10 de xuño de 2020

Xogando coas palabras de Armstrong dende o Apollo 11: " Un pequeno paso para o noso deporte, un gran salto para a normalidade". Estamos de regreso, pouco a pouco e con responsabilidade!!!

20 horas dun 10 de xuño de 2020... Estamos de regreso. Dentro dun clima de emoción e reencontros reanudaron as balas os entrenos con normalidade!!!
Tendo en conta un estricto protocolo e seguindo en todo momento as instruccións do Ministerio de Sanidade, reiniciamos no día de onte os entrenos da sección de atletismo, nun grupo reducido de 20 atletas. 
Estiveron para darnos os primeiros ánimos con nós a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López, a nosa Concelleira de Deportes Dª. Sonia Gavino e  noso Vicepresidente do clube D. Miguel Gavín.
Agora esperemos que pouco a pouco tanto o resto de atletas do clube como o resto de seccións deportivas podan reincoporarse ós entrenos tendo en conta as ordes do ministerio e o plan competicional que nos agarda
Vamos!!! Seguimos!!!
#edlourenzá #lourenzásomosdeporte #lourenzáédeprimeira #concellolourenzá  #maderasbarcialourenzá  #asbalasnonparan 



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe