20 de xuño de 2018

Os xogadores do Atleti sorprenden no Trail Fragas do Eume!!! Ademáis, triunfos nas categorías menores de Iria Otero e Manu Rguez.

Este pasado domingo tamén tivemos representación no prestixioso e vistoso Trail das Fragas do Eume.
Os Xogadores do Augacons Lourenzá Noé, Recalde, Garrafín, Montxo e Roi deixaron por un momento as botas de fútbol para probar fortuna na modalidade de trail corto.
Todos finalizaron con grandes resultados a proba, destacando a posición 21 de Roi e o posto 26 de Montxo.
Ademáis no Trail de Menores vencían Manu Rguez. en categoría masculina e Iria Otero no apartado feminino.
Noraboa a tod@s!!! Seguimos!!!



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe