6 de ago. de 2015

Aberto PRAZO INSCRIPCIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ TEMPORADA 2015 2016!!!!

Dende o día de hoxe está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas para a temporada 2015 - 2016 e finalizará o mércores día 23 de setembro.
Os alumn@s das Escolas por 6 euros ó mes poden anotarse en todas as actividades que se ofertan, que un ano máis van dende o fútbol, fútbol sala, campo a través, atletismo, baloncesto, bádminton, tenis de mesa ata o patinaxe artístico.
As edades van dende a categoría pitufos (2011/2010) ata a xuvenil(98/97) pasando por prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.
Para anotarse debedes de entregar a ficha de inscripción nas dependencias municipais do Concello de Lourenzá dende as 9,00 ás 14,00 horas ou ben vía intranet simplemente cumprimentando unhos datos a través da páxina www.edlourenza.blogspot.com
Éste é o ano do XX Aniversario de funcionamento das Escolas, polo que ó longo da temporada programarase algunha actividade especial para celebrar este momento.
A disfrutar co Deporte!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe