10 de xuño de 2020

Roberto Ramallal regresa á Sta. Cruz. Elexido para a consolidación en Primeira. Moita Sorte!!!

O pasado sábado comprometíase Roberto co noso presidente para firmar como adestrador do 1º equipo das nosas Escolas. Logo de 4 anos regresa a unha casa que coñece ben coa misión de consolidar ó equipo entre os mellores da categoría apostando pola filosofía do clube, dar continuidade ó traballo de canteira e a proxección dos nosos xóvenes valores.
O adestrador coñece perfectamente a categoría pois ben de dirixir na mesma categoría esta tempada pasada ó Riotorto e é un experto dentro do fútbol provincial.
Agora a prioridade do míster e da secretaría técnica dirixida polo noso secretario Óscar Glez. céntrase na renovación da maioría do plantel desta pasada tempada, as cales están bastante avanzadas coa maioría dos xogadores e das que vos informaremos en breve.
Desexámoslle ó novo míster dende a directiva que teña moitísima sorte nesta nova andaina que aquí comeza!!!
Vamos, Atleti!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe