque competitivo pois continuarán a maioría dos xogadores que tiveron máis minutos a temporada pasada. 
O equipo militará por cuarta temporada consecutiva en 1ª autonómica tratando de estar de novo entre os mellores da categoría. 
Dende aquí querémoslle desexar que teña moita sorte nesta nova etapa que hoxe comenza e que todos nós agardamos con moita ilusión: Benvido.

5 de xuño de 2011

Campións de Copa Galicia Junior: Ensino Lourenzá 68, Cluny 33.

Cando aínda estamos na ceremonia de entrega de premios, xa vos podemos adiantar que somos CAMPIÓNS GALEGOS EN CATEGORÍA JUNIOR FEMININA:
ENSINO LOURENZÁ 68, CLUNY SANTIAGO 33


NORABOA A TOD@S. 

Fotos clausura 2011/parte 1ª. Primeiras imaxes do fin de festa.















 Todas as fotos da clausura que subamos quedarán archivadas na sección de "fotos TEMPORADA 2010 2011" debaixo de "Fabito". Podedes envialas a escolaslourenza@gmail.com

31 de maio de 2011

Segundo López non estará a vindeira temporada como máximo responsable do equipo de 1ª Autonómica.

AGRADECEMENTOS A SEGUNDO LÓPEZ.

Segundo López non seguirá ó fronte do 1º equipo de fútbol de 1ª autonómica das E.D. Lourenzá.
Segundo López pon un punto e seguido na súa vida deportiva e deixa o noso clube despois de estar con nós nas dúas últimas temporadas; deixando ademáis escrita a mellor páxina do equipo na categoría como 6º clasificado de Liga.
                Dende a directiva queremos agradecer públicamente o seu traballo,  dedicación, compromiso e constancia.  Sen dúbida ningunha él foi un dos artífices  do bo  rendemento do equipo de fútbol   nestas dúas últimas temporadas e dende aquí  queremos agradecerlle públicamente a súa labor e ó mesmo tempo desexarlle que alcance todos os éxitos deportivos alá onde comence a súa nova etapa deportiva.
                A partir deste momento o clube buscará  un adestrador que comulgue coa filosofía das Escolas para  empezar a planificar xa a vindeira temporada 2011 – 2012. 
                En Lourenzá, a 30 de maio de 2011.
                A DIRECTIVA DAS E.D. LOURENZÁ.

28 de maio de 2011

Acariciamos a Copa Galicia: Cluny Santiago 57, Ensino Lourenzá 66.

As Junior xa acarician o título de campionas da Copa Galicia.
No encontro de ida da gran final galega e nun partido completísimo das rapazas de Juan Nécega, acaban de impoñerse a domicilio por 57 a 66.
Noraboa! Xa queda menos para alzarnos co ansiado e merecido trofeo.

26 de maio de 2011

Clausura Escolas: Programa Fin de Festa!!!

SÁBADO, 4 DE XUÑO DE 2011:

17,30 horas:
PAVILLÓN MUNICIPAL.
Exhibición partidos de Basket 3 c 3.
Categorías Benxamín e Alevín
17,30 horas:
CAMPO DE FÚTBOL STA. CRUZ.
Fútbol 7 Benxamín c / Pais dos alumnos Bx.
Fútbol 7 Alevín c/ Pais dos alumnos Av.
18,30 horas:
PAVILLÓN MUNICIPAL.
Exhibición partidos de Basket 3 c 3.
Categoría Infantil
18,30 horas:
CAMPO DE FÚTBOL STA. CRUZ.
Fútbol 7 Infantil-Cadete c / Pais dos alumnos
Fútbol 7 Xuvenil Vilanova c/ Resto do Mundo
19,00 horas:
PAVILLÓN MUNICIPAL.
Exhibición partidos de Basket 3 c 3.
Categoría Junior e Sénior
19,30 horas:
CAMPO DE FÚTBOL STA. CRUZ.
Fútbol 7 1ª Autonómica:
19,30: Vilanova – Parroquias Lourenzá (1)
20,00: Resto do Mundo – Perdedor (1)
20,30: Resto do Mundo – Gañador (1)

20,00 horas:
PAVILLÓN MUNICIPAL.
Exhibición de Patinaxe Artístico.
Categorías Bx, Alevín, Infantil e Cadete
21,00 horas:
Recollida de MATERIAL DEPORTIVO. FEIRA NOVA.
Entregar bolsa deportiva das Escolas co vestiario dentro da mesma e marcada co nome. Así os que seguides na categoría recolleredes a mesma bolsa ó comenzar a nova temporada.
21,30 horas:
FEIRA NOVA.
Comida de confraternidade para todos os participantes, delegados e directivos das Escolas Deportivas; así como os pais que disputen os encontros de fútbol – 7 contra os alumnos.
22,30 horas:
FEIRA NOVA.
CLAUSURA OFICIAL. Entrega de premios e regalos. Acto de clausura OFICIAL.
A partir das 23,00 horas:
FEIRA NOVA
Recollida dos alumnos de categorías menores de 18 anos por parte dos pais.

25 de maio de 2011

Xa temos data do Fin de Festa das Escolas!!!: Sábado, 4 de Xuño.

SÁBADO, 4 DE XUÑO DE 2011: Ésa é a data da clausura das Escolas Deportivas para esta XV Edición.
Será en horario de tarde, a partir das 17,30 horas. En breve informaremos do programa onde participaremos todos os alumnos, pais, directivos e monitores. Seguro que vos gusta!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe