7 de xul. de 2015

O primeiro equipo de Basket das Escolas volverá a ser de Nacional!!!

No día de hoxe as Escolas Deportivas fixeron efectivos diante da federación os avais bancarios así como as cuotas de afiliación para sair un ano máis en Categoría Nacional, xa que neste día remataba o prazo para a inscripción de equipos, e a partir de mañá saberemos os equipos que formarán parte da liga para a vindeira temporada 2015 2016 en 1ª División Nacional.
O equipo sufrirá unha importante remodelación sobre todo dende o posto de adestrador, posto que a partir de agora búscase a persoa que sustitúa a Juan Nécega como xefe de operacións.
En canto ó plantel, a composición do mesmo estará en función das xogadoras que conformen o equipo en Liga Feminina, aínda que é case seguro que as tres xogadoras que o ano pasado tiñan a vinculación sub-23 Rocío Varela, Tamara Montero e Sara Cuíña formen parte só do 1º equipo, así como Raquel Asensio. 
Espérase a continuidade de Andrea Meilán, Marly Varela, Marta García, Paloma Valín e Almudena Puente, polo que a prioridade agora céntrase na contratación de 3 ou 4 xogadoras que apuntalen o equipo para unha nova campaña, ademáis das junior que pasan a categoría sénior. 
Ademáis a idea do clube é a de crear un equipo junior das Ed Lourenzá Mondoñedo onde dúas ou tres xogadoras estén vinculadas directamente ós equipos de Autonómica e Nacional.
Por último, tamén se traballa nun novo spónsor para esta vindeira campaña que leve o nome do equipo por parte da xeografía nacional.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe