5 de mar. de 2019

Anxo Edrosa, Samu Debasa e o noso míster Rubén G. Piñeiroa representáronnos con éxito no II Duatlon Cidade de Narón (Modalidade Open)

O pasado domingo tamén estivemos presentes en Narón, na proba Open do Duatlon Cidade de Narón, previo ó clasificatorio para o Cto. de España.
Os nosos deportistas remataron a proba pasando o corte con suficiencia cos seguintes resultados:
Rubén rematou en posición 30, logo de empregar 11.21(3,750) no sector a pé, 24:22 en bici (15 kms) e 4,05 nos últimos 2 kilómetros a pé.
Anxo Edrosa a pesar de ser cadete entraba nunha sensacional 38ª posición invertindo 12,27 correndo, 25:44 en bici e 4:22 no último sector a pé.
E o tamén cadete Samuel Debasa logrou rematar como pudo o sector en bici logo dun pinchazo, polo que fixo a posición 54 da xeral: 13,13 correndo, 29,08 en bici e 4,52 no último sector a pé.
Noraboa ós 3 polo magnífico traballo!!!
O vindeiro domingo 10 de marzo partirán rumbo a Oviedo, nunha nova proba desta modalidade!!!
Somos Lourenzá, Somos Deporte!!!
Anxo Edrosa, polas rúas de Narón (Ferrol)

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe