10 de xuño de 2011

Comenza novo Ciclo en Lourenzá: José Manuel, novo adestrador das E.D. Lourenzá de 1ª Autonómica.

No día de onte foi presentado oficialmente o novo adestrador das E.D. Lourenzá para as vindeiras dúas campañas: O que fora exporteiro de Foz, Burela, Xove, Iberia e R. Villalbés; así como exadestrador de Xove Lago co que consiguíu o ascenso a Preferente, inicia agora unha nova etapa no equipo laurentino por un período de 2 anos. 
José Manuel decantouse por estar con nós sabedor da filosofía do clube; e espera ademáis un bloque competitivo pois continuarán a maioría dos xogadores que tiveron máis minutos a temporada pasada. 
O equipo militará por cuarta temporada consecutiva en 1ª autonómica tratando de estar de novo entre os mellores da categoría. 
Dende aquí querémoslle desexar que teña moita sorte nesta nova etapa que hoxe comenza e que todos nós agardamos con moita ilusión: Benvido.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe