8 de ago. de 2015

Ainhoa Vega e Laura Fdez. asumen o mando do novo equipo Junior, presentado co equipo de Autonómica!!!

As E.D. Lourenzá tratarán esta vindeira temporada de dar de alta un novo equipo en competición oficial que non tíñamos a temporada pasada, neste caso o equipo júnior. Para eso estarán ó fronte desa labor Laura Fdez. e Ainhoa Vega (xogadoras do equipo de autonómica) que asumen este reto con moitísima ilusión.
O equipo estará formado por varias xogadoras que pasan da idade cadete así como tres incorporacións procedentes do Celtas Foz: Rosalía Rguez, Antía Río e María Pérez.
No día de onte presentouse tamén o equipo de Autonómica nun acto no que estiveron presentes o Concelleiro de deportes Francisco Rivas Dasilva así como o presidente do clube Pablo Maseda.
No equipo de autonómica continúa a maioría do plantel da temporada pasada salvo as baixas de Milca Rubal, Paula Tarrón e Cristina Rubal. Espéranse tamén varias incorporacións, unha xa confirmada como é a xogadora Raquel Picoaga; formada nas categorías inferiores das E.D. Lourenzá.
A vindeira semana as xogadoras están citadas para o primeiro adestramento no Municipal de Lourenzá o vindeiro mércores día 12 de agosto ás 20:00 horas.


Ed Lourenzá e Mondoñedo CF seguen apostando pofo fútbol: David Cabaleiro"Garra" novo adestrador do equipo infantil e Michael Sante ó fronte do equipo cadete!!!

    Onte venres ás 19:00 horas presentaronse oficialmente os equipos de fútbol infantil e cadete no municipal de Sta. Cruz. No acto estiveron os presidentes das entidades que loitan conxuntamente formando os xogadores de Lourenzá e de Mondoñedo por quinto ano consecutivo; Pablo Maseda e Manuel Barreira. Ademáis estivo presente o Concelleiro de Deportes de Lourenzá Francisco Rivas Dasilva; así como numerosos pais e aficionados de ambos clubes.
    A principal novedade esta temporada será David Cabaleiro (licenciado e diplomado en educación física e xogador do primeiro equipo das E.D. Lourenzá), máis coñecido por Garrafín, que se fará cargo da coordinación e planificación dos entrenamentos de todos os equipos de fútbol das escolas, asumindo directamente a dirección do equipo de fútbol infantil.
    Ó fronte do equipo cadete estará Michael Sante(o ano pasado adestrador do equipo infantil), que asume a competición dos equipos de fútbol e fútbol sala cadete para esta vindeira temporada 2015/2016.
    As plantillas a día de hoxe non se dan por pechadas. Se algún de vós estades interesados en participar neste novo proxecto o vindeiro adestramento será o martes día 11 de agosto ás 11:00 horas en Sta. Cruz. Agardámosvos!!!


6 de ago. de 2015

Calendario Competición Augacons Lourenzá. Fútbol 1ª Autonómica. Acceder


Aberto PRAZO INSCRIPCIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ TEMPORADA 2015 2016!!!!

Dende o día de hoxe está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas para a temporada 2015 - 2016 e finalizará o mércores día 23 de setembro.
Os alumn@s das Escolas por 6 euros ó mes poden anotarse en todas as actividades que se ofertan, que un ano máis van dende o fútbol, fútbol sala, campo a través, atletismo, baloncesto, bádminton, tenis de mesa ata o patinaxe artístico.
As edades van dende a categoría pitufos (2011/2010) ata a xuvenil(98/97) pasando por prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.
Para anotarse debedes de entregar a ficha de inscripción nas dependencias municipais do Concello de Lourenzá dende as 9,00 ás 14,00 horas ou ben vía intranet simplemente cumprimentando unhos datos a través da páxina www.edlourenza.blogspot.com
Éste é o ano do XX Aniversario de funcionamento das Escolas, polo que ó longo da temporada programarase algunha actividade especial para celebrar este momento.
A disfrutar co Deporte!!!


Mañá Venres día 7: Presentación dos Equipos Federados Infantil e Cadete de Fútbol así como os Cadete, Junior e Sénior 2ª Autonómica de Basket!!!!

Mañá venres día 7 de Agosto faremos a presentación dos equipos federados das Escolas que inician antes a súa actividade deportiva.
Ás 19:00 horas en Sta. Cruz están citados os xogadores de fútbol infantil e cadete e sobre as 21:00 horas tocará o turno para os equipos federados de basket.
En ambas citas daranse a coñecer os adestradores para esta vindeira temporada así como a planificación a seguir cos distintos equipos.
Foto do equipo Infantil de fútbol a temporada pasada!!!

4 de ago. de 2015

Sta. Cruz reestrease en Primeira: Augacons Lourenzá - Monterroso. 6 de Setembro. Comenza a Liga de Primeira!!!

Acaba de realizarse en Lugo o sorteo do calendario de 1ª autonómica onde estivo presente o presidente da Federación Galega de Fútbol Rafael Louzán. Na mesma estivo representada o noso clube polo secretario técnico do primeiro equipo Óscar González.
O Atleti comenza a liga en Sta. Cruz diante do Monterroso e viaxa na segunda xornada a Lugo para medirse á Residencia.O final da liga será como local diante do Taboada.

Ed Lourenzá Ciclismo disfruta en boa compañía: A Farrapona!!! Acceder!!!


25 de xul. de 2015

MORANGRUPO LOURENZÁ. XA TEMOS NOME OFICIAL Ó EQUIPO DE BASKET DE NACIONAL!!!

A terceira temporada do primeiro equipo de basket das Escolas que milita en Categoría Nacional será co nome deportivo de MoranGrupo, empresa afincada en Mondoñedo e que engloba diferentes ramas do transporte; dende buses e microbuses, aluguer de vehículos, transporte sanitario.... que colabora dende fai varios anos  co deporte de A Mariña e agora o fará tamén co deporte do baloncesto feminino en particular.
Onte venres firmouse o convenio de colaboración entre o representante da empresa, D. Ángel Morán e o presidente das E.D. Lourenzá D. Pablo Maseda en presencia da rexidora laurentina Dª. Rocío López. O convenio será por esta temporada 2015 2016 e poderá ser prorrogable de temporada en temporada.
A partir de hoxe, o nome oficial do equipo de nacional será MoranGrupo Lourenzá, o que se poñerá en coñecemento  da Federación Cántabra de Baloncesto (organizadora esta temporada da competición) á maior brevedade posible.
Rocío López, Ángel Morán e Pablo Maseda na firma onte do convenio!!!

24 de xul. de 2015

Construcciones Augacons renova o patrocinio do Atleti!!!

No día de onte firmouse o convenio de renovación entre o presidente das Escolas D. Pablo Maseda e o representante de Construcciones Augacons D. Juan López. Éste será o segundo ano consecutivo como patrocinador en exclusiva do 1º equipo de fútbol e o sexto onde colabora directamente como patrocinador das Escolas Deportivas.
Construcciones Augacons levará por tanto o nome deportivo do equipo a todos os efectos. 
Dende a directiva queremos agradecer o esforzo desta empresa neste proxecto de continuidade que supón un gran beneficio para ambas entidades.
A partir de agora a directiva traballará en renovar os patrocinios dos diferentes equipos do resto de seccións deportivas, en especial agora mesmo céntrase na búsqueda dun patrocinador importante do equipo de basket de nacional.
Pablo Maseda e Juan López, onte na renovación do convenio!!!

O Augacons Lourenzá 2015 2016 xa suda en Anfield Cruz!!!

Sta. Cruz acolleu onte xoves día 23 a posta en escea do proxecto das Escolas Deportivas para a 1ª Autonómica despois do paso fugaz pola segunda. Estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Rocío López, o Concelleiro de Deportes Francisco Dasilva e o Presidente das Escolas Pablo Maseda; así como o resto de directivos do clube e público en xeral.
Logo da foto da plantilla e do corpo técnico tivo lugar a fotografía coa nova directiva que formará parte deste novo proxecto; que supón esta temporada o 20 aniversario do clube Escolas Deportivas Lourenzá. 
O equipo comenzou xa onte a sudar co seu primeiro adestramento e logo disfrutou coa nova directiva dunha cea de confraternidade.
PLANTILLA TEMPORADA 2015 - 2016
PARTE DA NOVA DIRECTIVA COA ALCALDESA ROCÍO LÓPEZ

22 de xul. de 2015

Sobresaínte Actuación do ciclismo en Betanzos!!! Isa Picoaga e Javier Peixe reinan no pódium!!!

Gran día de btt para o ED Lourenza Ciclismo no desafio ruta da auga de Betanzos xa que os nosos ciclistas traerían dous trofeos para A Mariña , nesta ocasión hasta Betanzos acercarianse seis corredores do equipo , tres para facer o maratón de competición Javier Peixe, Isabel Picoaga López, Javi Tarangu , e tres para a marcha cicloturista Jorge Doural Gomez , Jose José Ramón Reges , Miguel Rubal Oubiña .
O primeiro en chegar no maratón sería Javier Peixe que entraría no posto 7º da xeral e 1º master cuarenta conseguindo o primeiro trofeo do día , o seguinte en chegar foi Javi Tarangu posto 43 na xeral e 6º promoción , e por último Isabel Picoaga López que entraría no posto 56 da xeral e 1º feminas conseguindo o segundo trofeo.
Grandes!!!


O Augacons Lourenzá 2015 2016, A PUNTO!!! Presentación mañá Xoves, ás 20:30 horas!!! Municipal Sta. Cruz!!!

Sta. Cruz acolle mañá xoves día 23 a posta en escea do proxecto das Escolas Deportivas para a 1ª Autonómica despois do paso fugaz pola 2ª autonómica. Ás 20:30 horas está convocado o plantel do primeiro equipo así como o corpo técnico do mesmo. Asistirán a Alcaldesa de Lourenzá Rocío López, o Concelleiro de Deportes Francisco Dasilva e o Presidente das Escolas Pablo Maseda; así como o resto de directivos do clube e público en xeral.
En canto á plantilla, son baixa con respecto á temporada pasada Carro, Chicho, Fran, Omar e Martín. Continúan no mesmo os porteiros Bugui e Manu; así como os xogadores de campo Pichi, Lucas, Garrafín, Felipe, Diego López, Jorge, Alberto, Javi Chinchón, Dani Neira, Iván Recalde, Noé Recalde, Dani Rego, Roi, Manu, Moncho, Chinco e Carri; ademáis das incorporacións conocidas de Diego Rego, Isaac e Foro. A plantilla non se dá por pechada e aínda se espera algunha incorporación de última hora.
Ademáis mañá terá lugar a renovación do convenio co Patrocinador do 1º equipo Augacons, que levará o nome do equipo unha temporada máis.   

Iván Recalde conducindo nun partido da pasada temporada

10 de xul. de 2015

Habemus Presidente: Pablo Maseda é reelexido por segundo mandanto consecutivo cun equipo de 20 persoas na directiva!!!

Pablo Maseda Fdez. volverá a gobernar o equipo directivo das Escolas Deportivas Lourenzá durante 4 anos máis. Éste é a composición da nova directiva:
PABLO MASEDA FDEZ - PRESIDENTE
FRANCISCO RIVAS DASILVA - VICEPRESIDENTE
OSCAR GLEZ. DOCAMPO - SECRETARIO
JOSÉ GARCÍA SANTE - TESORERO
JOSEFA RGUEZ LORENZO - VOCAL
LINO GARCÍA VALEA - VOCAL
J. MANUEL GARCÍA FDEZ - VOCAL
JUAN LÓPEZ RGUEZ - VOCAL
JOSÉ RGUEZ. LOMBARDÍA - VOCAL
EDUARDO IGLESIAS VILLAR - VOCAL
MOISÉS LÓPEZ CHAO - VOCAL
NICOMEDES OTERO FDEZ - VOCAL
J. MANUEL FDEZ LOURIDO - VOCAL
ISMAEL VALLINES BLANCO - VOCAL
MARCOS CANDIA CUBA - VOCAL
PEDRO DÍAZ LÓPEZ - VOCAL
ROSA FDEZ. DOCAMPO - VOCAL
CARLOS DOCAMPO PÉREZ - VOCAL
PABLO JAVIER SORDO ROCHA - VOCAL
EDUARDO REIGOSA BRAÑA - VOCAL

Nesta primeira asamblea extraordinaria, a primera decisión foi a de asignar as funcións e as delegacións da xunta directiva. Destacar que o Presidente Pablo Maseda asumirá o tema de patrocinios do clube, Fco. Dasilva encargarase das infraestructuras, Lino García e Marcos Candia da labor social e Pablo Javier Sordo, Ismael Vallines e J. Manuel Fdez. levarán a publicidade do clube.
Establecéronse as cuotas sociais para a nova temporada que non sufren modificacións aínda que aparece a figura do socio familiar. Socio Normal: 40 euros, Socio Protector:75; Socio Familiar: 60.
Deuse de alta tamén a sección de Padel do clube.O obxectivo a corto plazo da directiva é aumentar a masa social nunha temporada 2015 2016 que supón o 20º Aniversario do Clube co 1º equipo de fútbol regresando á 1ª Autonómica e o 1ª equipo de Basket en Liga Nacional.

Asistentes á xuntanza antes de comenzar a asamblea!!!

8 de xul. de 2015

A sección de ciclismo no Gran Fondo Ézaro co gran Miguel Induráin!!! Ver máis fotos!!!



CARTA DE JUAN NÉCEGA RODRÍGUEZ A LOURENZÁ!!!

Gracias!!!
    Q fácil, verdade? Pois pode parecer que sí, pero non é tanto cando tes tanto que agradecer e tanta xente a quen decirllo porque miras atrás e pensas que a primeira vez que subín na furgoneta tiña 80000 kms e vai para 350000. Eso indica varias cousas; en primeiro lugar que hai que ir buscandolle unha substituta, despois que, son moitos viaxes, moitas ilusións ante cada novo proxecto e moitas caras as que compartimos todo eso para levar o nome de Lourenzá por cada liga.
    Moita xente que me acompañou e da que cada día aprendia algo. Xente que me intentaba correxir e axudar, que me facía estar en todo momento concentrado para non ter despistes,aínda que sempre os houbera, xente que padeceu o meu carácter e me invitaba a moderalo, en fin... moitas grandes persoas que se esforzaron cada semana para entrenar, cada fin de semana para xogar e conseguir cada día algo. 
    Por outra banda , por encima do plano deportivo, está o que supuxo chegar a Vilanova. Dende o principio me fixeron sentir na casa,  me apoiaron, me axudaron  e confiaron ano tras ano (hai que ser valientes!!!). O que máis me chamou a atención desde o principio foi a implicación de toda a directiva das escolas en cada evento e actividade que realizan. Están todos para todo, algo atípico nas demais directivas que coñecín. Todos invertindo o seu tempo libre en facer que todo funcione. E vaia si funciona, éxito tras éxito e sen parar de medrar fruto do bo traballo.
    É para min un orgullo moi grande pertencer a estas escolas. Ver como se pon o campo cada fin de semana para ver a esa "gran tropa" de rapaces que son a alma do pueblo co alcalde á cabeza, como en cada proba de atletismo ocupamos os primeros lugares , no "futbito" (síntoo a min gústame chamarlle así aínda), no ciclismo, no baloncesto, no patinaxe, en fin.... en todo porque temos de todo. E cuidado que o outro día oín a Rubén falando de bobsleigh(ou como se diga)e cando a éste se lle mete algo entre cexa e cexa......
    Recordo como foi o día que me propuxo que me fixera cargo do equipo femenino nunha cafeteria de Foz, unha contratación tipica de Rubén, "bueno tú vas para ali e vamos buscar unha de ali e outra do outro lado e coas que temos...,á champions". Calquera lle dice que non, un non que non está no seu vocabulario cando chegas e lle propós calquera cousa. Sempre intenta facilitar o traballo e levalo a cabo coma nadie. Un gran activo para as escolas, un gran xerente , un gran adestrador ,unha gran persoa e un gran amigo.
    Teño un novo reto por diante , unha oportunidade que non chegaría de non ser por estas escolas e estou moí ilusionado. Outro gran grupo de xente confía en min para unha empresa nada fácil, na que poñerei todo o que teña para que saia ben pero eu xa gañei xa que o baloncesto ó mellor co tempo pasa de largo pero gracias a él volverei a Vilanova cada vez que poida e estarei como estiven ata agora. Na miña casa.


7 de xul. de 2015

O primeiro equipo de Basket das Escolas volverá a ser de Nacional!!!

No día de hoxe as Escolas Deportivas fixeron efectivos diante da federación os avais bancarios así como as cuotas de afiliación para sair un ano máis en Categoría Nacional, xa que neste día remataba o prazo para a inscripción de equipos, e a partir de mañá saberemos os equipos que formarán parte da liga para a vindeira temporada 2015 2016 en 1ª División Nacional.
O equipo sufrirá unha importante remodelación sobre todo dende o posto de adestrador, posto que a partir de agora búscase a persoa que sustitúa a Juan Nécega como xefe de operacións.
En canto ó plantel, a composición do mesmo estará en función das xogadoras que conformen o equipo en Liga Feminina, aínda que é case seguro que as tres xogadoras que o ano pasado tiñan a vinculación sub-23 Rocío Varela, Tamara Montero e Sara Cuíña formen parte só do 1º equipo, así como Raquel Asensio. 
Espérase a continuidade de Andrea Meilán, Marly Varela, Marta García, Paloma Valín e Almudena Puente, polo que a prioridade agora céntrase na contratación de 3 ou 4 xogadoras que apuntalen o equipo para unha nova campaña, ademáis das junior que pasan a categoría sénior. 
Ademáis a idea do clube é a de crear un equipo junior das Ed Lourenzá Mondoñedo onde dúas ou tres xogadoras estén vinculadas directamente ós equipos de Autonómica e Nacional.
Por último, tamén se traballa nun novo spónsor para esta vindeira campaña que leve o nome do equipo por parte da xeografía nacional.

El Ensino da el mando del primer equipo a Juan Nécega. La Voz.

6 de xul. de 2015

Parabéns ó GRAN JUAN NÉCEGA RGUEZ!!! Dende mañá adestrará a un Equipo de Liga Feminina-2.

Dende o día de hoxe xa é oficial. Juan Nécega dirixirá ó equipo de Liga Feminina-2 do Ensino Lugo. Juan leva os últimos 8 anos capitaneando a estructura das escolas deportivas na súa sección de baloncesto e dirixindo ó primeiro equipo  primeiro en Liga Autonómica e os últimos 3 anos en Liga Nacional. Chegou o momento de pegar o salto e convertirse nun adestrador profesional dirixindo ó equipo de Liga Feminina-2 do Ensino. Juan seguirá vinculado ademáis co equipo noso de Nacional pois terá 3 xogadoras sub-23 vinculadas ó primeiro equipo.
Dende a Directiva queremos agradecer todo o traballo realizado por este inmenso adestrador que deixa unha gran pegada en Lourenzá pola súa forma de transmitir os valores do deporte. Desexarlle ademáis moitísima sorte nesta nova andaina na que estamos seguro que alcanzará todos os obxectivos que se propoña. Moita sorte, Campión!!!.
                                                                A DIRECTIVA DAS E.D. LOURENZÁ

Comunicado do Ensino Porta XI Lugo no día de hoxe:
"La junta directiva del PORTA XI ENSINO ha decidido confiar la dirección del equipo de LF2  a JUAN NÉCEGA, entrenador mariñano que cumple su sexta temporada en la estructura del club.Juan Nécega, ha dirigido, entre otros,  al equipo de Primera División Nacional (Durán Maquinaria Lourenza) que ha disputado la Fase de Ascenso a  Liga Femenina 2 las dos ultimas temporadas.Destacar la implicación y fidelidad al club que ha demostrado en todos estos años, lo que le hace merecedor de nuestra confianza de cara a la próxima temporada" PORTA XI ENSINO

Convocatoria Socios Escolas Deportivas: Xoves, 9 Xullo. Salón Actos Concello de Lourenzá!!!


1 de xul. de 2015

Isaac, Diego Rego e Suso Foro apuntalan ó Augacons Lourenzá de cara á Primeira Autonómica

Sta. Cruz acolleu onte martes ás 20 horas a presentación de 3 novos xogadores de cara á ilusionante nova temporada que comenza para o equipo de 1ª autonómica. Isaac Fdez (que a temporada pasada militou no Viveiro e no Valadouro pero formado nas categorías inferiores das Escolas Lourenzá e Lugo), Diego Rego (procedente do Iberia pero que militou en temporas anteriores na plantilla das Escolas) e Suso Foro (procedente do Valadouro) estiveron acompañados no día de onte de Pablo Maseda (presidente do clube), Juan López (patrocinador do equipo "Construcciones Augacons") e o secretario técnico do equipo Oscar González. 
No día de onte Roberto Ramallal asignou tamén a súa renovación como adestrador do equipo, e mostrouse moi satisfeito de reforzar o equipo sobre todo en posicións defensivas que era onde máis se necesitaba.
Isaac pode cumplir de medio centro defensivo, lateral ou incluso de central, mentres que Diego Rego e Suso apuntalan o centro da defensa do equipo.

Isaac, Diego Rego e Suso coa directiva e Roberto Ramallal onte en Anfield Cruz

Fotazas do equipo Infantil no Costa Nova. Acceder para ver todas!!!

Julián celebrando un gol con Anouar e Diego
Ángel controlando un balón diante dun oponente

12 + 1 títulos en Medal(Coaña) e Sante(Trabada) aumenta o caché do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo!!!

RESULTADOS MEDAL. SÁBADO DÍA 27.
INICIACIÓN:
            1.- HENAR MÉNDEZ 
BENXAMÍN FEMININO:
            1.- DIANA LASTRA
            2.- IRIA RODRÍGUEZ
 BENXAMÍN MASCULINO:
            1.- IAN MÉNDEZ
 ALEVÍN MASCULINO:
            1.- NICOLÁS ÁLVAREZ
            2.- HUGO VILLALBA
ALEVÍN FEMININO:
            2.- VALERIA ÁLVAREZ
 INFANTIL FEMININO:
            1.- AINARA RGUEZ.
            3.- CLAUDIA GRAÑA
 CADETE MASCULINO:
            1.- PABLO IRIMIA
            2.- LUÍS LÓPEZ
 XUVENIL FEMININO:
            1.- ROSALÍA RGUEZ.
 O Atletismo Lourenzá, contribuía a aumentar o botín cos seguintes resultados
VETERANAS A FEMININO:
            1.- LOLI PIÑEIRO
            2.- MARISA ARES
SÉNIOR MASCULINO:
            3.- MARCOS RODRÍGUEZ
RESULTADOS SANTE:
INICIACIÓN:
            3.- AMINA BOUYZAR 
 BENXAMÍN MASCULINO:
            1.- BRAIS DÍAZ
 ALEVÍN FEMININO:
            1.- HIBA BOUYZAR
            2.- CARME ALONSO
            3.- MARTA ALONSO
 INFANTIL FEMININO:
            1.- ANA VALLINES
            2.- ALBA ALONSO
INFANTIL MASCULINO:
            1.- ALEIX DÍAZ
 CADETE FEMININO:
            1.- ANDREA CANCIO

Parte do equipo desprazado a Medal (Coaña) - Asturias
Parte do equipo desprazado a Sante(Trabada)

25 de xuño de 2015

Hoxe Xoves, último día recollida de Tickets Clausura!!!

Hoxe remata o prazo para recoller as entradas para a cea baile que pon o fin de festa á temporada deportiva das Escolas!!!
  
LEMBRADE:
ENTRADAS LOURENZÁ: MORRIGAN, ANA SPORT.

ENTRADAS  MONDOÑEDO: O RINCÓN, LA ALIANZA, A FONTE VELLA
Foto premidados 2014 2015

24 de xuño de 2015

Choiva de trofeos na Popular Asturiana de Valdepares!!!

O domingo 21 a sección de atletismo das escolas disfrutaba dunha nova popular, neste caso a tradicional carreira do Corpus da localidade asturiana de Valdepares; onde deron trofeos ós 3 primeiros de cada categoría.
Os Atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo:Categoría Prebenxamín feminina:Henar Méndez - 1ª Clasificada. Categoría Benxamín feminina:Iria Rguez - 2ª Clasificada. Categoría Benxamín masculina:Ian Méndez - 3º Clasificado.Categoría Alevín Masculina:3º Clasificado: Hugo VillalbaCategoría Infantil Feminina:Ainara Rguez - 2ª Clasificada Claudia Graña - 3ª ClasificadaCategoría Cadete Masculina:Pablo Irimia - 3º Clasificado.Categoría Junior Feminina:Carmen López - 2ª Clasificada.
En canto ás E.D. Lourenzá Atletismo  estes son os resultados:Feminina:
Loli Piñeiro: Terceira da categoría (sexta da xeral).
Masculina:
Marisa Ares: Segunda da categoría (cuarta da xeral).
Martín Pardiñas: Segundo da sua categoría (séptimo da xeral).
Marcos Rguez: Quinto da categoría ( noveno da xeral).
Alex Villalba: Sexto da categoría ( décimo da xeral).
Parte do equipo desprazado a Valdepares cunha nova actuación de sobresaínte

A sección de ciclismo das Escolas representada nun Open de Cto. de España!!!

Gran día de btt este domingo en Bembibre no open de España , un recorrido esixente pero moi bonito , con zonas rodadoras subidas duras e baixadas moi técnicas , e que contaba con un nivel de participantes impresionante , empezando como non por Javi Busto , Brandán Marquez , Pedro Romero , Paco Mancebo , del Nero , Turjillo , etc . 
Do ED Lourenza Ciclismo nesta ocasión competiron Javi Tarangu e Javier Peixe , os dous remataron o maratón sin incidentes a non ser por un pinchazo de Javi Tarangu nos ultimos kilómetros da carreira .
Ó final dos 70 quilómetros Javier Peixe entraría no posto 58 da xeral e 9 máster 40 con un tempo de 03:36:46 , e Javi Tarangu entraría no posto 103 da xeral con un tempo de 04:14:13 .

Javi Tarangu en plena ascensión no Open de Bembibre


2 Triunfos e 5 pódiums completan unha gran actuación na X Carreira Guitiriz Termal!!!

O pasado sábado día 20 de xuño  varios representantes das Escolas estiveron na X Guitiriz Termal. Co título de Iria Rguez. na categoría benxamín e Ainara Rguez na categoría infantil os atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo volvían a estar unha semana máis no máis alto do pódium. Ademáis, Ian Méndez recollía un novo metal(bronce) na categoría benxamín masculino.
En canto ás E.D. Lourenzá Atletismo  lograban tamén unhos excelentes resultados:
Marcos Rguez. obtiña o posto 9 da xeral, quinto da súa categoría, ó recorrer 7,200 km nun tempo de 28,09 minutos.Loli Piñeiro, colouse segunda da categoria e terceira da xeral mentras Marisa Ares entrou en meta cuarta da xeral e terceira da súa categoría obtendo ámbalas dúas tres podiums para o clube.
Ainara Rguez. unha vez máis no alto do podium!!!


22 de xuño de 2015

Gran Cea Baile de Clausura o vindeiro sábado día 27!!! 22,00 horas!!! Pavillón Viñas da Veiga!!!

        Con motivo da celebración da Clausura das Escolas Deportivas, que se celebrarán durante o vindeiro sábado día 27 de xuño; aproveitamos para invitarte co propósito de poder contar coa túa presencia nos actos  programados para dito evento que terán lugar este ano en Mondoñedo

SÁBADO, DÍA 27 DE XUÑO:

22,00 horas:
PAVILLÓN DE MONDOÑEDO
Cea de confraternidade para todos os alumn@s das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo.
O resto do público que queira acudir terán entradas á súa disposición á venta ata o Mércores 24 de xuño. Ticket Adulto (10 euros), Ticket Infantil (5 euros).
ENTRADAS VENTA LOURENZÁ: MORRIGAN, ANA SPORT.

ENTRADAS VENTA MONDOÑEDO: O RINCÓN, LA ALIANZA, A FONTE VELLA

23,00 horas:
PAVILLÓN DE MONDOÑEDO
CLAUSURA OFICIAL. Entrega de premios e regalos. Acto de clausura OFICIAL.
A partir das 23,30 horas:
Actuación de Discomóvil.

Premiados temporada 2014/2015

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe